Cariclo (esposa de Quirón)

Cariclo foi unha das fillas de Apolo ou, segundo outros mitógrafos, do Titán Océano.

O centauro Quirón educando a Aquiles (fresco de Herculano, século I, no Museo Arqueolóxico Nacional, Nápoles)

Casou co centauro Quirón, un dos escasos exemplos de centauros sabios e bondadosos [1], con quen tivo tres fillas, Hipe (tamén coñecida como Melanipe, que quere dicir "égua negra", ou Euipe, "égua boa"), Endeide e Ociroe, e mais un fillo, Caristo.

Con Quirón, educou a Xasón, Aquiles, Asclepio e máis. Esón, despoxado do trono de Iolco polo seu irmán Pelias, entregou ó seu fillo Xasón ó coidado de Quirón, con quen aprendeu Medicina. Aquiles, sétimo fillo da oceánide Tetis e de Peleo, un rei de Tesalia, tamén foi entregado a Quirón cando a nai abandonou o pai.

Quirón, aínda que naceu inmortal, morrería ó ser ferido accidentalmente por unha das frechas envelenadas de Heracles.

Notas editar

  1. "O máis célebre, asisado e sabio dos centauros" (Grimal, s. v. Quirón).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s.v. Cariclo.