Carol Burnett

actriz, comediante e cantante estadounidense

Carol Creighton Burnett, nada en San Antonio (Texas) o 26 de abril de 1933, é unha actriz, comediante e cantante estadounidense, recoñecida principalmente por protagonizar o programa cómico de variedades The Carol Burnett Show, que se transmitiou pola CBS entre 1967 e 1978. Foi o primeiro programa deste tipo presentado por unha muller.[1][2]

Carol Burnett
Nome completoCarol Creighton Burnett
Nacemento26 de abril de 1933
LugarSan Antonio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
Educada enUCLA School of Theater, Film and Television, Universidade de California, Os Ánxeles, Hollywood High School e UCLA Herb Alpert School of Music
Cónxuxe(s)Joe Hamilton
FillosCarrie Hamilton e Erin Hamilton
Profesióncantante, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de dobraxe, presentadora de televisión, escritora, guionista, bailarina, humorista e actriz
Na rede
IMDB: nm0000993 Allocine: 352 Rottentomatoes: celebrity/carol_burnett Allmovie: p9666 TCM: 25515 TV.com: people/carol-burnett IBDB: 33725
Twitter: imcarolburnett Instagram: itscarolburnett Musicbrainz: 08f5c64e-52f6-41f3-9d23-cbb9301a2639 Songkick: 523974 Discogs: 778234 Allmusic: mn0000794660 WikiTree: Burnett-1874 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O seu talento para a parodia fixo que recibise o título de American Queen of Comedy (“Raíña da comedia estadounidense”).

En 1977 foi votada unha das vinte mulleres máis admiradas dos Estados Unidos, gañou cinco Globos de Oro, seis Emmy, doce People's Choice Awards, foi nomeada "Muller do ano" polo Círculo de Críticos de TV e pertence ao Salón da Fama da Televisión dende 1985.

Traxectoria editar

Naceu en San Antonio, e aos oito anos mudouse aos Ánxeles. Filla de pais alcohólicos, pasou a súa infancia en Hollywood ao coidado da súa avoa Nanny. Quería estudar xornalismo, mais non tiña cartos, ata que unha misteriosa doazón anónima de 50 dólares permitiu o seu ingreso e cursou estudos de inglés e teatro na Universidade de California, Os Ánxeles.

En Nova York, fíxose famosa dentro do circuíto de cabarés e clubs nocturnos polo seu canto e imitacións, e en 1959 debutou en Broadway co musical Once upon a Mattress.

Despois apareceu con regularidade na televisión en The Gary Moore Show (1959–1962) e en The Tonight Show e con Ed Sullivan.

En 1962 fixo unha aparición moi lembrada no Carnegie Hall con guión de Mike Nichols coa súa amiga Julie Andrews (Julie and Carol at Carnegie Hall); nos anos 70 repetiu o formato en Carol and Julie at Lincoln Center e coa soprano Beverly Sills na Metropolitan Opera de Nova York (Beverly and Carol at the Met). Participou en filmes como Annie, series de televisión e toda unha serie de especiais para a televisión con grandes figuras do espectáculo como Steve Martin, Plácido Domingo e Robin Williams. Durante 2003 fixo unha xira de galas coa mezzosoprano Frederica von Stade actuando coa San Francisco Symphony.

Participou na segunda temporada da serie Glee, no papel da nai de Sue Sylvester, e cantou a canción "Ohio".

The Carol Burnett Show editar

A emisión semanal do Carol Burnett Show (1966–1977) converteuse nun dos programas televisivos máis populares e, coa súa participación no mesmo, Burnett gañou cinco premios Emmy. O programa considérase o sucesor do lendario show de Lucille Ball, pioneira das gravacións en estudio con público presente e quen a apadriñou. A serie tivo 278 episodios, fixo famoso o equipo integrado Tim Conway, Vicki Lawrence e Harvey Korman e logrou en total 23 candidaturas aos premios Emmy.

Foron famosas as súas parodias e imitacións da raíña Isabel II, Charo, Gloria Swanson, Bette Davis, Joan Crawford, Lana Turner e outras personalidades do espectáculo. O segmento protagonizado por Burnett como "Eunice" (unha fracasada provinciana sureña) cobrou tal popularidade que acabou converténdose nun programa á parte.

En cada episodio era invitada unha celebridade que competía nun número cómico con Carol Burnett e o seu equipo. polo programa pasaron Carol Channing, Lucille Ball, Lana Turner, Ella Fitzgerald, Liza Minnelli, Cher, Ethel Merman, Sammy Davis Jr, Eileen Farrell, Jack Palance, Gloria Swanson, Jackson 5, Maggie Smith, Marilyn Horne, Mel Tormé, Dionne Warwick, James Stewart, Chita Rivera, Jerry Lewis, Rock Hudson, Dick Van Dyke, Julie Andrews, Beverly Sills, Bernadette Peters, Lily Tomlin, Madeline Kahn, Steve Martin, Robin Williams, The Carpenters, Dinah Shore, Steve Lawrence, Eydie Gorme e outros.

Vida privada editar

Burnett casou coa súa parella da universidade Don Saroyan o 15 de decembro de 1955; divorciáronse en 1962.

O 4 de maio de 1963, casou co produtor de televisión Joe Hamilton, pai divorciado de oito fillos, que producira o seu concerto do Carnegie Hall de 1962 e posteriormente producirá The Carol Burnett Show entre outros proxectos.[3] A parella tivo tres fillas:

  • Carrie Hamilton, nada o 5 de decembro de 1963 e finada o 20 de xaneiro de 2002 aos 38 anos dunha pulmonía complicación dun cancro de pulmón e cerebro.[4] Era actriz e cantante.[5][6]
  • Jody Hamilton, nada o 18 de xaneiro de 1967.
  • Erin Hamilton, nada o 14 de agosto de 1968, cantante.

O matrimonio rematou en divorcio en 1984. O desafío de loitar cos problemas de drogas de Carrie menciónanse como parte da razón da separación, mais a parella aproveitou a oportunidade para informar a outros pais sobre como levar esa situación e recadaron cartos para a clínica que estaba a tratar a Carrie.[7] En 1988, Burnett e Carrie viaxaron a Moscova para axudar a introducir a primeira rama de Alcólicos Anónimos na Unión Soviética.[4][8] Joe Hamilton faleceu de cancro en 1991.[3]

O 24 de novembro de 2011, Burnett casou con Brian Miller, músico e contratista da Hollywood Bowl Orchestra, vinte e tres anos máis novo ca ela.[4][9]

Notas editar

  1. Spencer, Amy (22 de xaneiro de 2016). "Carol Burnett: First Woman of Comedy". Parade. Athlon Media Group. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  2. Herman, Karen (29 de abril de 2003). "Interview: Carol Burnett". Archive of American Television. 
  3. 3,0 3,1 Fowler, Glenn (12 de xuño de 1991). "Joe Hamilton, 62, a Top Producer Of Television Specials, Is Dead". The New York Times (Nova York: The New York Times Company). Consultado o 28 de abril de 2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Smolowe, Jill (4 de febreiro de 2002). "Another Heartbreak". People 57 (4). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2018. 
  5. "Carrie Hamilton, daughter of Carol Burnett, dies of cancer". Lodi News Sentinel. 21 de xaneiro de 2002. p. 7. Consultado o 1 de decembro de 2013. 
  6. "Carrie Hamilton, 38, Actress and Writer". The New York Times. Nova York: The New York Times Company. 22 de xaneiro de 2002. 
  7. Oliver, Myrna (21 de xaneiro de 2002). "Carrie Hamilton, 38; Drug Fight Publicized". LA Times. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  8. Parks, Michael (1 de novembro de 1988). "Alcoholics Anonymous:Soviets Try Proven Cure for Drinking". Los Angeles Times. Consultado o 6 de agosto de 2018. 
  9. "Hollywood Cougars Who Found True Love With a Much, Much Younger Partner". Bravo TV Official Site. 1 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burnett, Carol. One More Time: A Memoir. Nova York: Random House, 1986.
  • Burnett, Carol.This time together: Laughter and reflection. Harmony. 2010.ISBN 0-307-46118-1
  • Purdum, Todd S. Carol Burnett Comes Round to Where She Started From. The New York Times, 1995.
  • "The Serious Business of Being Funny. "The New Yorker, 21 /8/1995
  • Marc, David. Carol Burnett: The Last of the Big-time Comedy-Variety Stars,1992.
  • O'Connor, John J. Funny Women of Television: A Museum of Television and Radio Tribute. The New York Times, 1991.
  • Taraborrelli, J. Randy. Laughing Till It Hurts: The Complete Live and Career of Carol Burnett. Nova York: Morrow, 1988.

Ligazóns externas editar