Carlomán, fillo de Carlos Martel

Carlomán, nado en 707 e finado o 17 de agosto de 754, foi un mordomo de palacio (soberano) do reino de Austrasia entre 741 e 747. Retirado, fíxose monxe bieito. É venerado como santo pola Igrexa católica.

Infotaula de personaCarlomán, fillo de Carlos Martel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 710 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 754 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Vienne Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Montecassino 41°29′24″N 13°48′50″L / 41.49, 13.8139 Editar o valor em Wikidata
Mordomo de palacio Austrasia
741 – 747
← Carlos MartelDrogo (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino franco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de agosto Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaArnulfianos Editar o valor em Wikidata
FillosDrogo (pt) Traducir, Chrothrudis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos Martel Editar o valor em Wikidata  e Rotruda de Tréveris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBernardo (pt) Traducir, Grifo (pt) Traducir, Pipino o Breve, Remígio de Ruão (pt) Traducir, Jerônimo (pt) Traducir, Hiltruda (pt) Traducir, Auda de França (pt) Traducir e Landrada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Pippinid-17

Biografía editar

Era o fillo máis vello do mordomo de Neustria e Austrasia, Carlos Martel, e de Rotruda (695-724). No 741, á morte do seu pai, herdou Austrasia, Suabia e Turinxia, onde gobernou como mordomo (ou xefe do goberno), sen querer tomar o título de rei. Loitou contra o ducado de Aquitania, os alamáns, os bávaros e os saxóns, aos que derrotou.

Promoveu, influído por San Bonifacio de Fulda, que se puxo baixo a súa protección, entre 742 e 744, unha política de reforma moral dos costumes do clero e de respecto polo patrimonio da Igrexa e as sés episcopais.

En 747, renunciou ao poder e fíxose relixioso. Reuniuse co papa Zacarías I e pediulle poder pasar no estado clerical, e retirouse á abadía beneditina de Montecasino, deixando o poder ao seu irmán Pipino o Breve, cos seus títulos e posesións.[1]

En 751 quixo intervir para impedir a coroación do seu irmán como rei dos francos, pero o papa conseguiu detelo na Provenza e obrigouno a volver a Montecasino. O 753 foi enviado a Francia a unha misión de paz e morreu en Viena do Delfinado o 754. Foi sepultado na abadía de Montecasino.

Descendencia editar

Carlomán tivo un fillo:

  • Drogón (? - can.753), mordomo de palacio de Austrasia, asociado ao seu pai; logo de 747 foi enviado a un mosteiro polo seu tío Pipino o Breve.

Veneración editar

Foi venerado pola Igrexa, e figura como santo en varios martiroloxios antigos. Non tivo un proceso de canonización formal, e outros santorais lístano como beato ou venerábel.

Notas editar

  1. Segundo algúns historiadores, Carlomán retirouse para expiar as culpas das mortes producidas nas guerras onde participara, que foran moi cruentas, especialmente a campaña do 746). Outros sosteñen que Pipino o Breve, coa complicidade do papa, o induciu a esta decisión.