Candlebox foi unha banda de rock formada en Seattle no ano 1991. Candlebox apareceu en medio do auxe do grunge e conquistou o seu propio espazo cunha música fortemente influenciada por Led Zeppelin e o rock dos anos 70, pero cun son semellante ao de bandas como Pearl Jam, Soundgarden e Alice in Chains.

Candlebox
OrixeSeattle, Estados Unidos
Período1991 - 2000
2006 - actualidade
Xénero(s)rock alternativo, post-grunge
Selo(s) discográfico(s)Warner, Silent Majority Group
MembrosKevin Martin
Peter Klett
Bardi Martin
Scott Mercado
Antigos membrosDave Krusen
Rob Reddick
Shannon Larkin
Artistas relacionadosThe Gracious Few, The Hiwatts, The Kings Royal, Ugly Kid Joe, Godsmack, Pearl Jam, Lotus Crush, Live, Le Projet, Kevin Martin
Na rede
candleboxrocks.com
IMDB: nm1326547 Facebook: candlebox Twitter: candlebox Instagram: candlebox MySpace: candlebox Youtube: UCy60N7TNmoDh9_XujpQ0Rng TikTok: cboxvox Souncloud: candlebox Spotify: 3R6c2tWDBeYB1GncjLMn9n iTunes: 1093119 Last fm: Candlebox Musicbrainz: 8e9516ba-f417-47dd-a8a5-8998b94553f8 Songkick: 238974 Discogs: 264437 Allmusic: mn0000543595 Deezer: 1985 Genius: Candlebox Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Candlebox formouse en maio de 1991 cando Kevin Martin (voz) e Scott Mercado (batería) resolveron formar a súa propia banda xunto co baixista Perry Alferness. Eles estiveron sen guitarrista ata que un amigo lles suxeriu a Peter Klett. As cousas andaron axiña, Peter trouxo a base para Pull Away, Change, e Don't You, que serían as primeiras composicións da banda. Nos ensaios seguintes, o baixista Perry é despedido e Peter pasa a ensaiar con máis frecuencia ata entrar definitamente na banda en novembro de 1991. No mes seguinte, a banda consegue un baixista definitivo, Bardi Martin, que estudara no mesmo colexio que Kevin Martin. Bardi ensaiou algunhas veces e construíu a liña de baixo de You e Far Behind. Naquela época, a banda aínda non tiña un nome definitivo. Na procura dun nome, eles chegan ata unha canción da banda Midnight Oil, chamada Tin Legs and Tin Mines, onde unha parte da letra dicía boxed in like candles, cun pequeno xogo de palabras, estaba decidido que o nome da banda sería Candlebox.

Nun principio Candlebox tivo algunha dificultade para conseguir destacar na concorrida escena de Seattle. Os espazos para tocar en clubs eran moi disputados. A banda e o seu primeiro representante, Chris Banks, venderon algunhas pertenzas persoais para obteren cartos para gravaren a primeira demo en estudio coa intención de gañaren máis divulgación a partir daquela gravación. Os resultados foron bastante positivos, e deseguida a banda pasou a facer concertos con frecuencia. En pouco tempo, todas as copias dispoñibles da cinta demo vendéronse nas tendas locais e algunhas copias chamaron a atención de representantes de discográficas, que pasaron a asediar a banda.

Esa disputa das discográficas por Candlebox foi moi positiva para a banda, que vía aumentar as oportunidades de gañar exposición, pero por outra banda, xeraba a crítica dalgúns sectores de que Candlebox estaría tentando aproveitarse do grunge, ao seguir o estilo en busca do éxito. Porén os seus integrantes sempre afirmaron en entrevistas que non se consideraban unha banda grunge. Todos os membros de Candlebox eran da rexión de Seattle, en contra de informacións que circularon na prensa da época, que dicían que a banda se formara nos Ánxeles e mudouse para Seattle.

Chegada á fama editar

Aínda en 1992, a banda acabou asinando un contrato coa discográfica Maverick Records (de propiedade de Madonna en sociedade coa Warner Music), e inmediatamente entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum coa axuda do produtor e amigo Kelly Gray. Dúas das cancións da cinta demo entraron no CD, "You" e "Far Behind". O primeiro lanzamento da banda foi o sinxelo "Change" en xuño de 1993, que foi tamén o primeiro videoclip, rodado en Portland. O álbum, autotitulado Candlebox chegou ás tendas en xullo de 1993, recibindo críticas bastante divididas.

No entanto, como Candlebox fora unha das primeiras contratacións da dicográfica Maverick, a banda conseguiu asegurar unha boa divulgación para o seu traballo, e coa axuda do segundo sinxelo, "You", en outubro de 1993, as vendas do disco acadaron as 500.000 copias. Co lanzamento da balada "Far Behind", en febreiro de 1994, Candlebox chegou á súa cima. O álbum gañou disco de platino (1 millón de copias) e o videoclip estivo tres semanas consecutivas no primeiro lugar da MTV.

Foi lanzado outro sinxelo máis do álbum Candlebox, outra balada, "Cover Me", que tamén tivo bastante éxito. En medio deste éxito repentino, Candlebox tocou en xiras con bandas do calibre de Rush e Metallica, á parte de participar no festival Woodstock '94, sendo a única banda do festival que naquel momento estaba entre as dez máis vendidas na listaxe da Billboard. Ao final de 1994, o disco Candlebox chegaba á marca de 3 millóns de copias vendidas.

Co éxito de Candebox a banda estaba ansiosa por progresar, e en abril de 1994 tiña 36 novas cancións para o álbum de continuación. O 3 de outubro de 1995 publicouse o seu segundo disco, Lucy. A pesar de que marcou o comezo do seu declive comercial, Lucy foi certificado ouro grazas a sinxelos como "Simple Lessons" e "Understanding". Dous días despois do seu lanzamento, Candlebox apareceu en Working Class Hero: A Tribute to John Lennon, cunha versión de "Steel and Glass". O batería Scott Mercado deixaría a banda o ano seguinte foi substituído por Dave Krusen, antigo membro de Pearl Jam.

O 21 de xullo de 1998 Candlebox editou o seu terceiro álbum de estudio, Happy Pills. A pesar de ser un regreso ao son sinxelo da súa estrea, o traballo só conseguiu un éxito marxinal. A canción "Glowing Soul" foi tamén gravada para a banda sonora de The Waterboy e incluída a petición de Adam Sandler. Inspirada na película, o tema baséase nun ritmo de Bo Diddley, e foi gravada con equipo antigo.

O seguinte ano sería moi turbulento na carreira da banda. Krusen saíu de Candlebox e foi substituído por Shannon Larkin de Ugly Kid Joe. Bardi Martin tamén marchou para ir á universidade e no seu lugar chegou Rob Redick, antigo membro de Dig. No 2000 Candlebox entrou en hiato. Sedundo Martin, a banda non estaba contenta co seu contrato discográfico e intentou liberarse de Maverick por disolución. O selo considerou que Martin era o único membro restante, pero despois de dous anos de disputas sobre a gravación dun obrigatorio cuarto álbum de Candlebox, Martin rendeuse. No ano 2007 Martin non recibira os seus royalties polas vendas dende o 2001, e non os recibiría ata que gravase un cuarto traballo. Outros membros da banda, porén, si cobraron as súas partes.

Reunión editar

En 2006, Rhino Records planeou editar un recompilatorio de grandes éxitos de Candlebox. Contactaron cos membros da banda e isto levou a que a formación orixinal se reunise por primeira vez en 10 anos. Para promocionar o recompilatorio, Candlebox iniciou unha xira norteamericana dende xullo ata outubro dese ano. Bardi Martin deixou a xira para continuar os seus estudos e foi substituído por Adam Kury. Durante ese tempo a banda comezou a compoñer material novo a pesar de non ter selo.

Despois de varios atrasos, Candlebox editou o seu primeiro álbum en 10 anos, Into the Sun, aparecido o 22 de xullo do 2008 a través de Silent Majority/ILG Records. Foi producido por Ron Aniello (Lifehouse, Barenaked Ladies) e conta con Scott Mercado e Dave Krusen na batería. O primeiro sinxelo, "Stand", lanzouse na radio a mediados de maio e Candlebox comezou unha xira de promoción en xuño.

Membros editar

  • Kevin Martin: voz e guitarra.
  • Peter Klett: guitarra.
  • Bardi Martin: baixo (1991-1999, 2006-).
  • Scott Mercado: batería (1991-1997, 2006-).
  • Dave Krusen: batería (1997-1999).
  • Shannon Larkin: batería (1999-2000).
  • Rob Reddick: baixo (1999-2000).

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Candlebox 1993 Maverick Records
Lucy 1995 Maverick Records
Happy Pills 1998 Maverick Records
Into the Sun 2008 Silent Majority/ILG Records
Love Stories & Other Musings 2012 Audionest/Fontana/Universal
Disappearing in Airports 2016 Pavement Music
Wolves 2021 Pavement Music
The Long Goodbye 2023 Pavement Music