Carlos Menditeguy

Carlos Menditeguy
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Arxentina
Anos en activo 1953-1958, 1960
Escudería(s) Gordini, Scuderia Centro Sud Maserati
Grandes Premios disputados 11 (10 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio da Arxentina de 1953
Derradeiro GP Gran Premio da Arxentina de 1960


Carlos Alberto Menditeguy, nado en Buenos Aires o 10 de agosto de 1914 e finado o 27 de abril de 1973[1] foi un piloto de carreiras e xogador de polo arxentino. Participou en 11 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, logrando un podio, e anotando un total de nove puntos de campionato.

Traxectoria editar

Foi todo un deportista. No polo chegou ao maior hándicap posible, 10. Unha vez apostou que en só tres meses lograría ser scracht, é dicir, lograr a suma ideal de golpes, o par do campo. Roberto De Vicenzo comentou: "Souben desa aposta e dixen 'non o consegue nin tolo'. Pero fíxoo e é marca mundial".[Cómpre referencia]

Menditeguy foi enterrado no Cemiterio de La Recoleta en Bos Aires.

Brigitte Bardot editar

Estábase por disputar un dos Grandes Premios de Fórmula 1 do ano 1956 e Carlos Menditeguy era un dos pilotos oficiais da casa Maserati. O arxentino sen aviso previo, faltou á cita nos adestramentos e tamén para a carreira. Os directivos da marca, atónitos e cheos de preocupación, non se explicaban o ocorrido. Pouco despois a causa saíu á luz. Charly estaba na Costa Azul en compañía dunha famosa actriz francesa: Brigitte Bardot. Obviamente, iso causou a desafectación do equipo por indisciplina. Con todo, coa maior naturalidade contestou: non era unha oportunidade para desprezar ¿non?.

Resultado completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1953 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX
Ret
500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0
1954 Onofre Marimón Maserati A6GCM/250F Maserati 6 en liña ARX
NTS
500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0
1955 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
Ret
MON 500 BEL NED GBR ITA
5
19º 2
1956 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
Ret
MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0
1957 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARx
3
MON
Ret
500 FRA
Ret
GBR
Ret
ALE PES ITA 14º 4
1958 Scuderia Sud Americana Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
7
MON NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR NC 0
1960 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati Straight-4 ARX
4
MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA 19º 3

Notas editar

  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.