Caneca

recipiente cunha asa para tomar líquidos

Unha caneca[1] é unha variedade de recipiente semellante a un vaso, mais cun saliente chamado "asa". Ao contrario da cunca, que ten a base inferior máis pequena que a abertura superior, a caneca ten xeralmente forma cilíndrica. Diferéncianse das xerras principalmente polo seu menor tamaño e a ausencia de bico.

Unha caneca da Wikipedia.

Función editar

A caneca é un recipiente resistente, destinado para almacenar líquidos en temperaturas elevadas, como café, , chocolate quente ou leite. Hoxe en día é común tamén un tipo de caneca, feita de vidro, destinada principalmente ao consumo de cervexa.

Materiais editar

As canecas son feitas tradicionalmente de cerámica, mais hoxe en día existen canecas de vidro resistente a choques térmicos, de plástico ou de metais, como aceiro e aluminio.

Notas editar

  1. Ver a definición de caneca Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da Real Academia Galega.