Carlos Llamas Gavilanes, nado en Muelas de los Caballeros (Zamora), en 1954 e finado en Madrid o 4 de outubro de 2007, foi un xornalista español, presentador do programa de radio Hora 25 da Cadena SER durante 15 anos.

Infotaula de personaCarlos Llamas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata
Muelas de los Caballeros, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 2007 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCadena SER Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Creceu no madrileño barrio de Canillejas, en San Blas. Licenciado en Ciencias da Información. En 1979, Llamas entrou na Cadena SER, formándose no Gabinete de Estudos da cadea. Caja Redonda foi o primeiro programa que presentou. En 1983 formou parte do equipo fundador da aventura radiofónica do diario El País, Radio El País. Posteriormente volveu á Cadena SER, dirixindo desde 1989 o informativo de sobremesa Hora 14, substituíndo a Teresa Aranda na dirección, posto no que permaneceu ata 1992, cando se puxo á fronte de Hora 25. Carlos Llamas levou Hora 25 ao liderado na súa franxa horaria.

En 2006 desapareceu do programa sen dar explicacións, sendo substituído por José Antonio Marcos, quen non aclarou os motivos da súa ausencia. O 7 de maio de 2007 regresou a presentar o seu programa, explicando que faltara por mor dun cancro. As súas primeiras palabras foron "Son las diez. Las nueve en Canarias". Aínda que en maio de 2007 incorporouse de novo aos micrófonos, sufriu unha grave recaída, da que xa non se recuperou, falecendo o 4 de outubro de 2007 á idade de 52 anos. Era pai de dous fillos.

Ao longo da súa carreira recibiu varios premios: Premio "Home do Ano" na categoría de Comunicación, outorgado pola revista Cambio 16 en 1995; Premio Ondas de Radio ao Mellor Programa, en 1998, por Hora 25; e o III Premio pola Defensa dos Dereitos e as Liberdades Fundamentais. Ademais foi un gran e orgulloso seguidor do Atlético de Madrid.