Capuchino (café)

bebida de café e leite

Un capuchino[1] (do italiano cappuccino) é un café con leite moi escumoso. A bebida naceu en Italia e prepárase con café expreso e leite montado con vapor para crear a escuma característica. É tamén común esparxerlle por riba da escuma cacao ou canela en po. Por regra xeral a proporción de ingredientes é 125 ml de leite e 25 ml de café. Para conseguir un capuchino perfecto é importante que o café sexa expreso e controlar a temperatura do leite, que non debe superar os 70 °C.

Un capuchino clásico.

A técnica do barista para lle dar volume ao leite é introducindo, por medio de vapor a presión, burbullas de ar miudiñas que lle outorgan a textura cremosa.

Orixe editar

O capuchino toma o seu nome da cor do hábito dos frades capuchinos (cappuccio significa "capucha" ou "carapucha" en italiano), ou se cadra do aspecto da súa tonsura (o pequeno círculo que se rasuraba antigamente no curuto da cabeza dos aspirantes a eclesiásticos). Segundo a lenda, despois da batalla de Viena de 1683, os vieneses prepararon café usando os sacos deixados polos turcos e, para suavizar o seu forte sabor, engadiron crema e mel, obtendo unha cor semellante ao do hábito dos capuchinos. A bebida sempre foi coñecida polo seu nome italiano, xa que a máquina de café expreso coa que normalmente se fai é un invento patentado en 1901 por Luigi Bezzera nese país.[2][3][4]

Consumo editar

Hoxe en día, o capuchino non só é común en Italia senón tamén en todo o mundo. O capuchino estendeuse inicialmente por toda Europa, adquirindo a súa forma definitiva ao redor de 1950, para despois chegar ás Américas. A partir da segunda metade dos anos 90 a bebida é consumida en todo o planeta. En Italia o capuchino bébese exclusivamente no almorzo, a miúdo con bolos, e noutros países tamén se toma ao longo da xornada.

 
Capuchino feito con leite de camelo (camel en idioma inglés), de aí a variación no nome: "camelcino".

O capuchino sérvese nunha cunca de cerámica duns 180 ml, ideal para reter a calor. Nalgúns locais, os baristas expertos crean arte del latte ao verter o leite correctamente cremado ao vapor no café expreso, creando deseños coma por exemplo: mazás, corazóns, follas e rosas.[5]

Notas editar

  1. Nome galego en Vida doméstica. Alimentación. Hostalaría > Alimentación no Buscatermos da USC.
  2. Salah Zaimeche. FSTC Limited, ed. "The Coffee Trail: Origins of the Muslim beverage" (PDF). 
  3. Bob Kummerfeld. "An Espresso Timeline". Universidad de Sídney. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2009. Consultado o 06 de agosto de 2019. 
  4. "Coffee History: Luigi Bezzera, Inventor of the Espresso Machine" (html). 25 de abril de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2018. During the late 19th and early 20th century, Italy's Industrial Revolution was in full force, with big, cranking industries popping up faster than you can say "a-pizza pie." Before long, factory bosses noticed how much more productive their drones after a coffee break. But there was one big downside: The coffee break took too darned long. Each coffee had to be brewed in smallish batches—usually as something similar to what we consider Turkish coffee, with pulverized coffee grounds boiled in water—which could take upwards of five minutes to make and even longer to sip. What to do? Make it faster, of course. One enterprising young Milanese man named Luigi Bezzerra did just what was needed to solve the productivity problem: he built a machine. Specifically, the world's first single-serving espresso machine, patented in 1901—capable of making very concentrated, gulpable drinks in as little as half a minute. 
  5. "El café capuchino". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2020. Consultado o 06 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar