Carballedo

concello da comarca de Chantada, na provincia de Lugo

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O xentilicio é carballedés.[1]

Modelo:Xeografía políticaCarballedo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°31′51″N 7°48′20″O / 42.5307, -7.8055Coordenadas: 42°31′51″N 7°48′20″O / 42.5307, -7.8055
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalA Barrela Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.080 (2023) Editar o valor em Wikidata (14,9 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie139,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude800 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJulio Yebra-Pimentel Blanco Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Carballedo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27530 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27009 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellocarballedo.info… Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.

É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.

O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.

Demografía editar

Segundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes (2929 no 2006, 3010 no 2005, 3055 no 2004, 3061 no 2003). Segundo o INE en 2016 tiña 2280 habitantes, 1130 mulleres e 1150 homes. En 2017 2266 habitantes, 1125 mulleres, 1141 homes.

Censo total 2014 2401 habitantes
Menores de 15 anos 131 (5,46 %)
Entre 15 e 64 anos 1308 (54,48 %)
Maiores de 65 anos 962 (40,07 %)
Evolución da poboación de Carballedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9804 9116 10 295 4581 3055 2752 2593 2532 2465 2401 2351 2280 2266 2235 2193 2139 2123
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia editar

Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.

Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.

Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.

Cultura editar

Toponimia editar

O topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.[2]

Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.[3]

Galería de imaxes editar

Lugares de Carballedo editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.