Carmen Blanco García

escritora galega

Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954,[1] é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Infotaula de personaCarmen Blanco García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, ensaio e narración Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClaudio Rodríguez Fer Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1391989


Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco García, 2022.

Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Traxectoria editar

Traxectoria vital editar

A comezos dos setenta participou no movemento feminista galego a través de organizacións como a Asociación Galega da Muller (AGM) ou Feministas Independentes Galegas.[2] Tamén colaborou coa revista Festa da Palabra Silenciada e con A Saia. No ano 2000, fixo a letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, "Marchando máis alá". Dedicou boa parte do seu activismo ao feminismo e ao estudo das relacións entre a literatura e a muller, do que son mostra os libros Literatura galega da muller (1989), Nais, damas, prostitutas e feirantas (1995), O contradiscurso das mulleres (1995), Mulleres e independencia (1995), Sexo e lugar (2006), Feministas e libertarias (2010) ou Letras lilas (2019).

 
Esta placa co texto "Amo, mais non teño amo", de Carmen Blanco, foi instalada nun monólito o 25/11//2008 en memoria das vítimas da violencia de xénero, na praza de Emilia Pardo Bazán do Carballiño.

Foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española, con primeiro destino en Santiago de Compostela e segundo en Chantada, e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio, con destino en Lugo, así como titular destas últimas disciplinas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e na Facultade de Humanidades de Lugo. En 1994 leu na Universidade de Santiago de Compostela a súa tese de doutoramento Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas, dirixida por Anxo Tarrío.[3] Exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo.

É autora dunha morea de obras ensaísticas do seu campo profesional de coñecemento, a filoloxía e a literatura galegas, con libros referidos a moitas das grandes figuras como Ricardo Carvalho Calero, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra ou María Mariño. Colaborou en gran cantidade de libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Dende 1974 comparte vida e parte da súa actividade profesional e civil con Claudio Rodríguez Fer, con quen ten unha filla.[4][2] Con el fundou no 2005 a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, onde exerceu de secretaria. Formou parte do Consello da Memoria, recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2014) e é autora, con Rodríguez Fer, da exposición “Vermellas” (2009) e do libro Vivas en nós (2011), en homenaxe ás mulleres represaliadas polo levantamento militar de 1936.

Traxectoria artística editar

Coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación intercultural e libertaria Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,[5] dende 1996.

A súa obra poética consta dos poemarios Estraña estranxeira (BVG, 2004), Un mundo de mulleres (Biblos, 2011) e Lobo amor (Unión Libre, 2011).

A súa obra narrativa está conformada por Vermella con lobos (Xerais, 2004) e Atracción total (Xerais, 2008).

Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando os poemarios Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982) -Premio da Crítica Española en 1982-, Historia da lúa (Galaxia, 1984), Vulva (Libros da cebra, 1990) e A muller núa (Compostela, 1992) de Claudio Rodríguez Fer, ao igual que o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor, e foi tamén a creadora do logotipo de Unión Libre.

A súa heterónima Emma Luaces, que leva o nome en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman e á xenealoxía materna da autora, publicou versións de Safo en Do amor e da literatura (Linteo, 2007) e poemas da serie “Lobo azul” (Unión Libre, 2005).

Obra en galego editar

Ensaio editar

Narrativa editar

Poesía editar

Conversas editar

Traducións editar

  • Do amor e da literatura (2007). Ourense: Linteo.

Edicións editar

  • Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza (1991). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Umha voz na Galiza, de Ricardo Carvalho Calero (1992). Santiago: Sotelo Blanco
  • Antoloxía poética, de Uxío Novoneyra (1997). Vigo: A Nosa Terra/AS-PG.
  • Historias fidelísimas, de Luz Pozo Garza (2003). PEN Clube de Galicia.
  • Memoria solar, de Luz Pozo Garza (2004). Ourense: Linteo.
  • Día das Letras Galegas 2016. Manuel María. Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 9788416533626

Obras colectivas editar

Con Claudio Rodríguez Fer editar

Obra en castelán editar

Edicións editar

Notas editar

  1. "Carmen Blanco García – ilustradora y anarcofeminista". puertoreal.cnt.es. Arquivado dende o orixinal o 10-03-2018. Consultado o 10-03-2018. 
  2. 2,0 2,1 "Carmen Blanco". Biblioteca Virtual Galega. Arquivado dende o orixinal o 04-04-2008. Consultado o 10-03-2018. 
  3. "Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas". dialnet. Consultado o 10-03-2018. 
  4. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Blanco García, Carmen". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 70-71. ISBN 84-8064-113-4. 
  5. Unión libre. Cadernos de vida e culturas
  6. Versión en castelán como El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997) ISBN 84-87709-53-2. Traducida por Olga Novo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar