Camposancos, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

San Cristovo de Camposancos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 92 habitantes (52 mulleres e 40 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Camposancos
Igrexa de San Cristovo de Camposancos.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′19″N 8°08′39″O / 42.75519833, -8.14419444Coordenadas: 42°45′19″N 8°08′39″O / 42.75519833, -8.14419444
Área1,2 km²
Poboación92 hab. (2011)
Densidade76,67 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Na Goleta celebrábase unha feira os 10 de cada mes.

Patrimonio editar

A igrexa de San Cristovo de Camposancos é de estilo románico rural. Ten unha ábsida semicircular e unha singular estrutura do seu arco interior, apoiado en piares saíntes e non en columnas.

O castro da Goleta está na aba do monte Carrio. O castro confórmase a partir dun recinto de forma ovalada e un segundo recinto, polo leste, perceptible só en parte. A coroa ten un eixo maior de orientación E-O que mide uns 95 m no exterior e uns 55 m no interior. No eixo N-S a estrutura mide 80 m ao exterior e uns 50 m no interior. O recinto está defendido por un parapeto que levanta entre 5 e 8 m de altura. As súas características son difíciles de determinar no campo por mor da vexetación, pero segundo o plano topográfico e o modelo dixital do terreo (extraído dos datos LIDAR), parece ter de media uns 5 m de ancho e chega a levantar uns 4 m.[2]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Camposancos editar

Lugares da parroquia de Camposancos no concello de Lalín (Pontevedra)

Camposancos | Chares de Outeiro | A Goleta

Parroquias de Lalín editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar