Cardhu, anteriormente coñecido como Cardow, é unha destilería de whisky escocés, situada na área xeográfica de Speyside. O whisky producido, de carácter monovarietal, comercialízase baixo a marca homónima.

Cardhu
Tipodestilaria de whisky
Data de fundación1824
Organización matrizDiageo
EnMoray
PaísReino Unido
57°28′15″N 3°21′25″O / 57.470827777778, -3.356925
Na rede
http://www.undiscoveredscotland.co.uk/knockando/cardow/index.html
editar datos en Wikidata ]

Datos técnicos editar

Fundada en 1824, a destilería pertence na actualidade á multinacional inglesa Diageo, a maior empresa de distribución de bebidas alcólicas do planeta. Está localizada na aldea de Cardow, preto de Archiestown, no concello escocés de Moray, sobre a ribeira do río Spey, que lle dá nome a unha das zonas de maior produción desta bebida no mundo. A vila de Cardow deulle o nome ao whisky ata que se mudou provisionalmente (1893-1908) a Cardhu e definitivamente dende 1981.

A auga empregada é recollida de dous regatos próximos.

A parte máis importante das súas vendas diríxese ao mercado español, baixo a marca Cardhu cun whisky monovarietal, dun so malte. Tamén produce whisky para a marca Johnnie Walker, que o usa mesturado con outros maltes. A produción anual total é de 2 300 000 litros de whisky[1].

Historia editar

A destilería foi fundada por John Cumming, que anteriormente fora un produtor ilegal de whisky, en 1824. Comezado o negocio como industria familiar, a produción era de carácter estacional, xusto despois de cada colleita, e as vendas eran irregulares. En 1885, xa coa empresa nas mans da súa nora Elizabeth Cumming, múdase a outra localización próxima, e os edificios antigos son mercados polo empresario William Grant para fundar Glenfiddich. A nova localización permítelles triplicar a produción, e destinan case todo o seu whisky á firma Johnnie Walker, que o merca para facer whisky polivarietal.

En 1893, este proceso de compra da produción continúase pola compra das instalacións e Johnnie Walker faise coa propiedade, se ben deixa que a familia Cumming siga xestionando o negocio. O negocio continúa ata os nosos días, se ben tivo que sufrir paradas durante a segunda guerra mundial. En 2003 deixou Cardhu de producir o seu tradicional whisky monovarietal, e substituíuno por unha mestura, para facer fronte á demanda de produción. En 2006 recuperou o produto monovarietal.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar