Carl von Linné (fillo)

botánico sueco


Carl von Linné Fillo ou Carolus Linnaeus Filius, tamén coñecido como Carl von Linné o Mozo, nado en Falun, Condado de Dalarna, Suecia, o 20 de xaneiro de 1741, e finado en Uppsala o 1 de novembro de 1783, foi un naturalista sueco, fillo do famoso sistemático de mesmo nome Carl von Linné ou Carolus Linnaeus (17071778).

Infotaula de personaCarl von Linné

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sv) Carl von Linné d.y. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1741 Editar o valor em Wikidata
Falu Kristine church parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1783 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Uppsala Cathedral Assembly, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoença do fígado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Uppsala (pt) Traducir 59°51′29″N 17°38′00″L / 59.8581, 17.6333 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , profesor universitario , micólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoOlof Peter Swartz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaL.f. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaL. f. Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLinné family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarl von Linné Editar o valor em Wikidata  e Sara Elisabeth Moræa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElisabeth Christina von Linné, Sara Christina von Linné (en) Traducir e Lovisa von Linné (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Linnæus-6

Para distinguilo de seu pai, cítase como Linnaeus filius (abreviado en botánica como L. f.).

Traxectoria editar

 
Supplementum Plantarum.

Ingresou na Universidade de Uppsala á idade de nove anos, onde os alumnos do seu pai, entre eles: Pehr Löfling (17291756), Daniel Solander (17331782) e Johann Peter Falck (17321774), lle ensinaron ciencias.

En 1763, aos 22 anos, sucedeu o seu pai na cátedra de medicina práctica en Uppsala. O seu nomeamento como profesor, sen pasar por exames e non defender ningunha tese, valeulle o resentimento dos seus colegas.

A súa obra é modesta, comparada coa do seu pai. A súa obra máis coñecida é Supplementum Plantarum systematis vegetabilium, publicada en 1781, que contén as descricións botánicas de Linné pai e dos seus colegas, aumentada con adicións propias. Distinguiu máis de 2000 especies, subespecies e variedades botánicas.

Herdou de seu pai inmensas coleccións científicas e a correspondencia cos seus colegas.

Cando morreu aos 42 anos, sen fillos, en 1783, dunha ictericia contraída durante unha visita a Londres, a súa nai (Sara Elisabeth Moraea) vendeu as súas coleccións ao botánico inglés Sir James Edward Smith que, seguidamente, as doou á Sociedade Linneana de Londres.

Principais obras editar

Abreviatura editar

A abreviatura L. f. emprégase para recoñecer a Carl von Linné (fillo) como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar