Carro solar de Trundholm

artefacto da idade do Bronce atopado en Dinamarca

O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios.

O carro solar
O carro solar, sen dourados.

Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C.. Na actualidade consérvase en Copenhaguen no Nationalmuseet.

Descrición editar

O conxunto mide 60 centímetros de longo. O cabalo, dunha bela factura de bronce, repousa sobre catro rodas de catro raios. O disco solar, dun diámetro de 25 centímetros, descansa sobre dúas rodas e conserva unha parte do seu dourado por unha das caras. É a máis antiga representación do carro solar que se coñece en Europa.

Significación editar

Admítese en xeral, hoxe, que este carro solar é a representación en miniatura dun carro cultual que se pasearía sobre un percorrido solar máxico, como nos indican os cultos de Nerthus na Xermania do Norte e de Freyr en Suecia.[1]

A cara dourada, situada sobre a parte dereita do cabalo, representaría o curso diúrno do sol de leste a oeste; a face contraria, escura, o percurso nocturno.

O obxecto puido se depositado en ofrenda nunha sepultura que máis tarde desapareceu.

Notas editar

  1. Segundo o estuda Björn Ulbricht, Im Tanze der Elemente. Kult und Ritus der heidnischen Gemeinschaft, Arun-Verlag, Wöl-flau 88, D-8313 Vilsbiburg ; ISBN 3-927940-00-3.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar