Coñécese como capitulación[1][2] ao convenio en que se estipula a rendición dun exército, praza ou punto fortificado. Denomínase capitulación debido aos capítulos e condicións necesarias para levar a cabo unha rendición.

Napoleón acepta a capitulación dos austríacos en Ulm

A capitulación implica a rendición das forzas derrotadas e a entrega do territorio e as súas posesións aos vencedores a cambio dunha serie de termos. As condicións son acordadas polos líderes e diplomáticos de ambos os bandos e afectan a todos os seus subordinados. Os termos poden ser de carácter relixioso, civil ou militar. As capitulacións sempre adoitan ser máis beneficiosas que a captura e conquista dos asentamentos en disputa xa que evitan perdas nas faccións enfrontadas. Con todo, a rendición significa normalmente unha falta de honor e valentía aos líderes do bando prexudicado polas condicións e por isto só se emprega como último recurso ou por medo á destrución total dunha das partes.

Notas editar