Carboneras é un concello español, situado ao sueste da provincia de Almería. No ano 2005 contaba 7.267 habitantes. Ten unha extensión de 95 km², unha densidade de 76,5 hab/km². É un concello costeiro mediterráneo, a 68 km da cidade de Almería. Os seus principais intereses son unha central térmica, a desalgadora máis grande de Europa, as súas festas de mouros e cristiáns e por un polémico hotel a medio construír na zona de El Algarrobico.

Modelo:Xeografía políticaCarboneras
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°00′02″N 1°53′31″O / 37.0005, -1.8919Coordenadas: 37°00′02″N 1°53′31″O / 37.0005, -1.8919
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Almería Editar o valor em Wikidata
CapitalCarboneras Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.375 (2023) Editar o valor em Wikidata (87,73 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie95,46 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luis Amérigo Fernández (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal04140 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE04032 Editar o valor em Wikidata

Páxina webayuntamientocarboneras.com Editar o valor em Wikidata
Playa de los Muertos, no sur do concello.

Demografía editar

O concello, eminentemente turístico, coñeceu un importante crecemento de poboación na última década. Dende os 6.215 habitantes de 1996, pasou aos 7.508 en 2006 (un 21% de aumento nunha soa década). Iso é debido fundamentalmente á inmigración, ben de traballadores para as importantes industrias do concello, ben de turistas fundamentalmente británicos e alemáns, que escollen a costa almeriense como lugar de residencia durante boa parte do ano.

Xeografía editar

O concello de Carboneras ten un relevo bastante montañoso cara ao interior, cunha altura media de 10 m sobre o nivel do mar malia o seu perímetro costeiro. A zona interior atópase nas inmediacións da Serra Cabrera, unha formación montañosa ao norte do concello. Na costa hai grandes areais, como os urbanos de Carboneras, ou os de El Algarrobico, ao norte e Playa de los Muertos ao sur, cunhas formacións rochosas particulares. Os outros accidentes xeográficos máis importantes son a Mesa de Roldán, unha montaña costeira, o cabo de Media Naranja, e a illa de San Andrés, unha pequena illa fronte ao núcleo urbano.

Unha pequena zona sur do concello, practicamente deshabitada, atópase comprendida dentro dos lindes do Parque Natural Serra de Gata-Níjar.

A localidade principal é Carboneras. Tamén pertencen ao concello os lugares de Argamasón, El Llano de Don Antonio, La Cueva del Pájaro ou El Algarrobico.

O concello limita ao leste co mar Mediterráneo, ao norte cos concellos de Mojácar e Turre, ao oeste co de Sorbas e ao sur co de Níjar.

Historia editar

A primeira referencia histórica de Carboneras é a entrega que en 1559 lle fixo Filipe II de España ao marqués de Carpio coa obriga de construír o castelo de San Andrés. Este é o edificio histórico máis importante da localidade, atópase no centro do núcleo urbano, e serviu o exército castelán na guerra contra os mouriscos durante a revolta das Alpujarras.

Economía editar

 
Costa do concello de norte a sur. En primeiro termo, a praia de El Algarrobico.

O nome de Carboneras procede dunha antiga explotación de carbón na localidade. Dese tipo de extracción mineira cesou, pero continúa existindo unha central térmica da empresa Endesa. Tamén existe unha planta desalgadora da auga mariña, a maior de Europa, e unha importante factoría de cemento.

A industria turística é tamén moi importante. De feito, no termo do concello sitúase o hotel Azata del Sol, un grande complexo de 20 andares e 411 habitacións situado a poucos metros da costa. O hotel quedou a medio construír logo de diversas protestas ecoloxistas e dunha decisión xudicial, e a Xunta de Andalucía anunciou a súa demolición, aínda non producida[1].

Notas editar

  1. Demolición del hotel de El Algarrobico Arquivado 08 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., web de Greenpeace España, 2007