Casa de Fernando Carreras

construción civil en Vigo

A Casa de Fernando Carreras é un inmoble de estilo ecléctico localizado na cidade de Vigo. A casa foi unha das primeiras grandes residencias da cidade olívica.[1] Na súa época tivo tanta sona que moitos vigueses percorrían longas distancias para ver a casa.[2]

Casa de Fernando Carreras
Edificio
EstiloEcléctico
LocalizaciónRúa do Areal Vigo con rúa cidade do Porto (Galiza)
Coordenadas42°14′20″N 8°42′59″O / 42.238957, -8.716377Coordenadas: 42°14′20″N 8°42′59″O / 42.238957, -8.716377
Construción
Inicio1863
Remate1865
Dimensións
Pisos2 + baixo
Equipo
Arquitecto(s)Manuel de Uceda
PromotorFernando Carreras
editar datos en Wikidata ]

O edificio atópase na esquina entre a rúa da cidade do Porto coa rúa Areal, e é o único edificio que mantén unha aliñación distinta na rúa Areal, como consecuencia de cambios no proxecto inicial da edificación da rúa.

Historia e usos editar

 
Vista da casa dende a rúa Policarpo Sanz.

A Casa de Fernando Carreras foi deseñada como residencia do seu promotor, Fernando Carreras. O 1 de febreiro de 1863 asinouse o proxecto da súa edificación, que lle foi asignada a Manuel de Uceda, mestre de obras da Academia de San Fernando de Madrid e axudante de obras públicas na provincia de Pontevedra.[3]

Dende a súa construción, o edificio tivo diversos usos: foi empregado como sucursal do Banco de España (ata a construción da actual Casa das Artes, onde se localizaría despois),[4] como sede do Goberno Militar, como reitorado da Universidade de Vigo (ata a construción do novo reitorado no campus da Universidade de Vigo) e como sede da alcaldía da cidade de Vigo.

No ano 2006, o inmoble foi habilitado para albergar a alcaldía da cidade, un proxecto da alcaldesa Corina Porro, quen desexaba acomodar a sede nun inmoble máis cómodo có primeiro andar do concello de Vigo, construído en 1972. Despois de barallar distintas opcións, decantouse polo antigo reitorado da rúa Areal.[5] Entre os traballos de adecuación do edificio, destaca a substitución do escudo franquista da fachada do inmoble polo escudo da cidade olívica.[4]

Tralas eleccións municipais de 2007, coa chegada á alcaldía de Abel Caballero a alcaldía foi levada de novo ao edificio central do concello de Vigo, e pechouse o histórico inmoble.[6] Tralo seu peche o concello barallou varios proxectos para o edificio. Primeiramente pensouse en acondicionar o inmoble para a nova Biblioteca pública do Estado que prometera o ministro de cultura, César Antonio Molina para a cidade de Vigo,[6] tamén pensouse en trasladar a pinacoteca do Museo Quiñones de León para deixares máis espazo aos obxectos históricos contidos no pazo.[7] Finalmente ambas as dúas propostas foron desbotadas anunciándose a finais de 2008 que o inmoble sería a sede da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, proposta que finalmente tampouco foi adiante.[7][8]

O Consorcio da Zona Franca de Vigo mercou o edificio ó concello para trasladar a súa sede ó centro da cidade.[9]

Estilo editar

É un dos grandes edificios máis vellos da cidade, de estilo ecléctico. Toda a fachada está feita en cantaría de granito galego de primeira calidade ben conformado. Ten, ademais da planta baixa, dous andares, con bufardas baixo a cuberta, engadidas despois da obra principal; conta cun patio de luces interior. A súa disposición é simétrica, con grandes vans na fachada con arcos semicirculares, todos con balcón individual e separados por pilastras acanaladas, que lle dan ao conxunto un aspecto clasicista. A decoración restrínxese aos chapiteis corintios das pilastras, e á decoración xeométrica e vexetal da cornixa.[10]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar