Cancioneiro Geral

compilación de poesía de 1516

O Cancioneiro Geral ou Cancioneiro de Resende, publicado en 1516, é unha compilación de poemas de poesía palaciana reunida polo escritor eborense Garcia de Resende que inclúe obras dos séculos XV e XVI.

Cancioneiro Geral
Autor/aGarcia de Resende
Lingualingua castelá e lingua portuguesa
Data de pub.1516
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Cancioneiro Geral: cum preuilegio/ foy ordenado e eme[n]dado por Garcia de Resende fidalguo da casa de Rey nosso señor e escriuam da fazenda do principe, Lisboa, Hernãn de Cãmpos, 1516

Os poemas, escritos na súa maioría en portugués mais tamén en castelán, versan sobre os máis variados temas. Foi a primeira colectánea de poesía impresa en Portugal e o principal repositório de poesía portuguesa da época.[1] É unha boa representación da Escola Castelán-Portuguesa.[2]

O Cancioneiro segue os modelos de compilacións de poemas casteláns realizados anteriormente, como o Cancioneiro de Baena de 1445 e o Cancioneiro Geral de Hernando del Castillo, publicado en 1511.[3] Garcia de Resende (c.1470-1536), que era poeta, cronista e cortesán na corte de D. Manuel I, reuniu un conxunto de case mil poemas de 286 autores, dos cales uns 150 están escritos en castelán e o resto en portugués.[3] O período de produción dos poemas abrangue desde a metade do século XV até o inicio do século XVI.[4] Ao contrario do cancioneiro castelán de 1511, os poemas da obra portuguesa non están ordenados por temas.[5]

A obra de Resende foi publicada por primeira vez en 1516, no taller de Hermão de Campos, e está dedicada ao príncipe João, futuro João III de Portugal[4]. Os temas revelan unha poesía de carácter palaciano, sobre o día a día na corte, alén doutras de temática relixiosa, amorosa, elexíaca, alén dalgunhas tentativas de poesía épica.[4] Ao contrario da época trobadoresca, cando a poesía era pensada para ser cantada e bailada, os poemas do Cancioneiro son autónomos, e o ritmo é conseguido pola sonoridade das palabras e pola organización en versos e estrofas.[3]

Entre os moitos autores inclúense João Roiz de Castel-Branco, Sá de Miranda, Bernardim Ribeiro e o propio Garcia de Resende.

Sobre a presenza galega no Cancioneiro, segundo Isabel Morán "Os autores teñen como referencia os Cancioneiros Galego-Portugueses. E aínda que non hai galegos entre os compositores, hai motivos galegos de enorme interese... O tratamento dos amores da galega Inés de Castro, que comezan a cobrar forza como asunto literario preferente, e que aborda o propio Resende; a mifiticación de Macías o Namorado ou de Juan Rodríguez del Padrón, ou a presencia do Camiño de Santiago".[6]

Notas editar

  1. "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt. Consultado o 2020-03-22. 
  2. "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2020-03-22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Massaud, Moisés (1999). A literatura portuguesa. Editora Cultrix. ISBN 8531602319. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Fernandes, Geraldo Augusto (Jan-Jul 2010). "Da necessidade - e do prazer - em se estudar o Cancioneiro Geral de Garcia de Resende". Alétheia (Vol 1). ISSN 1983-2087. 
  5. Osório, Jorge (2005). "Do Cancioneiro "ordenado e emendado" por Garcia de Resende". Revista da Faculdade de Letras (II Série, vol. XXII). 
  6. "«No século XV a poesía xa se usaba con fins políticos»". La Voz de Galicia. 2002-02-11. Consultado o 2020-03-22. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Morán Cabanas, Mª. Isabel (2001). Traje, gentileza e poesia. O campo semântico do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende. Lisboa: Estampa.
  • Morán Cabanas, Mª. Isabel (2002). Festa, Teatralidade e Escrita. Esboços Teatrais no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende. Universidade da Coruña. Biblioteca-Arquivo teatral Francisco Pillado Mayor. ISBN 978-8497490559.
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Oporto.

Ligazóns externas editar