Coordenadas: 42°47′17″N 0°31′40″O / 42.788, -0.52764389

Candanchú é unha estación de esquí e un núcleo de poboación situado no concello de Aísa, na comarca da Xacetania, na provincia de Huesca, dentro da comunidade autónoma de Aragón. O núcleo contaba en 2007 con 107 habitantes.

Vista do mítico tubo da Zapatilla.
Vista de Candanchú desde El Tobazo.

A Estación editar

A estación de esquí foi inaugurada en 1928. Situada no Pireneo Aragonés, xunto ao nacemento do río Aragón; fai fronteira con Francia. Conta con 10 pistas verdes (As de menor pendente), 12 pistas azuis, 19 pistas vermellas, e 12 pistas negras (As de maior pendente). A altura varía dende os 1530 metros, na parte baixa, ata os 2400 metros na parte máis elevada.