Caso Martin Guerre

caso xudicial de roubo de identidade

Martin Guerre, un campesiño francés do século XVI, foi o protagonista dun famoso caso de usurpación de identidade. Varios anos despois de que Martin Guerre deixara a súa muller, ao seu fillo, e a súa aldea, un home que afirmaba ser el reapareceu. Viviu coa muller de Guerre e o seu fillo durante tres anos.

Infotaula de personaCaso Martin Guerre

Editar o valor em Wikidata
Páxina principal de Arrest Memorable, un relato dos feitos escrito polo xuíz do caso Jean de Coras en 1560 e publicado en 1565

O falso Martin Guerre foi finalmente acusado de ser un impostor. Foi xulgado e descubriuse que o seu nome real era Arnaud du Tilh, e foi executado. O Martin Guerre real regresou durante o xuízo. O caso continúa sendo estudado e dramatizado hoxe en día.

Relato dos feitos editar

Vida antes de deixar a súa muller editar

Martin Daguerre naceu ao redor de 1524 na cidade vasca de Hendaia. En 1527, a súa familia trasladouse á aldea de Artigat nos Pireneos do suroeste de Francia. Mudaron o seu apelido a Guerre. Cando tiña uns catorce anos, Martin casou con Bertrande de Rols, a filla dunha familia acomodada. O matrimonio non tivo fillos até os 8 anos de matrimonio, cando naceu un neno.[1]

Acusado por seu pai de roubar gran, Martin desapareceu de súpeto en 1548. O dereito canónico da Igrexa Católica non permitía que a súa muller abandonada se volvese a casar (os hugonotes protestantes que estaban gañando forza en Francia serían os que máis tarde permitirían esta práctica.)

Aparece o "novo Martin" editar

No verán de 1556, un home chegou a Artigat afirmando ser o Martin Guerre desaparecido anos atrás.[2] Polas súas semellanzas físicas e o coñecemento detallado que tiña da vida de Guerre, convenceu á maioría de veciños. O tío de Martin Guerre e catro irmás, así como a súa muller Bertrande, creron que o home era realmente Guerre, aínda que con algunhas dúbidas.

O "novo" Martin Guerre viviu tres anos con Bertrande e o seu fillo; tiveron dous nenos xuntos, dos que sobreviviu unha nena. "Martin" reclamou a herdanza do pai de Guerre, que morrera. Demandou ao tío paterno de Martin Guerre, Pierre Guerre, pedindo parte da herdanza.

Pierre Guerre, quen casara coa nai viúva de Bertrande durante a longa ausencia de Martin Guerre comezou a sospeitar. El e a súa muller tentaron convencer a Bertrande de que o novo Martin era un impostor. Un soldado que pasou por Artigat afirmou que o home era unha fraude: dicía que o verdadeiro Martin perdera unha perna na guerra. Pierre e os seus xenros atacaron ao novo Martin con paus, mais Bertrande interveu.

En 1559, os veciños acusaron ao novo Martin de provocar incendios e de usurpar a identidade de Martin Guerre. Con Bertrande da súa parte, foi absolto en 1560.

Xuízo en Rieux editar

Mentres tanto, Pierre Guerre estivera facendo algunhas pescudas e cría ter descuberto a verdadeira identidade do impostor: Arnaud du Tilh, coñecido como "Pansette", un home con mala reputación e veciño de Tilh, na rexión de Sajas. de e creu destapaba a identidade do impostor: Arnaud du Tilh, nicknamed "Pansette", un home cunha reputación pobre desde a aldea próxima de Tilh, na rexión de Sajas. Pierre iniciou un novo proceso contra o home por afirmar falsamente que actuaba en nome de Bertrande  para actuar en Bertrande nome (só a muller prexudicada podía sacar adiante o caso). El e a súa muller, a nai de Bertrande, fixeron presión a Bertrande para que apoiase os cargos. Finalmente aceptou.

En 1560, o caso foi xulgado en Rieux. Bertrande testemuñou que ao principio crera honestamente que ese home era o seu marido, pero que despois se decatou de que era unha fraude. Ambos os dous, Bertrande e o acusado, relataron independentemente unha historia idéntica sobre a súa vida íntima de antes de 1548.

Entón o home que afirmaba ser Martin retouna: se ela xuraba que el non era o seu marido, aceptaría ser executado. Bertrande ficou en silencio. Despois de escoitar a máis de 150 testemuñas, moitas delas afirmando recoñecer a Martin Guerre (incluíndo as súas catro irmás), moitos outros apuntando a Arnaud du Tilh como a súa verdadeira identidade , e outros rexeitando tomar parte, o acusado foi condenado e sentenciado a morte por decapitación.

Apelación en Tolosa; Martin Guerre reaparece editar

O condenado inmediatamente apelou ao Parlamento de Tolosa. Os oficiais arrestaron a Bertrande e Pierre por cargos de posible acusación falsa e, no caso de Pierre, por perxuro. O novo Martin argumentou elocuentemente o seu caso e os xuíces en Tolosa tenderon a crer a súa versión da historia: que Bertrande foi presionada a cometer perxuro polo cobizoso Pierre Guerre. O acusado foi preguntado detalladamente sobre o seu pasado, as súas afirmacións foron comprobadas e ningunha contradición foi atopada.

Entón, dramaticamente, un home apareceu en Tolosa durante o xuízo, cunha perna de madeira, afirmando ser o verdadeiro Martin Guerre. Cando foi preguntado sobre o pasado do matrimonio, o home non lembraba algúns detalles e non foi capaz de contestar as preguntas tan ben como o impostor; con todo, cando os dous homes foron presentados diante da familia Guerre, o caso quedou pechado: Pierre, Bertrande, e as catro irmás de Martin estiveron de acordo en que que o home que acababa de chegar era o verdadeiro Martin Guerre.

O impostor Arnaud du Tilh, quen mantivo a súa inocencia, foi condenado e sentenciado a morte por adulterio e fraude; o anuncio da sentenza o 12 de setembro de 1560, foi presenciado por un xove  Michel de Montaigne. Despois, o condenado confesou: coñeceu os detalles sobre a vida de Guerre despois de que dous homes o confundiran con el; entón decidiu ocupar o sitio de Guerre, con dous conspiradores axudándolle cos detalles. Desculpouse con todos os implicados, incluída Bertrande, por tela enganado. Foi colgado diante da casa de Martin Guerre en Artigat catro días máis tarde.

A historia de Martin editar

Durante a súa longa ausencia de Artigat, o Martin Guerre real trasladouse a España, onde serviu na milicia dun cardeal, e despois no exército de Pedro de Mendoza. Como parte do exército español, foi enviado a Flandres e participou na batalla de San Quintín o 10 de agosto de 1557. Alí foi ferido, e a súa perna tivo que ser amputada. Guerre viviu varios anos nun mosteiro antes de regresar coa súa muller e familia. A razón de que voltase no momento do xuízo non se coñece. Inicialmente, rexeitou as desculpas da súa muller, por considerar que o debía coñecer mellor e non confundilo con outro.

Fontes contemporáneas e interpretacións editar

Existen dúas fontes contemporáneas do caso: Histoire Admirábel de Guillaume Le Sueur e o máis coñecido Arrest Memorable de Jean de Coras, un dos xuíces do caso en Tolosa.

En 1983, a profesora de historia da Universidade de Princeton, Natalie Zemon Davis, publicou unha exploración detallada do caso no seu libro The Return of Martin Guerre. Argumentou que Bertrande aceptou a fraude (en segredo ou explicitamente) porque necesitaba un marido naquela sociedade, e porque foi tratada ben por Arnaud. Davis anotou como evidencias para esta teoría, a improbabilidade de que unha muller confunda a un descoñecido como o seu marido, o apio de Bertrande a Arnaud até o xuízo (e incluso parcialmente durante o xuízo), e a súa historia común sobre a súa intimidade, probabelmente preparada con antelación.

O historiador Robert Finlay criticou as conclusións de Davis, argumentando que Bertrande foi enganada (como a maioría dos seus contemporáneos, incluídos os xuíces) despois da longa ausencia do seu marido. Afirmou que Davis tentaba trasladar o punto de vista dunha sociedade moderna coa muller independente tomando as súas propias decisións, a aquela sociedade antiga. Sinala a improbabilidade de que Bertrande acusase ao seu propio cómplice de fraude, cando correría o risco de ter que defenderse contra cargos de adulterio ou acusación falsa.[3]

Davis respondeu aos argumentos de Finlay no seu artigo "On the Lame" en The American Historical Review en xuño de 1988.[4]

Literatura e cultura popular editar

A infrecuente historia continuou a fascinar e inspirar a moitos escritores:

Notas editar

  1. Davis, Natalie Zemon (1983). The Return of Martin Guerre (en inglés). Harvard University Press. ISBN 0-674-76691-1. 
  2. Oliver Edward Morphet, The Return of Martin Guerre (Cambridge: Harvard University Press, 1983)
  3. "The Refashioning of Martin Guerre". www.mr.crossref.org (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  4. "On the Lame". www.mr.crossref.org (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  5. "The Summer Serial: The True Story of Martin Guerre". www.genome.ch.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  6. "Wiedersehen mit einem Fremden". www.tvspielfilm.de (en alemán). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  7. Keeler, Ken. (2006). Comentarios de "The Principal and the Pauper", en The Simpsons: The Complete Ninth Season [DVD]. 20th Century Fox, 4:24–4:51.
  8. "Beatriz’s War Review". www.sbs.com.au (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018.