Capela de Santa Eufemia de Ambía

construción relixiosa en Ambía, Baños de Molgas

A capela de Santa Eufemia de Ambía é unha igrexa prerrománica do século X. Pertence á parroquia de Ambía no concello de Baños de Molgas. O muro sur e a fachada leste consérvanse do edificio orixinal. En 1931 a igrexa foi declarada monumento histórico-artístico[1].

Capela de Santa Eufemia de Ambía
Fachada
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa prerrománica
AdvocaciónSanta Eufemia
LocalizaciónAmbía (Baños de Molgas)
Coordenadas42°13′26″N 7°42′20″O / 42.223858, -7.705595Coordenadas: 42°13′26″N 7°42′20″O / 42.223858, -7.705595
Arquitectura
ConstruciónSéculo X
EstiloArquitectura prerrománica
editar datos en Wikidata ]

Datación editar

Preto da capela atopáronse dous bloques de pedra con inscricións dedicatorias en que se leron os nomes Salvator e Eufemia. Interpretáronse como unha evidencia de que a igrexa fora consagrada aos dous patróns e supoñen unha indicación do tempo en que se construíu o templo. Nos séculos IX e X era costume consagrar igrexas a varios santos e asignarlles os seus propios altares.

Arquitectura editar

A capela está construída a partir de bloques de granito de diferentes tamaños, unidos coidadosamente. O interior consta só dunha nave, se ben entre as ábsidas rectangulares aínda se poden ver as particións e os inicios dos arcos de ferradura. A espadana aberta é dun período posterior.

As aberturas das xanelas das ábsidas están deseñadas como xanelas xemelgas e teñen a forma de ocos, con arcos de ferradura. No refacho da xanela central xemelga está gravado un corazón, e no traveseiro sobre o soporte central sitúanse dous arcos de ferradura na pedra.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar