Carlos Marchena

futbolista español

Carlos Marchena López, nado en Las Cabezas de San Juan (Sevilla) o 31 de xullo de 1979, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa central ou mediocentro defensivo. En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Carlos Marchena
Información persoal
Nome Carlos Marchena López
Nacemento 31 de xullo de 1979 (44 anos)
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,83 m.
Posición Defensa / Centrocampista
Carreira xuvenil
Cabecense
1990–1997 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2000 Sevilla 68 (1)
1998 Sevilla B 3 (0)
2000–2001 Benfica 20 (2)
2001–2010 Valencia 230 (8)
2010–2012 Villarreal 45 (1)
2012–2014 Deportivo da Coruña 44 (5)
2015 Kerala Blasters 1 (0)
Total 411 (17)
Selección nacional
1999 España sub-20 7 (0)
1999–2001 España sub-21 17 (0)
2000 España sub-23 5 (0)
2002–2011 España 69 (2)
Na rede
FIFA: 177846 UEFA: 51820 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado no equipo local da súa localidade, CD Cabecense e máis tarde nas categorías inferiores do Sevilla FC, desde pequeno foi chamado pola súa gran calidade a ser un dos centrais máis destacados da liga española.

O seu debut co primeiro equipo sevillista produciuse na tempada 1997–98, cando apenas tiña dezaoito anos. Este debut viuse favorecido polo feito que o equipo militaba entón en Segunda División. Tras outra tempada notable en Segunda, na que se asentou no primeiro equipo e na que se logrou o ansiado ascenso, Marchena debutou en Primeira.

Proclámase campión do mundo sub-20 en Nixeria, no ano 1999, formando equipo con magníficos xogadores como Xavi Hernández e Pablo Orbaiz, entre outros.

A tempada do retorno do equipo de Nervión a primeira non foi boa, xa que a grave crise económica do club hispalense obrigou a depender totalmente dos xogadores da canteira, que, como Marchena, contaban con gran calidade pero estaban faltos de experiencia. Tras o consecuente descenso, e como o Sevilla FC necesitaba diminuír a débeda, Marchena foi vendido ao Benfica.

Tras unha tempada aceptable no club lisboeta, formou parte dun intercambio con Zlatko Zahovic e chegou ao Valencia CF.

No club ché non logra facerse coa titularidade, xa que se atopa por detrás de Ayala e Pellegrino na rotación do equipo, polo que disputa máis dun partido como centrocampista defensivo. No entanto, a súa chegada coincide coa consecución do título de liga 30 anos despois por parte do Valencia CF.

As tempadas seguintes seguen sendo boas, coa consecución dunha nova liga e unha Copa da UEFA, mentres que a participación de Marchena vaise facendo máis importante, ata converterse en titular indiscutible, o que lle serve para alcanzar a internacionalidade absoluta.

Con todo, na tempada 2005–06, o número de partidos disputados por Marchena é inferior debido á explosión de Raúl Albiol, que se converte, xunto a Roberto Ayala, na opción preferida por Quique Sánchez Flores, adestrador do Valencia CF. Aínda así, foi convocado merecidamente pola selección española para disputar o Mundial de Alemaña 2006.

O 19 de decembro de 2007, despois de que o adestrador Ronald Koeman decidise apartar aos capitáns David Albelda, Santiago Cañizares e Miguel Ángel Angulo, Marchena foi designado segundo capitán do Valencia CF. Tras a Eurocopa 2008, onde foi clave na vitoria da selección española, foi elixido polos seus compañeiros como novo capitán do Valencia.

No verán de 2010 asinou un contrato por tres campañas co Villarreal CF.

O 6 de agosto de 2012 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña.

O 2 de setembro de 2013 firmou novamente polo Deportivo.[1]

Selección nacional editar

O seu debut produciuse o 21 de agosto de 2002 nun partido no que España empatou 1-1 con Hungría na cidade de Budapest (Hungría). Marchena disputou o Mundial de 2006 e as Eurocopas de 2004 e 2008. Nesta última xogou de titular en cinco dos seis encontros da selección e proclamouse campión. Ademais foi elixido no Equipo ideal UEFA All-Star.

O 29 de xuño demostrouse o seu valía e "Marchenbauer" (alcume que xurdiu tras as declaracións de Franz Beckenbauer na final da Champions League entre Valencia e Bayern de Múnic en 2001) colaborou xunto aos seus compañeiros a Selección cara á Eurocopa 2008, sendo un dos alicerces básicos na defensa do técnico Luis Aragonés. foi internacional en 54 ocasións e leva 2 goles.

O 30 de maio de 2010, superou a Garrincha como o xogador coa mellor racha de partidos sen perder coa súa selección (50).[2]

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Participacións en Copas do Mundo editar

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2006 Alemaña Oitavos de final
Copa Mundial de Fútbol de 2010 Suráfrica Campión

Participacións en Eurocopas editar

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa de fútbol 2004 Portugal Primeira fase
Eurocopa de fútbol 2008 Austria / Suíza Campión

Participacións en Xogos Olímpicos editar

Eurocopa Sede Resultado
Xogos Olímpicos de Sidney 2000 Sidney Medalla de prata

Palmarés editar

Club editar

Valencia

Selección editar

España

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar