Carlos VI de Francia

Carlos VI de Francia, o Amado ou o Tolo, nado en París en 1368 e finado no mesmo sitio en 1422, foi rei de Francia (1380 - 1422).

Carlos VI de Francia
Nacemento3 de decembro de 1368
Lugar de nacementoParís
Falecemento21 de outubro de 1422
Lugar de falecementoParís
Causamalaria
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncristianismo e Cristianismo Ocidental
Ocupaciónmonarca
PaiCarlos V de Francia
NaiJoana de Bourbon
CónxuxeIsabel de Baviera (raíña de Francia)
FillosIsabel de Valois, Joana de França, Maria de Valois, Micaela de Valois, Luís, Delfim de França, João, Catarina de Valois, Carlos VII de Francia, Charles de France, Charles, Dauphin of France, Marguerite, bâtarde de France e Philippe de Valois
IrmánsCatarina de França, Condessa de Montpensier e Luís de Valois, Duque d'Orleães
PremiosRosa de Ouro
Na rede
WikiTree: Valois-66 Find a Grave: 21052 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Carlos VI de Francia

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Quinto fillo do rei Carlos V de Francia e da súa muller Xoana de Borbón, naceu na corte francesa de París o 3 de decembro de 1368. Por liña paterna era neto de Xoán II de Francia e de Bona de Luxemburgo, e por liña materna do duque Pedro I de Borbón e Isabel de Valois.

Matrimonio e descendentes editar

O 17 de xullo de 1385 casou con Isabel de Baviera, filla de Estevo III de Baviera e Taddea Visconti en Amiens. Desta unión naceron:

Ascenso á coroa editar

 
Coronation of Charles VI to Reims (A coronación de Carlos VI en Reims). Miniatura do século XIV

Á morte do seu pai en 1380, foi coroado como rei na catedral de Reims aos 12 anos. Do mesmo xeito que o seu pai, o inicio do reinado emprendeuno con enerxía. A súa minoría de idade comportou loitas internas francesas polo poder entre os seus parentes, os duques de Anjou, Borgoña, Berry e Borbón. En 1388 coa axuda do seu irmán Lois I de Orleáns eludiu a rexencia do seu tío, o duque Filipe II de Borgoña.

En 1392 sufriu un grave ataque de demencia, enfermidade xa amosada pola súa nai e os seus antepasados maternos, polo que caeu baixo o poder do seu irmán Lois I de Orleáns e do tío Filipe II de Borgoña.

Luís de Orleáns foi asasinado en 1407 por orde de Xoán I de Borgoña, fillo de Filipe II de Borgoña, ao que sucedera en 1404. Dende ese momento toda Francia dividíase en dous partidos: os Armagnac, os partidarios do duque de Orleáns e os borgoñóns, partidarios do duque de Borgoña.

Guerra dos Cen Anos editar

O rei Henrique V de Inglaterra, casado coa irmá de Carlos VI, aliouse cos Borgoñóns e continuou a Guerra dos Cen Anos. O 25 de outubro de 1415 derrotou ao exército francés na batalla de Azincourt. En 1420 no Tratado de Troyes Carlos VI foi obrigado a aceptar a Henrique V como o seu sucesor, desherdando aos seus fillos e recoñecéndoos como ilexítimos.

O 22 de outubro de 1422 Carlos VI faleceu mentres Henrique V de Inglaterra morreu dous meses antes. A partir de entón, Henrique VI de Inglaterra e Carlos VII de Francia foron proclamados reis. A axuda de Xoana de Arco permitirá que o delfín Carlos VII fose coroado rei o 17 de xullo de 1429.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Famiglietti, R.C., Royal Intrigue: Crisis at the Court of Charles VI, 1392–1420, Nova York; AMS Press, 1986.
  • Famiglietti, R.C., Tales of the Marriage Bed from Medieval France (1300–1500), Providence; Picardy Press, 1992.
  • Potter, Philip J., Kings of the Seine: The French Rulers from Pippin III to Jacques Chirac, 2006, PublishAmerica, Baltimore, isbn 978-1-4137-8857-0.