Carlos Pollán

político español

Carlos Pollán Fernández, nado en León en 1966, é un ex-xogador, exadestrador de balonmán e político español de Vox que é o presidente das Cortes de Castela e León dende o 10 de marzo de 2022 e anteriormente foi presidente do club de balonmán CB Ademar (2009-2013).

Infotaula de personaCarlos Pollán
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Actividade
Ocupaciónbalonmanista , adestrador , político , graduado social Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de familia mineira.[1]. Graduado social diplomado pola Universidade de León en 1994 e grao en dereito pola Universidade Camilo José Cela en 2020, traballou como asesor laboral mentres formaba parte do cadro do equipo de balonmán Ademar de León dende 1986. Xogou como porteiro durante oito anos e adestrou os seus equipos xuvenís antes de se converter no presidente do club en 2009[2][3]. A súa presidencia acabou nun concurso de acredores por mor dunha débeda impagada de máis de 500 000 €[4].

Política editar

En 2019, Pollán presentouse como candidato á alcaldía de Sariegos nas eleccións locais sen lograr acta de concelleiro. Figurou no quinto lugar da lista de Vox ás Cortes de Castela e León nas eleccións autonómicas. En 2019 asumiu a presidencia de Vox na provincia de León no medio dunha crise ao non entrar o seu partido na deputación provincial [5]. Pollán encabezou a lista de Vox en León nas eleccións autonómicas de 2022[6] O 10 de marzo anunciouse un acordo para a formación dun goberno de coalición entre o PP e Vox e Pollán converteuse en presidente das Cortes[7].

Pollán, dentro da liña do seu partido, oponse á división de España en comunidades autónomas, e argumenta que as comunidades autónomas viraron entes centralizados e marxinaron provincias periféricas, como no caso do seu León natal[8].

Notas editar