Captura de pantalla

imaxe que reproduce exactamente a pantalla dun dispositivo electrónico

Unha captura de pantalla, ou screenshot en inglés, é a creación dunha imaxe multimedia que reproduce exactamente a pantalla dun dispositivo multimedia, ben ordenador, ben teléfono móbil. Coloquialmente o proceso de realización dunha captura de pantalla denomínase pantallazo.[1]

Captura de pantalla da Wikipedia en inglés, realizada cun teléfono iPhone.

O xeito máis habitual de realizarmos unha captura de pantalla en computadoras é premendo a tecla Imprimir Pantalla (á veces tamén chamada Print Screen, Impr Pant, Imp Pant, ImpPnt ou SysRq PrtSc) sita na parte superior derecita do teclado. Dependendo do sistema operativo ou contorno de escritorio, o proceso da captura pode variar.[2]

Apple editar

MacOS editar

  • Nos sistemas Mac OS, premendo as teclas Command+ Maiús+3 se obtén unha captura de pantalla que se garda no escritorio.[3]
  • Con Command+Opción+ Maiús+3 se garda no portapapeis, e se pode pegar posteriormente nun documento.[3]
  • As mesmas combinacións coa tecla 4 (en lugar de 3) en vez de gardar toda a pantalla, permite seleccionar co rato a parte que interesa.[3]

iOS editar

Nos aparellos que empregan o sistema operativo iOS (iPhone, iPod e iPad) a captura de pantalla realizase premendo á vez o botón de acendido e o botón de inicio.[4]

Microsoft editar

Windows editar

  • En sistemas Microsoft Windows a imaxe almacenase no portapapeis. Polo tanto para obter a captura de pantalla é necesario pegar o contido do portapapeis (nun procesador de textos ou outros programas de ofimática) ou acudir nun editor de imaxes (como Microsoft Paint) para modificalo e gardalo. Deste xeito posteriormente pode ser tratado como un ficheiro independente. Se ademais de premer a tecla Impr Pant prémese a tecla Alt se obtén unha captura da ventá que se atopa activa nese momento no lugar do escritorio completo.
  • En Windows 7, é posible facer capturas de pantalla mediante o programa "Recortes", que está instalado por defecto. Windows 7 dispón tamén da aplicación "Gravación de accións de usuario" (psr)[5] que permite gravar unha captura de pantalla cada vez que o usuario preme un botón do rato.
  • En Windows 8 mellórase a función de captura, premendo as teclas Windows+Impr Pant ou Windows+Pet Sis se obtén unha captura de pantalla que se garda de xeito automático, creando unha carpeta chamada "Screenshots" na carpeta "Imaxes". Onde as capturas tomaran un nome "Captura de pantalla", cunha numeración consecutiva "(#)" e un formato ".png" predeterminados, resultando como nome "Captura de pantalla (#).png".

Windows Phone editar

  • En Windows Phone 8, estea ou non bloqueado o móbil, ten que premerse á vez o botón de acendido/bloqueo e o botón de "Windows". As capturas se gardan no seu tamaño orixinal na aplicación de fotos, dentro do álbum "Imaxes".

Software Libre editar

Linux editar

  • Nos sistemas con contorno KDE ou GNOME, unha pequena ventá nos invita a establecer un nome e un destino para almacenar a imaxe.

Android editar

  • En Android, a partir da versión 3.0 Honeycomb (Sistema Operativo só para tabletas) é posible realizar a captura de pantalla seleccionando a opción na barra inferior, xa desde a versión 4.0 Ice Cream Sandwich realizase premendo os botóns baixar volume e acendido ao mesmo tempo durante un par de segundos (pode variar segundo o dispositivo e a marca).

Notas editar

  1. Lexicoon (ed.). "Pantallazo: definición.". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  2. "¿Cómo capturar un pantallazo en varios sistemas operativos?". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Cómo realizar una captura de pantalla en el Mac" (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  4. "Cómo realizar una captura de pantalla en el iPhone, iPad y iPod touch". Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar