Carrán de bico curto

O carrán de bico curto[2] ou carrán mascateiro[3] (Gelochelidon nilotica) é unha ave da familia Laridae que se pode encontrar en todos os continentes menos a Antártida. Anteriormente era denominada Sterna nilotica (Bridge et al., 2005), estivo incluída na familia Sternidae, pero actualmente clasifícase no seu propio xénero.

Descrición editar

É bastante grande e robusta, ten unha lonxitude corporal incluída a cola de 35 - 38 cm e unha envergadura alar de 100 - 115 cm,[4] o seu tamaño e aparencia xeral é similar ao carrán cristado, do que se diferencia polo seu bico, que é semellante ao das gaivotas, ademais as súas ás son máis anchas e as patas máis longas. A cola é curta, de 14 cm, e pouco forcada.

 
Adulto con plumaxe de inverno na India.

Os adultos en verán teñen as zonas superiores de cor gris, as zonas inferiores brancas e a metade superior da cabeza negra como o bico e patas. En inverno desaparece o casco negro quedando unha banda negra que atravesa os ollos como no carrán de Forster ou a gaivota cabecinegra. Os xuvenís de carrán de bico curto presentan unha máscara difusa que os asemella ao aspecto dos adultos en inverno pero presentan marcas escuras nas terciarias. Os xuvenís do carrán cristado teñen o bico curto polo que poden ser confundidos con caráns de bico curto.

Distribución e hábitat editar

Cría nas zonas temperadas do planeta: o sur de Europa (ademais dunha pequena poboación illada en Alemaña e Dinamarca), Asia, Norteamérica, Suramérica oriental e Australia. Os individuos de todas as poboacións espállanse trala época de apareamento, mais as que crían no norte son máis migratorias e viaxan para pasar o inverno no sur, en África, o Caribe, o norte de Suramérica, o sur de Asia e Nova Zelandia. É unha das especies afectadas polo Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).

Vive nos lagos tanto de auga doce coma salobre e nas ribeiras dos ríos. Fóra da época de cría tamén frecuenta as marismas e estuarios.[4]

Subespecies editar

 
Xuvenil de primeiro ano, distinguible polo bordo das ás escuro.

Cunha distribución tan ampla recoñécense no carán de bico curto varias subespecies locais, que se diferencian principalmente no tamaño e en detalles menores da plumaxe:[5]

Bioloxía editar

 
Subespecie Gelochelidon nilotica vanrossemi, San Diego, California.
 
Inmaturo coa súa plumaxe reprodutiva case completa.

É unha ave singular dentro da súa familia, e aínda que na súa aparencia física se asemella máis aos carráns, os seus hábitos alimenticios son máis parecidos aos das gaivinas negras. O carrán de bico curto non se mergulla en picado para pescar como moitos estérnidos, senón que se alimenta cazando insectos ao voo, pescando na superficie da auga e buscando nos campos húmidos para apañar anfibios, pequenos mamíferos e outros pequenos animais.

 
Ovos de Gelochelidon nilotica

Esta especie cría en colonias xunto a lagos, pantanos e costas. Aniña no chan nun rudimentario niño e pon de dous a cinco ovos. A incubación dos ovos, na que interveñen ambos os proxenitores, dura 22 días e os polos tardan de 4 a 5 semanas en voar.[6]

Notas editar

  1. BirdLife International (2009). "Sterna nilotica". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 30 de setembro de 2010. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. 4,0 4,1 Beaman, M. e Madge, S. (1998) Guía de identificación de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. P. 450. Ed. Omega ISBN 84-282-0946-4
  5. Encyclopedia of Life (en inglés)
  6. Lalueza i Fox, Jordi (1987) El llibre dels ocells de Catalunya. Editorial De Vecchi - Ed. Cap Roig, p. 57. ISBN 84-315-0434-X.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005): A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution. Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. PDF con text completo (en inglés)
  • Collinson, M. (2006). Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists. British Birds 99(6): 306-323.
  • Harrison, Peter (1988): Seabirds (2nd edition). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8
  • National Geographic Society (2002): Field Guide to the Birds of North America. National Geographic, Washington DC. ISBN 0-7922-6877-6
  • Olsen, Klaus Malling & Larsson, Hans (1995): Terns of Europe and North America. Christopher Helm, Londres. ISBN 0-7136-4056-1

Ligazóns externas editar