Carballo Tamme-Lauri

árbore senlleira en Estonia

Coordenadas: 57°55′2″N 26°34′36″L / 57.91722, -26.57667

O Carballo de Tamme-Lauri (en estoniano: Tamme-Lauri tamm; en võro: Tammõ-Lauri tamm) é a árbore máis grosa e máis antiga de Estonia e está situada no municipio rural de Antsla, no condado de Võru.[1]

O Carballo Tamme-Lauri

Caracterización editar

 
Detalle do tronco do Carballo Tamme-Lauri

O carballo ten unha altura de 19 metros, a súa circunferencia mide 821 centímetros (medida a 130 centímetros de altura desde o chan).[1][2]

Segundo cálculos dos investigadores, a árbore naceu arredor de 1326.[3]

Historia editar

Este carballo foi alcanzado por raios en varias ocasións, o que danou varias das súas pólas e baleirou o centro do seu tronco, aínda que segue a ser viable. Durante a súa restauración na década de 1970 atopouse dentro del un acocho antigo dos "Irmáns do Bosque" (metsavennad), un movemento de resistencia contra a ocupación soviética, no que podían estar de pé sete persoas. Finalmente, o oco encheuse con oito toneladas de cemento.[4][5]

O carballo goza de protección oficial desde 1939.[1] O terreo onde se atopa foi adquirido polo Ministerio do Ambiente de Estonia en 2006 por 400.000 coroas estonianas.[6]

 
O Carballo Tamme-Lauri no billete de 10 coroas estonianas

A denominación de Carballo Tamme-Lauri vénlle da granxa homónima que, pola súa vez, recibiu o seu nome dun espírito que antigamente se pensaba que habitaba na árbore, portador ás veces de mala sorte e ás veces de boa; era o espírito do lume e o seu nome era Laurits.[5] O Carballo Tamme-Lauri aparece representado nos reversos dos billetes de dez coroas estonianas.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Tamme-Lauri tamm". Keskkonnaregistri avalik teenus.
  2. "Tamme-Lauri tamm". Urvaste Vald.
  3. "Kuningas elab veel 700 aastat". En Eesti Ekspress. 4 de novembro de 2003.
  4. "Tamme-Lauri tamm vahetab omanikku". En Postimees. 5 de setembro de 2006.
  5. 5,0 5,1 "Tamme-Lauri oak". Võrumaa. Southern Estonia.
  6. "Riik maksab hiidtamme eest 400 000 krooni". En Postimees. 15 de novembro de 2006.
  7. "Estonian kroon banknotes Arquivado 01 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Eesti Pank.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar