Un casino é unha instalación que alberga e ten capacidade para certas actividades de distintos tipos de xogos de azar. Os casinos son comunmente construídos preto ou en combinación con hoteis, restaurantes, tendas comerciais, cruceiros turísticos e outras atraccións.

Obxectivo editar

 
Imaxe típica dun casino.

Un casino de xogo é un establecemento no cal a atracción principal son os xogos de azar. Os xogos máis populares son a ruleta, o Blackjack, o póquer e as máquinas comecartos. A lóxica de todos estes xogos consiste, no seu nivel máis básico, no seguinte mecanismo:

  1. O xogador poxa unha suma de cartos A a un xogo de azar determinado, no cal se ten que cumprir a condición C para que o poxador gañe unha suma de cartos de ganancia (G), sendo G maior que A.
  2. Se se cumpre a condición C, entón o xogador recibe G.
  3. Se non se cumpre a condición C, entón o xogador non recibe nada.

Casinos galegos editar