Casiano Pérez Batallón

avogado e político galego

Casiano Pérez-Batallón Losada, nado en Sarria o 12 de agosto de 1839 e finado na mesma vila o 1 de xullo de 1903,[1] foi un avogado e político galego.

Casiano Pérez Batallón
Nacemento12 de agosto de 1839
Lugar de nacementoSarria
Falecemento1 de xullo de 1903
Lugar de falecementoSarria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo único de Manuel Antonio Pérez Batallón e Claudina Losada González. Herdou o patrimonio territorial conseguido polo seu pai nos procesos desamortizadores das décadas de 1830 e 1840. Estudou no Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos e na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira de Dereito na Universidade Central (1864). Exerceu a avogacía e foi nomeado oficial da administración civil (1866). Foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1867. Durante o Sexenio Democrático retornou a Sarria onde exerceu a avogacía. En 1871 constituíu con outros correlixionarios a Comisión Provincial do Partido Conservador que presidiu o conde Pallarés. Na Restauración militou no Partido Conservador, foi deputado provincial e volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879 e 1884. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1886 e en 1891.

Vida persoal editar

Casou na década de 1860 con Ángela López Fernández Batallón, e logo de enviuvar, volveu casar con Josefa López Méndez. Foi pai de Manuel, Jesús, Dolores, Antonio e José Pérez-Batallón López.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 3-7-1903, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar