Carmen Fraga

política galega

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Carmen Fraga
Nome completoCarmen Fraga Estévez
Nacemento19 de outubro de 1948
Lugar de nacementoLeón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica, xurista e xeógrafa
PaiManuel Fraga Iribarne
NaiCarmen Estévez
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Xeografía en 1970, e a partir dese ano traballou para o Ministerio de Obras Públicas. Licenciouse de novo, desta vez en Dereito, en 1985 e traballou como asistente do Partido Popular Europeo entre 1986 e 1994.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 figura na candidatura do Partido Popular e obtén un escano no Parlamento Europeo. Como tal, foi vicepresidenta primeira do grupo do Partido Popular Europeo e, durante o trienio 1997-1999 foi ademais presidenta da Comisión de Pesca. Nas eleccións europeas de 1999 saíu reelixida, e volveu saír tamén nas de 2004 e nas de 2009. Entre 2002 e 2004 foi Secretaria Xeral de Pesca Marítima. En 2004 foi membro novamente da Comisión de Pesca e da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural. En 2009 volveu ser elixida presidenta da Comisión de Pesca. Tamén foi membro da Delegación para as Relacións cos Países do Maghreb e a Arab Maghreb Union.

En 2014 anunciou que non figuraría nas listas electorais para os comicios dese ano. Foi a eurodeputada galega con máis anos de servizo en Bruxelas: vinte. Ese mesmo ano foille concedida a Medalla Castelao.

Vida persoal editar

É filla de Manuel Fraga e da súa dona Carmen Estévez.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar