Carmelo Anthony

baloncestista estadounidense

Carmelo Kyam Anthony, nado o 29 de maio de 1984 en Brooklyn, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional. Tras a súa exitosa carreira no instituto no Towson Catholic High School e na Oak Hill Academy, Anthony foi á Universidade de Syracuse, onde liderou ós Orangemen ó seu primeiro Campionato Nacional en 2003. Foi nomeado mellor xogador da rexión leste da NCAA. Tras unha tempada en Syracuse, deixou a universidade para entrar no Draft da NBA de 2003, onde foi seleccionado na terceira posición polos Denver Nuggets. Foi traspasado ós New York Knicks días antes do peche de mercado en 2011.

Carmelo Anthony
Axente libre
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 29 de maio de 1984 (39 anos)
Brooklyn, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto Towson Catholic
(Towson, Maryland)
Oak Hill Academy
(Mouth of Wilson, Virginia)
Universidade Syracuse (2002–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Denver Nuggets
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Denver Nuggets (2003–2011)
New York Knicks (2011–2017)
Oklahoma City Thunder (2017–2018)
Houston Rockets (2018–2019)
Portland Trail Blazers (2019–2021)
Los Angeles Lakers (2021–2022)
Premios e galardóns
10× NBA All-Star (2007-2008, 2010-2017)
Segundo Equipo All-NBA (2010, 2013)
Terceiro Equipo All-NBA (2006-2007, 2009, 2012)
MVP do Rookie Challenge (2005)
1º Equipo de Rookies (2004)
Campión da NCAA (2003)
Máximo anotador (2013)

Dende que entrou na NBA, Anthony converteuse nun dos xogadores máis coñecidos e populares da liga. Foi incluído no primeiro equipo de rookies, foi All-Star en sete ocasións e foi incluído no Equipo All-NBA en seis veces. Anthony liderou ós Nuggets a gañar dous títulos de división e a clasificarse para os playoffs dende 2004 ata 2010. En 2009, axudou ós Nuggets a chegar ás Finais de Conferencia por primeira vez dende 1985. Coma membro da selección de baloncesto dos Estados Unidos, gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2004, e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2008 e de 2012. O 2 de agosto de 2012, Anthony superou a marca de máis puntos anotados nun partido das Olimpíadas por un xogador dos Estados Unidos, con 37 puntos contra Nixeria.[1]

Traxectoria universitaria editar

Anthony xogou unha tempada na Universidade de Syracuse, durante a tempada 2002-03 da NCAA, onde acadou 22.1 puntos e 10.0 rebotes por partido. Guiou ós Orangemen ó primeiro título da NCAA da súa historia en 2003. Liderou ó equipo en anotación, rebotes, minutos xogados, tiros de campo anotados e tiros libres anotados e intentados.[2] Os seus 33 puntos contra os Texas Longhorns na Final Four de 2003 estableceron o récord de puntos anotados no torneo da NCAA por un xogador de primeiro ano.[3] No partido polo campionato contra os Kansas Jayhawks, Anthony anotou 20 puntos e capturou 10 rebotes. Grazas ó seu esforzo, Anthony gañou o premio ó mellor xogador do torneo.[4]

Anthony tiña planeado estar dúas ou tres tempadas en Syracuse, pero ó conseguir todos os éxitos posibles no primeiro ano, decidiu deixar a súa carreira universitaria e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2003.[5][6] Durante a súa etapa en Syracuse, Anthony foi escollido no segundo equipo All-American por Associated Press coma freshman, liderou ó seu equipo a unha marca de 30-5, conseguiu o primeiro título da NCAA da historia do equipo, e foi elixido Freshman do Ano. Ademais foi incluído no primeiro equipo All-Big East e foi ademais elixido coma Freshman do Ano da Conferencia Big East.[7]

Traxectoria profesional editar

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2003-04 Denver 82 36.5 .426 .322 .777 6.1 2.8 1.2 0.5 21.0
2004-05 Denver 75 34.8 .431 .266 .796 5.7 2.6 0.9 0.4 20.8
2005-06 Denver 80 36.8 .481 .243 .808 4.9 2.7 1.1 0.5 26.5
2006-07 Denver 65 38.2 .476 .268 .808 6.0 3.8 1.2 0.3 28.9
2007-08 Denver 77 36.4 .492 .354 .786 7.4 3.4 1.3 0.5 25.7
2008-09 Denver 66 34.3 .443 .371 .793 6.8 3.4 1.1 0.4 22.8
2009-10 Denver 69 38.2 .458 .316 .830 6.6 3.2 1.3 0.4 28.2
2010-11 Denver 50 35.5 .452 .333 .823 7.6 2.8 0.9 0.6 25.2
2010-11 New York 27 36.2 .461 .424 .872 6.7 3.0 0.9 0.6 26.3
2011-12 New York 55 34.1 .430 .335 .804 6.3 3.6 1.1 0.4 22.6
Total 646 36.2 .456 .322 .805 6.3 3.1 1.1 0.5 24.7
All-Star 5 25.6 .532 .125 .636 8.4 1.2 0.8 0.2 18.4

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2003-04 Denver 4 35.8 .328 .182 .800 8.3 2.8 1.2 0.0 15.0
2004-05 Denver 5 36.0 .422 .000 .813 5.4 2.0 0.6 0.2 19.2
2005-06 Denver 5 38.6 .333 .000 .750 6.6 2.8 0.8 0.2 21.0
2006-07 Denver 5 42.0 .480 .500 .795 8.6 1.2 1.0 0.0 26.8
2007-08 Denver 4 36.5 .364 .250 .828 9.5 2.0 0.5 0.2 22.5
2008-09 Denver 16 38.3 .453 .364 .826 5.8 4.1 1.8 0.6 27.2
2009-10 Denver 6 42.3 .464 .316 .877 8.5 3.2 2.0 0.5 30.7
2010-11 New York 4 39.0 .375 .346 .853 10.3 4.8 1.2 0.8 26.0
2011-12 New York 5 40.8 .419 .222 .756 8.2 2.2 1.2 0.2 27.8
Total 54 38.8 .419 .327 .815 7.4 3.0 1.3 0.4 24.9

Galardóns e logros individuais editar

Notas editar

  1. http://espn.go.com/blog/new-york/knicks/post/_/id/22958/melo-makes-history-in-u-s-win
  2. "Carmelo Anthony Statistics". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2012. 
  3. "Super-frosh scores 33; 'Cuse beats Texas in Final Four". CNN. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  4. Drape, Joe (8 de abril de 2003). "Freshmen Give Boeheim a Finish to Savor". The New York Times. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  5. "New Building will bear NBA star Anthony's name". 
  6. "Anthony Says He'll Turn Pro". The New York Times. 25 de abril de 2003. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  7. "USA Basketball – Carmelo Anthony". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar