Carlos Fernández Santander

xornalista galego

Carlos Fernández Santander, nado na Coruña en 1944, é un periodista, historiador e escritor galego en lingua castelá.

Infotaula de personaCarlos Fernández Santander
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1626590

Traxectoria editar

Fillo de militar, quedou orfo de pai de neno, marchando a estudar a Madrid ao Colexio de Orfos do Exército, onde estivo oito anos. Regresou á Coruña na década de 1960, estudando Naútica e obtendo o título de capitán da Mariña Civil.

Como periodista foi redactor de La Voz de Galicia e colaborou nas revistas Defensa, Historia 16, Naval, Cambio 16, El Ciervo, La Aventura de la Historia e Diario 16. Foi comentarista radiofónico en Antena 3 Galicia e Radiovoz.

No mundo do cinema foi director de documentais, recibindo premios como El Bosco de Oro, o primeiro premio do Festival Internacional de Cala D'Or ou o Gran Premio Castelo d'Ouro (Lisboa). Foi guionista de televisión d' O monacato en Galicia (TVG) e ¿Lembraste? (crónica sentimental del franquismo).

Como historiador centrouse na Guerra Civil e o franquismo en Galiza. Dirixiu a reedición comentada de Galicia Mártir - Episodios del terror blanco en las provincias gallegas, en 2005, publicada como Galicia bajo la bota de Franco. Galicia Mártir[1], publicada en París e Argentina en 1938 co pseudónimo de Hernán Quijano, contando a sublevación militar e a represión nas provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Non se coñece a autoría real tralo pseudónimo de "Hernán Quijano", se ben Fernández fala de Luis Seoane e Manuel Domínguez Benavides[2].

Obra editar

  • El Alzamiento de 1936 en Galicia: datos para una historia de la guerra civil (1982)
  • Los militares en la transición política española (1982)
  • Paracuellos del Jarama: ¿Carrillo culpable? (1983)
  • Antología de cuarenta años (1936-1975) (1983)
  • El almirante Carrero (1985)
  • Tensiones militares durante el franquismo (1985)
  • La persecución de Castelao durante el franquismo (1986)
  • El franquismo y transición política en Galicia (1986)
  • El fútbol durante la guerra civil y el franquismo (1990)
  • El crucero en la Armada española (1993)
  • Bibliografía de la novela de la guerra civil y el franquismo (1996)
  • Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (2000)
  • Casares Quiroga, una pasión republicana (2000)
  • El exilio gallego de la guerra civil (2003)
  • El general Franco: un dictador en un tiempo de infamia (2005)

Premios editar

Obtivo o premio Ejército do Ministerio de Defensa e os premios Wesceslao Fernández Flórez e Julio Camba de periodismo.

Notas editar

  1. Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., edición en castelán de 1949.
  2. Reseña de Galicia bajo la bota de Franco. na web da editorial (en castelán).