Carl Richard Woese, nado en Siracusa, Nova York, Estados Unidos o 15 de xullo de 1928 e finado en Urbana, Illinois, Estados Unidos o 30 de decembro de 2012,[1] foi un microbiólogo estadounidense.

Infotaula de personaCarl Woese

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Syracuse, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Urbana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaUrbana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - Doutor en filosofía (–1953)
Amherst College (pt) Traducir - grao en Artes (–1950)
Deerfield Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseErnest Pollard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMicrobioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmicrobiólogo , biólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enMicrobioloxía Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaWoese Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Woese-1

Traxectoria editar

Woese foi o creador da nova taxonomía molecular baseada na comparación entre especies da chamada secuencia do ARN ribosomal 16s e 18s que comparten todos os seres vivos do planeta e que apenas sufriu cambios desde a aparición na Terra das primeiras formas de vida microbiolóxicas. As súas análises filoxenéticas en 1977 levárono ao descubrimento dun novo dominio, o das arqueas (Archaea).

A aceptación da validez das arqueas, que son organismos procariotas pero non bacterias, foi un proceso lento. Figuras relevantes como Salvador Luria e Ernst Mayr non estaban de acordo con esta división dos procariotas, aínda que as súas críticas non se reducían ao ámbito científico. Non foi até mediados da década de 1980 cando a crecente cantidade de datos levou á comunidade científica á aceptación do novo dominio.

Woese ingresou na Academia Nacional de Ciencias en 1988, en 1992 recibiu a Medalla Leeuwenhoek, en 2000 a National Medal of Science e en 2003 foi galardoado co premio Crafoord pola Academia sueca de Ciencias.[2][3]

Faleceu o 30 de decembro de 2012 en Urbana, Estados Unidos, aos 84 anos de idade.[1]

Principais publicacións editar

Libros editar

Artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Visionary UI biologist Carl Woese, 84, dies" (en inglés). The News - Gazette. 30 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  2. "Selman A. Waksman Award in Microbiology". National Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  3. Morrison, David (10 de decembro de 2003). "Carl Woese and New Perspectives on Evolution". NASA. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar