Cartas de Iwo Jima

filme de 2006 dirixido por Clint Eastwood

Cartas de Iwo Jima (en inglés: Letters from Iwo Jima; en xaponés: 硫黄島からの手紙, Iōjima Kara no Tegami) é un filme estadounidense en lingua xaponesa de 2006 dirixido e coproducido por Clint Eastwood. Está protagonizado por Ken Watanabe e Kazunari Ninomiya. O filme representa a batalla de Iwo Jima dende a perspectiva dos soldados xaponeses e complementa outra obra de Eastwood, Bandeiras de nosos pais, que relata a mesma batalla dende a perspectiva dos estadounidenses. Os dous filmes foron rodados de maneira paralela. Cartas de Iwo Jima está rodado case completamente en xaponés malia ser producido polas compañías estadounidenses DreamWorks Pictures, Malpaso Productions e Amblin Entertainment. Logo de Bandeiras de nosos pais fose un fracaso en recadación, Paramount Pictures vendeu os dereitos de distribución nos Estados Unidos a Warner Bros. Pictures.

Cartas de Iwo Jima
Ficha técnica
Título orixinalLetters from Iwo Jima
DirectorClint Eastwood
Produtor
GuiónIris Yamashita
Baseado enPicture Letters from Commander in Chief de Tadamichi Kuribayashi (autor)
Tsuyuko Yoshida (editor)
Intérpretes
Música
FotografíaTom Stern
Montaxe
Estudio
Distribuidora
Estrea 9 de decembro de 2006
20 de decembro de 2006
Galicia 23 de outubro de 2011 (TVG)
Duración140 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico
Orzamento19 millóns de dólares[2]
Recadación68,7 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/letters-iwo-jima
IMDB: tt0498380 Filmaffinity: 176123 Allocine: 112342 Rottentomatoes: m/letters_from_iwo_jima Mojo: lettersfromiwojima Allmovie: v345580 TCM: 649306 Metacritic: movie/letters-from-iwo-jima TV.com: movies/letters-from-iwo-jima
Facebook: Letters-From-Iwo-Jima-Movie-562084490477715 Netlix: 70058006Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 23 de outubro de 2011 a través da TVG.[3]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "LETTERS FROM IWO JIMA (15)". British Board of Film Classification. 2 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Letters from Iwo Jima". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  3. diariosigloxxi.com (ed.). "Cartas de Iwo Jim na TVG". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar