Carlos Mouriño

empresario galego

Manuel Carlos Mouriño Atanes máis coñecido como Carlos Mouriño, nado en Vigo o 4 de marzo de 1943, é un empresario galego, presidente do grupo corporativo GES e actual presidente do Celta de Vigo dende o 2006.[1]

Carlos Mouriño
Nacemento4 de marzo de 1943
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo galego
Ocupaciónempresario
FillosJuan Camilo Mouriño e Marián Mouriño
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Carreira empresarial e política editar

Comezou os seus estudos no colexio Salesianos de Vigo. Mentres cursaba os seus estudos de secundaria traballou de auxiliar administrativo na axencia de viaxes Amado, e máis tarde en Lage e Cía, unha empresa de recambios para o automóbil. Ao acabar os seus estudos mudouse a Madrid, onde traballou como xefe de administración na factoría de pezas metálicas Riomiño, e máis tarde de director xeral en Nautrónica S.A., empresa estadounidense de equipamentos marítimos.[Cómpre referencia]

En 1978, tras a crise económica de Nautrónica S.A., Carlos Mouriño decide emigrar a México para traballar nunha cadea hostaleira do seu sogro. Movido polo éxito das empresas do seu sogro decide fundar a súa primeira compañía, Ivancar, dedicada á fabricación de tapetes para automóbiles. Tamén funda unha empresa de reciclaxe de papel.[Cómpre referencia]

Xa en 1985, o seu grande éxito empresarial lévalle á compra dunha cadea de gasolineiras en Campeche, o Grupo Energetico do Sueste; que se expande a outras 4 provincias de México, ata chegar a un total de 35 gasolineiras.[Cómpre referencia]

En 1990 comprou un paquete de accións de Banco Unión por un millón de pesos, os cales perdeu tras o escándalo de fraude bancaria dese banco.

Na actualidade participa en moitas outras empresas, xa sexa como presidente en Gándara Censa, Inverhismex e Construcións Exisa; como conselleiro bancario de Banamex, Inverlat e Banca Serfin, ou como investidor en empresas de alimentos tan coñecidas como Burger King ou Benedetti's Pizzas.[Cómpre referencia]

Celta de Vigo editar

Primeiro ano (2006) editar

O 16 de xuño de 2006 chegou aínda acordo co entón presidente do Celta, Horacio Gómez Araújo para comprar as súas accións e facerse así máximo accionista do consello de Administración e dono do Real Club Celta de Vigo.[1]

Mouriño tomaba o Celta no verán, tras clasificarse o ano anterior para disputar a UEFA. Entendíase que o equipo estivera por riba das súas posibilidades e xa que logo non se esperaba repetir aquela xesta. Pero as cousas foron moito peor do que se esperaba, xa que tras unha serie de resultados irregulares, e tras a destitución de Fernando Vázquez como adestrador e a posterior contratación de Hristo Stoichkov, o equipo ocupaba praza de descenso a falta dunhas xornadas para acabar a tempada. O equipo non foi capaz de manter a categoría a pesar de gañar os seus tres últimos encontros, e descendeu á Segunda división. Iniciábase así un gran aluvión de críticas cara a Carlos Mouriño en particular.

Etapa en Segunda División editar

O verán de 2007 trouxo moitos cambios tanto no equipo como na dirección do equipo celeste. Ademais das vendas de xogadores como Fernando Baiano, Ángel ou Nené, foi de gran repercusión a non renovación de contrato de Gustavo López, xogador máis valorado do equipo do ano pasado, e ídolo da afección. E iso, xunto coa rescisión de contrato de moitos traballadores do club, contribuíu máis a diminuír o apoio e a masa social do club, que entendían que non se estaban a facer as cousas ben e verqueron as súas críticas sobre Carlos Mouriño. Máis tarde comprendeuse a non renovación de Gustavo López debido á crise económica que atravesaba o club, e as altas pretensións salariais do xogador, que se negou a manter o salario do ano anterior ao descenso.[2]

O proxecto confiado a Hristo Stoichkov non funcionou, e o club acabou a tempada a 2 puntos do descenso a Segunda División B, con 3 cambios de adestrador na mesma tempada.

A tempada seguinte, seguíase buscando o asalto á Primeira División cun proxecto totalmente distinto, e así poder recuperar á afección que abandonara ao equipo. Con palabras do propio Carlos Mouriño buscábase ser o equipo de Galicia, e por iso formouse un equipo formado por un gran número de xogadores galegos. Ademais, contratou á súa filla Marián como directora de Mercadotecnia do equipo celeste.

O 4 de novembro de 2008 sofre un duro pau tras o falecemento do seu fillo Juan Camilo nun accidente de avioneta, á idade de 37 anos.[3]

No plano deportivo, a tempada non foi moi positiva, terminando a 2 postos do descenso. No aspecto económico, o 10 de xuño de 2008 anunciábase que o equipo se acollería á Lei Concursal, debido á grave situación económica e á presión dos acredores.

Iníciase así unha recuperación económica nun club moi maltreito, e a reconciliación de Carlos Mouriño coa afección. Debido á boa xestión económica, e a accións como a inxección de sete millóns de euros para sufragar as débedas do club[4] Mouriño gáñase o apoio da afección, e é recoñecido por moitos como o "Salvador do Celta".

Carlos Mouriño tomou certas medidas impopulares que lle fixeron perder confianza entre a afección, como a venda do canteirán Joselu ao Real Madrid por só un millón e medio de euros, xa que se lle vía como un xogador cunha gran proxección e polo que se podería sacar máis diñeiro nun futuro. O entón técnico do Celta de Vigo, Eusebio Sacristán defendeu a Carlos Mouriño en rolda de prensa aclarando que era necesaria a venda do canteirán para a viabilidade económica do club. Finalmente, a decepcionante tempada do canteirán converteu o seu traspaso nunha gran operación do club celeste.[5]

Notas editar