Casa de Wittelsbach

A casa de Wittelsbach é unha casa Real europea e unha dinastía alemá orixinaria de Baviera, unha das máis antigas e poderosas do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Casa de Wittelsbach
caption
PaísBaviera
Títulos
FundadorOtón I de Scheyernde-Wittelsbach, duque Scheyernde e, despois, duque de Baviera
Último gobernanteLois III de Baviera
Xefe actualFrancisco de Baviera, duque de Baviera
Fundación1180
Disolución1918
Escudo de armas dos "Wittelsbach".

Membros da familia reinaron como duques, electores e reis de Baviera (1180-1918), condes Palatinos do Rin (1214–1803 e 1816-1918), Margraves de Brandeburgo (1323–1373), condes de Holanda, Hainaut e Zelandia (1345–1432), electores-arcebispos de Colonia (1583–1761), duques de Jülich e Berg (1614–1794/1806), reis de Suecia (1441–1448 e 1654-1720) e duques de Bremen-Verden (1654-1719).

A familia deu dous emperadores do Sacro Imperio (1328-1347 e 1742-1745), un Rei de romanos (1400-1410), dous antireis de Bohemia (1619-1620 e 1742-1743), un rei de Hungría (1305–1309), un rei de Dinamarca e Noruega (1440–1447) e un rey de Grecia. (1832-1862).

A cabeza da familia, desde 1996, é Francisco de Baviera, duque de Baviera.

Orixes editar

Bertoldo, margrave en Baviera (falecido en 980), foi un devanceiro de Otón I, conde de Scheyern (morto en 1072), cuxo terceiro fillo Otón II, conde de Dachau, adquiriu o castelo de Wittelsbach (Burg Wittelsbach preto de Aichach). No ano 1119 a dinastía trasladouse a dito castelo, adoptando o seu nome.

O conde Otón II foi un antepasado do conde palatino de Baviera, Otón IV (falecido en 1156), cuxo fillo Otón I de Wittelsbach foi investido co Ducado de Baviera en 1180, á caída do anterior duque da casa güelfa, Henrique o León. Lois I de Wittelsbach, duque de Baviera, fillo do primeiro duque da casa Wittelsbach (de aí o ordinal, Lois I), adquiriu o Palatinado en 1214.

Reinado en Alemaña editar

A familia Wittelsbach foi unha dinastía gobernante alemá dos territorios de Baviera desde 1180 até 1918 e do Palatinado do Rin desde 1214 até 1805; en 1815 este territorio foi parcialmente incorporado a Baviera, que foi elevada á categoría de Reino por Napoleón en 1806.

A familia deu dous emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico: Lois IV (1314-1347) e Carlos VII (1742-1745), ambos os dous membros da rama menor (bávara) da familia, e un Rei de romanos (formalmenteRei de Alemaña), Roberto do Palatinado (1400-1410), un membro da rama principal (palatina).

A casa de Wittelsbach dividiuse nesas dúas ramas en 1329 en que, polo tratado de Pavia, o emperador Lois IV deu o Palatinado aos descendentes do seu irmán o duque Rodolfo I de Baviera, Rodolfo II, Ruperto I e Ruperto II. Rodolfo I converteuse desta maneira no antepasado da liña Palatina máis antiga da dinastía Wittelsbach, que retomou o poder en Baviera en 1777 despois da extinción da liña bávara máis nova, os descendentes de Lois IV.

Rama bávara editar

A rama bávara mantivo o Ducado de Baviera desde 1317 até a súa extinción en 1777. En 1623 os duques foron investidos coa dignidade electoral no Sacro Imperio, en detrimento da rama palatina que foi sometida á prohibición imperial pola súa intervención na orixe da guerra dos Trinta Anos.

Durante medio século, desde 1323 até 1373, a liña máis nova da dinastía tamén gobernou Brandeburgo, no nordeste de Alemaña. E, no sur, mantivo o Tirol entre 1342 e 1363. Entre 1345 e 1432 gobernaron así mesmo en Holanda, Hainaut e Zelandia (nos Países Baixos), mo noroeste do Sacro Imperio Romano Xermánico. Desde 1583 até 1761, a rama bávara da dinastía deu príncipes electores-arcebispos de Colonia, e moitos outros bispos católicos do Sacro Imperio.

o elector Maximiliano II Manuel de Baviera serviu como Gobernador dos Países Baixos españois (1692-1706) e como duque de Luxemburgo (1712-1714).

Rama palatina editar

A rama palatina conservou o Palatinado desde 1317/1329 até 1918, e gobernou tamén Baviera en 1777. Coa Bula de Ouro de 1356, os condes Palatinos foron investidos coa dignidade Príncipe elector do Sacro Imperio.

En 1619, o protestante Frederico V da rama principal dos Wittelsbach foi elixido rei de Bohemia pola nobreza bohemia alzada contra o emperador Fernando II de Habsburgo, pero foi derrotado polo católico elector Maximiliano I de Baviera, o xefe da rama menor bávara. A resultas diso, ademais de perder momentaneamente a dignidade electoral (foi recuperada en 1648 coa derrota da casa de Habsburgo, na paz de Westfalia), a rama palatina dos Wittelsbach perdeu o Alto Palatinado a favor da rama bávara. A liña palatina obtivo así mesmo os Ducados de Jülich e de Berg.

Reinado fóra de Alemaña editar

Co duque Otón III, que foi elixido rei de Hungría, onde reinou co nome de Bela V (1305-1308), a dinastía Wittelsbach chegaou ao poder por primeira vez fóra do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Rama palatina editar

Cristóbal III, da rama principal palatina, foi rei de Dinamarca, Suecia e Noruega 1440/1442-1448. A casa Palatina-Zweibrücken contribuíu á mornarquía sueca outra vez en 1654-1720 baixo Carlos X Gustavo, Carlos XI, Carlos XII e Ulrica Leonor.

Finalmente, o príncipe bávaro Otto foi rei de Grecia (1832-1862).

A liña dos Xacobitas, pretendentes ao trono escocés está actualmente dentro da casa de Wittelsbach. Francisco, príncipe herdeiro de Baviera é recoñecido polos xacobitas como Francisco II, rei de Escocia, Inglaterra e Irlanda (pretendente ao trono).

Rama bávara editar

Xosé Fernando de Baviera, Príncipe de Asturias era o herdeiro favorito de Inglaterra e dos Países Baixos para suceder a Carlos II de España, último soberano español da casa de Austria, como gobernante de España. O propio rei de España fixo testamento a favor do xove príncipe para que fose o seu sucesor. Pero, debido á inesperada morte de Xosé Fernando en 1699, os Wittelsbach non puideron alcanzar a coroa de España por vía directa: Filipe V de Borbón era Wittelsbach por parte de nai.

Outros membros sobresaíntes da familia editar

Rama bávara editar

Rama palatina editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Adalbert Prinz von Bayern (1980): Die Wittelsbacher. Geschichte unserer Familie. 2. Auflage. München: Prestel. ISBN 3-7913-0476-3.
  • Cannuyer, Christian (1989): Les Maisons Royales et Souveraines D'Europe: La Grande Famille Couronnee qui Fit Notre Vieux Continent. Turnhout, Belgium: Brepols. ISBN 978-2-5035-0017-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar