A carne de polo ou pito[1] é como se denomina ós tecidos musculares e órganos procedentes do polo. É moi frecuente atopalo en moitos pratos e preparacións da culinaria de todo o mundo. A súa carne considérase un alimento básico e é por esta razón pola que se inclúe no índice de prezos ao consumo.

Sopa coreana de pito con ginseng.
Polo con patacas.

Características do pito editar

Do polo consómense diferentes partes: as patas ou mans de pito, a crista, as ás (un dos pratos máis coñecidos son os buffalo wings estadounidenses), as pernas ou coxas de pito, a peituga e os miúdos (fígado, corazón ou moega). As partes das vísceras en moitos países son descartadas e non se inclúen na alimentación humana, aínda que, por exemplo, na cociña xaponesa emprégase ás veces no yakitori. Os ósos son aproveitados por regra xeral (no que se denomina carcasa, ou carapacho en Venezuela, do mesmo xeito que o pescozo) para a elaboración, xunto con diversas verduras de caldo de pito. Adóitase preparar á calor, a carne non se inxere crúa xa que pode posuír salmonela.

As ás e coxas son cortes moi aprezados. Pola súa banda, as patas son altamente ricas en coláxeno.

Notas editar

Véxase tamén editar