Carl Michael Bellman

Carl Michael Bellman, nado en Södermalm (Estocolmo) o 4 de febreiro de 1740 e finado o 11 de febreiro de 1795, foi un poeta sueco. Bellman é unha figura central da canción tradicional sueca e a súa influencia é moi importante na música sueca e na literatura escandinava en xeral.

Carl Michael Bellman
Nacemento4 de febreiro de 1740 e 1740
Lugar de nacementoMaria Magdalena parish
Falecemento11 de febreiro de 1795 e 1795
Lugar de falecementoKlara Church Parish
Causatuberculose
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Uppsala
Ocupaciónpoeta, compositor, escritor e office worker
PaiJohan Arendt Bellman
NaiCatharina Hermonia
CónxuxeLovisa Fredrica Bellman
FillosAdolph Martin Jacob Henric Bellman
Coñecido porFredman's Epistles e Fredman's Songs
PremiosLundblad prize
Na rede
IMDB: nm0069106 Spotify: 6wPS4X1B2rJNBrGJ26Xz0s Musicbrainz: 56550d86-c89a-4811-b81f-ac3ab94a5e9a Discogs: 457539 IMSLP: Category:Bellman,_Carl_Michael WikiTree: Bellman-106 Find a Grave: 8160985 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Casa natal de Bellman en Södermalm (extractada do Nordisk familjebok).

Carl Michael Bellman foi fillo do avogado Johan Arendt Bellman (fillo), secretario do palacio real, e de Catharina Hermonia, filla do pastor luterano Michael Hermonius. Bellman comezou a escribir en 1757, as súas primeiras poesías tiñan carácter relixioso. A partir de 1760 comezou a ser coñecido polas súas cancións de pousada (dryckesvisor) e parodias bíblicas.

En 1770 comezou a traballar no que ía ser Fredmans epistlar, con problemas económicos constantes, a súa situación mellorou despois do golpe de Gustavo III, quen se converteu no seu protector e posibilitou que mellorase a súa situación económica.

Obras editar

As súas obras principais son Fredmans sånger (1791) e Fredmans epistlar (1790), entre as dúas inclúe unhas 150 cancións, a maioría versan sobre o mundo das tabernas e pousadas. Un mestre do ritmo e da rima, cun marabilloso sentido na combinación da letra e da música, que unhas veces collía de pezas musicais contemporáneas e outras eran de creación propia, anovando e arriquecendo a canción tradicional parodiando e renovando os estilos literarios contemporáneos. As letras, celebrando a embriaguez e o pracer sexual conxúgase co amor, a morte e as cualidades do presente, reflicten a vida dos baixos fondos de Estocolmo do século XVIII. Bellman contou co apoio do rei Gustavo III de Suecia, e a súa composición Gustafs skål, converteuse nun himno real informal.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar