Candamu (en castelánCandamo) é un concello de Asturias, sito no centro-oeste da comunidade. Linda polo leste con Les Regueres, polo sur con Grau, polo norte con Illas, Castrillón e Sotu'l Barcu e polo oeste con Pravia e Salas.

Modelo:Xeografía políticaCandamu
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°27′20″N 6°03′24″O / 43.4556, -6.0567Coordenadas: 43°27′20″N 6°03′24″O / 43.4556, -6.0567
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalGrullos Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Grullos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.932 (2023) Editar o valor em Wikidata (26,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie71,97 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Narcea Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Candamo (en) Traducir Editar o valor em WikidataQ113768107 Traducir (2015–2022) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33828 e 33829 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33010 Editar o valor em Wikidata

Sitio webayto-candamo.es Editar o valor em Wikidata

Este concello ten sona tanto pola Cova da Peña como pola súa horta, tendo unha saliente importancia o amorodo, celebrándose na primeira fin de semana de xuño o Festival do morote de Candamu.

Xeografía editar

No ano 2005 a súa poboación era de 2.351 habitantes. O concello ten unha área de 72,07 km². A capital municipal é a vila de Grullos. Outras localidades importantes do concello son San Román, Cueru e Ventosa.

Carece dunha vía principal de comunicación, estando o territorio percorrido por unha complicada rede de estradas, autonómicas e comarcais. Dista 32 km da capital asturiana.

O seu relevo está erosionado de abondo e os picos máis altos superan en pouco os 600 metros, como sucede no Pico Grande con 624 metros e no Pico Pedrouzu de 614 metros. Outras alturas notábeis do concello son o Sollera de 598 metros, as Cruces de 539 metros, e mais a Matiella de 576 metros.

O principal curso fluvial é Nalón cos seus afluentes: Dele, Reguirón e Valle.

A paisaxe, montesía, está marcada por especies foráneas: eucaliptos e piñeiros. No fondo dos vales, a súa vexetación mostra unha maior variedade: freixos, lamigueiros e vimieros.

Historia editar

Candamu e, especialmente, as beiras do río Nalón, conteñen grande riqueza de asentamentos Paleolíticos. Un sitio importante é a cova da Peña de Candamu, descuberta en 1913. Contén o máis importante conxunto de arte rupestre paleolítico no occidente de Asturias. Fican do neolítico restos tumularios nas zonas de Ventosa ou de Valdemora.

Da época castrexa salientan tres lugares: El Castiello en Prahúa, La Pica en Murias e El Castiello en San Tiso.

O período da romanización no deixou pegadas especiais neste concello, circunstancia que contrasta coa abundancia de restos romanos que hai nos municipios lindeiros.

Da Idade Media, cara ao século XI, téñense as primeiras referencias documentais. É no século XII, cando se revela unha organización administrativa moi vinculada aos territorios de Pravia e Gozón.

No século XIII a súa historia administrativa sofre un cambio, pois pasa a integrarse na pobra de Grau, pero mantendo a súa personalidade territorial. Pasados varios séculos, en 1784 inicia unha época de autonomía e afastamento, xurdindo continuos preitos sobre repartimentos e eleccións contra a casa concello de Grau. Non sería, porén, ata 1835, cando a Xunta de Candamu se proclame de feito, corporación independente, aínda que houbo intentos anteriores de independencia infrutuosos. Máis aínda logrando a separación administrativa, Candamu estará, ao longo do século XIX, xunto a Grau por outros vínculos, como foron os gandeiros e agrícolas.

Pese a que non conta cun sector industrial, a súa historia está moi ligada ao movemento obreiro. Na guerra civil española, fixo unha gran defensa para afogar a entrada das columnas galegas. Logo da guerra, a instalación da zona industrial no centro da rexión, fixo que Candamu seguira a basear a súa economía na tradición agrícola.

 
Casa do Concello.

Política editar

No concello de Candamu, desde 1979, o partido que máis tempo gobernou foi o PSOE.

Parroquias editar

O concello de Candamu está dividido en 11 parroquias. Son as seguintes: Aces, Cueiru, Fenoyeda, Grullos, Llameiru, Murias, Praúa, San Román, San Tisu, El Valle e Ventosa.

Demografía e hábitat editar

Este concello, tivo un aumento de poboación nas dúas primeiras décadas do século XX, alcanzando os 5.618 habitantes en 1920, ao que seguiría un descenso que non parou até a metade do XX, comezando en 1960 unha nova aceleración de saída de emigrantes para as zonas industrializadas do centro de Asturias, en especial cara Avilés, en razón da súa proximidade.

O poboamento é o típico dos vales de monte, con pequenos núcleos de poboación, atopándose a maior concentración na Veiga do Nalón. Pero se trata dunha poboación envellecida, xa que as persoas maiores de 60 anos forman unha terceira parte do total da poboación, e os menores de 20 anos non chegan nin ao 21% do total do concello.

Economía editar

A economía baséase na tradición agraria e gandeira, especializándose a gandería nas razas vacúas frisoa e asturiana. Candamu é famoso pola calidade dos seus amorodos, que obtiveron, hai pouco, a denominación de orixe.

O sector industrial ten escasa importancia, mais por contra, nos últimos anos está a desenvolverse unha rede de turismo e servizos arredor do Nalón, con restaurantes, hoteis e atraccións de deporte rural, acuático e de monte.

Arte editar

A mostra artística máis importante do concello é a Cova da Peña, na que apareceron pinturas rupestres. Houbo igrexas prerrománicas e románicas, como Santa María de Murias e San Tisu ou Santiago de Aces, que non chegaron ata hoxe. Si se conservan casas e pazos como son:

  • O Palacio de Valdés Bazán, do século XVII, reformado no XVIII. É Monumento Histórico-Artístico. É de planta rectangular cun corpo e dous andares. A fachada principal sen decoración, pero amosa dous escudos intercalados entre os vans; outramente a fachada posterior ten unha rica arquería, que se estende polas dúas alturas. Na galería da planta baixa, os arcos descansan sobre fortes piares. Na planta alta, os arcos descansan sobre columnas máis finas, transmitindo idea de maior lixeireza; estes arcos son desiguais e carecen de capitel.
  • A Casa de la Torre, da que só que se mantén en pé os muros, destruíndose o resto por mor dun incendio. É de tres alturas con planta rectangular. A porta principal ten un arco de medio punto. As fachadas posúen xanelas, pero todas con deseños diferentes: rectangulares, cadradas, con arcos de medio punto.
  • O palacio de Cañedo, con tres plantas. Na baixa está a porta principal con dúas xanelas simétricas. Na primeira planta ten o balcón principal e á dereita o escudo de armas. Na segunda planta, hai unha longa galería aberta, con forxados de metal. O edificio loce un grande beiril de madeira. O palacio forma parte dun conxunto, no que hai unha capela, unha torre, cortes de gando e mais a vivenda da familia dos caseiros.
  • O palacio dos Casares, está en San Tiso. É de planta rectangular e dous pisos. Na altura superior hai balcóns, cun no medio dobre, co escudo dos Alonso de Casares.

Festas editar

  • En maio: a Xira d'El Campu Degollada, gran romaría, no derradeiro domingo do mes.
  • En xuño: o primeiro domingo Festival da fresa de Candamu en Grullos. Os días 8 e 9 é San Xoán en Ventosa. O 29, a Xira, romaría na ermida de San Pedro, en Magón.
  • En agosto: numerosas festas: o día 5 as Nieves en La Mortera. Os días 9 e 10 San Lourenzo en San Román. O día 12, La Derrota en San Tisu. O día 15, Santa Mariña en Llameiru. Os días 22 e 23, San Bartolomeu en Grullos. O día 24, Santo Agostiño en Murias.
  • En setembro: La Nuesa Señora d'Agüera e el Valle.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar