Casa do Concello de Ponferrada

A Casa do Concello de Ponferrada é un edificio civil situado na praza do Concello de dita vila, e é a sede do Concello de Ponferrada, onde se achan os órganos de xestión e goberno da cidade.

Casa do Concello de Ponferrada
Fachada do Concello de Ponferrada (século XVII)
Edificio
Coordenadas42°32′44″N 6°35′26″O / 42.54552778, -6.59063889Coordenadas: 42°32′44″N 6°35′26″O / 42.54552778, -6.59063889
Uso(s)Casa do concello
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O edificio actual construíuse, case na súa totalidade, entre 1692 e 1705, segundo proxecto de Pedro de Arén. Na súa construción traballaron os mestres de cantería Domingo do Campo, Juan Vierna, Diego López, Santiago Gamallo, Lucas González de Pinas, Domingo García e Juan Centeno.

Presenta unha estrutura central flanqueada por dúas torres, que rematan nunha esvelta agulla ao estilo Austria. A planta baixa posúe vans percorridos por un lintel e cinguen a porta senllas columnas sobre plintos. A planta primeira mantén a correspondencia de liñas decorativas da planta inferior, destacando a balconada corrida, sobre ménsulas, con varanda de ferro. As liñas dos corpos inferiores transmítense, a través dos piares, cara ás dúas torres onde locen as armas da cidade e posúen tamén senllos balcóns, sobre ménsulas, pechados con varanda. Coroa a estrutura central, entre as dúas torres, un solemne frontispicio onde se gravou o brasón cos símbolos imperiais.