Casco Antiguo de Pamplona

O Casco Antiguo/Alde Zaharra, nome oficial da zona vella de Pamplona, Casco Antiguo ou Casco Viejo en castelán, Alde Zaharra en éuscaro, é o barrio histórico da cidade de Pamplona, capital da Comunidade Foral de Navarra. Está situado no corazón da cidade na porción máis alta da meseta e nel áchanse os principais momumentos da cidade. En 2008 tiña unha poboación de 11.792 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaCasco Antiguo de Pamplona
Imaxe

Localización
Mapa
 42°49′05″N 1°38′38″O / 42.818058, -1.643892Coordenadas: 42°49′05″N 1°38′38″O / 42.818058, -1.643892
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
MeiriñadoMeiriñado de Pamplona
ComarcaCuenca de Pamplona (pt) Traducir
MunicipioPamplona Editar o valor em Wikidata
Ben de interese cultural
Data6 de abril de 1968
IdentificadorRI-53-0000094
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Identificador181

Situación editar

O Casco Antiguo/Alde Zaharra de Pamplona encóntrase no centro da cidade e sobre unha meseta sobre a que se asenta gran parte da cidade, dominando a Cuenca de Pamplona. Está ben comunicado cos barrios de novo desenvolvemento, xa que a maioría das Villavesas (liñas de autobús) que atravesan a cidade teñen paradas no límite da zona vella, fundamentalmente no Paseo de Sarasate. Actualmente está en estudo un achegamento dalgunhas liñas a outros puntos do Casco Antiguo/Alde Zaharra, a petición dos comerciantes.

É unha zona peonil, e por iso tan só circulan polo seu interior vehículos destinados a limpeza, transporte, coches privados cuxo aparcadoiro estea no interior do barrio e vehículos de mantemento. Para todos os demais vehículos está prohibida a entrada para manter o carácter peonil da zona.

Historia editar

A antiga cidade desenvolveuse dende época romana no espazo que hoxe coñecemos como La Navarrería, baixo unha pequena elevación, protexida ao norte e ao nordés polo ámbito do río Arga. Esta localización estratéxica foi crecendo e na Alta Idade Media formáronse xunto a ela dous novos núcleos de poboación, un composto fundamentalmente por inmigrantes de Occitania e o sur de Francia e o outro con xentes de diversas procedencias.

Estes tres núcleos, a Cidade de La Navarrería, o Burgo de San Cernin e a Poboación de San Nicolás, son os que tras séculos de enfrontamentos foron unificados durante o reinado de Carlos III o Nobre, en 1423, polo chamado Privilexio da Unión, nunha soa cidade cunha única administración municipal. É esta zona a que hoxe constitúe o Casco Antiguo/Alde Zaharra de Pamplona, no que aínda poden percibirse as vellas divisións dos Burgos mencionados.

Lugares de interese editar

 
Catedral de Santa María.

Notas editar

  1. "Poboación e estatística de Pamplona por Barrios — 22/09/2008". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 15/07/2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Varios autores (2006). Guía de Arquitectura de Pamplona y su Comarca. Pamplona: Ona Industri Gráfica. ISBN 84-611-3284-X.