Carroucha das brañas

especie de planta
Carroucha das brañas
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Erica
Especie: E. tetralix
Nome binomial
'Erica tetralix'
L.

A carroucha das brañas ou queiroga das brañas[1] (Erica tetralix) L., é unha especie de urce do xénero Erica.

Unha ilustración da Erica tetralix do século XIX.

Pódese confundir facilmente coa especie Erica mackaiana, unha carroucha endémica do norte de Galiza, que medra riba dos 300 – 400 m entre as Serras Setentrionais e o mar Cantábrico, en prados húmidos, brañas e turbeiras. Diferénciase de E. tetralix porque pode acadar maior altura, até os 80 cm, as follas teñen pouca peluxe, as anteras das flores son parda-escuras, e os sépalos e froitos non posúen lanuxe.

Descrición editar

Trátase dun pequeno mato, un subarbusto perenne ramalludo duns 50 cm, coas franzas cubertas dunha vilosidade de pelos curtos e de glándulas.

As follas dispóñense en verticilos de catro, son estreitas e pequenas, de até 5 mm de lonxitude e de cor abrancazada polo envés. Están cubertas de pelos ríxidos.

As flores son miúdas, duns 7 cm, con lanuxe no ápice, e de cor rosadas a xeito de campá, en acios compactosde 5 a 12 flores que se inclinan ao final da súa floración, e follas nas volutas de catro (de aí o nome científico). cos pedicelos máis curtos que as flores. As anteras son pardo claras e os sépalos posúen lanuxe. Florea no verán e no outono. Distínguese doutros membros europeos do xénero Erica pola ausencia de anteras protuberantes.

O froito é unha cápsula aveludada.

Hábitat e distribución editar

O seu hábitat natural atópase nas áreas húmidas de Europa, principalmente na faixa atlántica occidental, dende a zona sur de Portugal até o centro de Noruega, e tamén en certas rexións pantanosas, afastadas da costa da Europa Central. Os ecosistemas son lamazais, pantanos, uceiras húmidas e bosques húmidos de coníferas, podendo chegar a se converter na especie dominante. Introduciuse nalgunhas partes de América do Norte e de Europa, como é o caso de Austria ou Suíza.

En Galiza aparece no norte, en brañas, prados húmidos de solos acedos (silíceos) e en turbeiras.

Sinónimos editar

  • Erica tetralix var. parviflora Chevall. [1827]
  • Erica tetralix var. anandra Coss. & Germ. [1861]
  • Erica botuliformis Salisb. [1802]
  • Tetralix septentrionalis E.Mey. [1839]
  • Ericodes tetralix (L.) Kuntze [1898]
  • Erica glomerata Salisb. [1796]
  • Eremocallis glomerata Gray
  • [1]

Notas editar

  1. Nomes vulgares galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar