Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018

O Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018 ou EuroHockey 2018, foi a 53ª edición do Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino. A competición disputouse na cidade galega da Coruña, que acolleu o torneo por primeira vez, logo de ter organizado o Campionato do Mundo en dúas ocasións (1972 e 1988). Aínda que foi a novena vez que España acolleu o campionato, foi a primeira que se organizou en Galiza.[a][1] O campionato comezou o 14 de xullo de 2018 coa cerimonia de inuguración e o partido que disputaron as seleccións de España e Inglaterra, e finalizou o 22 de xullo coa disputa da final. Por primeira vez, o Campionato de Europa serviu de clasificación para o Campionato do Mundo de 2019 que se celebrará en Barcelona.

Modelo:Competición deportivaCampionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018
TipoCampionato de Europa de hóckey patíns masculino Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor em Wikidata
Número de participantes11 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.38Coordenadas: 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.38 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo14 de xullo de 2018 – 22 de xullo de 2018 Editar o valor em Wikidata
Número de edición53  (2018) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos40 Editar o valor em Wikidata
Goles455 Editar o valor em Wikidata

2020Editar o valor em Wikidata

Nesta edición participaron un total de 11 equipos, tres máis que na edición anterior. Admais dos oito equipos que participaron o torneo en 2016, esta edición viu o regreso dos combinados de Andorra, Bélxica e os Países Baixos. Disputáronse un total de 40 partidos nos oito días de competición, o que converteu esta edición na máis longa da historia.[2]

A selección portuguesa defendeu o título conquistado na edición precedente disputada en Oliveira de Azeméis en 2016.[3] Finalmente, a selección española conseguiu alzar o seu 17º título continental logo de derrotar por seis goles a tres ao conxunto portugués.[4]

Organización editar

Elección da sede editar

 
O Palacio de María Pita acolleu a presentación do campionato.

Inicialmente o campionato ía ser organizado por Italia, mais a improvisación da federación italiana na organización do evento, que fora atrasando a data por coincidir co Mundial de Fútbol de 2018 e que non designara unha sede a cinco meses do inicio do campionato, fixo que finalmente a federación italiana rexeitase a organización do campionato o último día do mes de xaneiro, e que a CERS decidise outorgar a organización do torneo á federación española.[5][6] As dificultades da organización do evento por parte da federación italiana viñeron da negativa da cidade de Viareggio de acoller a competición de seleccións programada entre os días 15 e 21 de xullo, e a imposibilidade de realizalo no pavillón de Forte dei Marmi.[7]

O 7 de febreiro de 2018, o presidente da Real Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, declaraba na Radio Galega a intención de que a cidade herculina acollese o torneo: "O interese primordial da Federación é que o Europeo de hóckey sexa na Coruña". O día seguinte, o xornal coruñés La Opinión publicaba que a Federación Galega de Patinaxe confirmaba a elección da cidade herculina como sede do Campionato de Europa masculino de hóckey a patíns, asegurando que á espera da sinatura, todos os acordos estaban pechados.[8] Con todo, medios portugueses apuntaban a que a cidade catalá de Reus estaría tamén interesada na organización do evento.[5][9] Finalmente, o 27 de febreiro o Comité Europeo de Hóckey a Patíns (CERH) deu a coñecer a elección da cidade da Coruña para acoller a 53ª edición do Campionato de Europa en categoría masculina. No comunicado sinalábanse como posibles datas para o seu inicio o 15 ou 16 de xullo dese ano, e o 21 ou 22 de xullo como data do final da competición.[10]

O mércores 6 de xuño comezou a campaña de venda de abonos para o 53º Campionato de Europa de hóckey a patíns. O bono adulto para todos os partidos do campionato tivo un prezo de 60 euros, mentres que o prezo do abono reducido para menores de 12 anos foi de 30 euros. Ademais puidéronse adquirir entradas para cada unha das xornadas a un prezo de 10 Euros, coa excepción das dúas últimas xornadas de competición, nas que o prezo das entradas ascendeu a 25 euros. A venda anticipada de entradas e bonos realizouse polo sitio web Ataquilla.com da entidade bancaria ABANCA, patrocinadora do EuroHockey 2018.[11][12]

O 14 de xuño ás 12:00 h realizouse a presentación do Campionato de Europa masculino na sala de prensa do Palacio de María Pita nun acto que contou coa presenza de José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, o presidente do CERH Fernando Graça, o presidente da Real Federación Española de Patinaje Carmelo Paniagua e o presidente da Federación Galega de Patinaxe Vicente Torres.[13][14]

Cerimonias de inauguración e clausura editar

O venres 14 de xuño ás 19:00 h tivo lugar a cerimonia de inauguración do campionato no Pazo dos Deportes de Riazor. No acto realizouse a presentación das once seleccións participantes da man do C. P. A. Maxia da Coruña, cuxas patinadoras e patinadores realizaron unha coreografía exclusiva para cada unha delas. Posteriormente desfilaron todas as seleccións, coa excepción da suíza, antes de dar paso aos discursos das autoridades:[15]

  • José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.
  • Carmelo Paniagua, presidente da Real Federación Española de Patinaje.
  • Ignacio González, vicepresidente da Real Federación Española de Patinaje.

Estiveron tamén presentes o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres, e o presidente do Comité Europeo de Hóckey a Patíns (CERH), Fernando Graça, amais de varios membros do Comité Europeo de Hóckey Patíns como Cesare Ariatti, Lluís Ferrer, Luís Rei, Ricardo Oliveira e Susana Pandavenes.[15]

Logo da final, tivo lugar a cerimonia de entrega de medallas e a cerimonia de clausura do campionato co desfile de bandeiras dos once países participantes, que de novo correu a cargo das patinadoras e patinadores do C. P. A. Maxia, e contou tamén coa actuación da Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense.[16] Ademais durante o descanso da final tivo lugar un espectáculo da man da propia Banda de Gaitas da Deputación de Ourense xunto a unha selección de patinadoras e patinadores galegos entre os que se atopaban os campións de Europa Unai Cereijo e Nadia Iglesias.[17]

Sede editar

 
Exterior do Pazo dos Deportes de Riazor.
Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

Todos os partidos da fase de grupos e da fase final celebráronse no Pazo dos Deportes de Riazor, pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros, e que é o fogar do principal equipo de hóckey a patíns da cidade herculina e de Galiza, o Hockey Club Liceo.[18][19] A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 , baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[6][20] e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.[21]

Esta foi a terceira ocasión na que o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu unha competición internacional de seleccións absolutas de hóckey a patíns, logo de ter acollido dúas veces o Campionato do Mundo, en 1972 e 1988.[5]

Sistema de competición editar

O Campionato de Europa de hóckey a patíns 2018 constou de dúas fases: unha fase de grupos e unha fase final eliminatoria.

Na primeira fase os 11 equipos participantes repartíronse en dous grupos: o Grupo A, formado por cinco equipos (Andorra, Austria, Francia, Portugal e Suíza), e o Grupo B, integrado por seis seleccións (Alemaña, Bélxica, España, Inglaterra, Italia e os Países Baixos). Nesta primeira fase, que se disputou entre os días 14 e 19 de xullo, os equipos de cada grupo enfrontáronse todos contra todos.[22] O sistema de puntuación para a clasificación dos grupos foi o seguinte: 3 puntos a vitoria, 1 punto o empate e 0 puntos a derrota.

Na segunda parte todos os equipos foron divididos de novo en dous grupos atendendo á súa clasificación na fase de grupos, de xeito que os catro primeiros equipos de cada un dos grupos se clasificou para os cuartos de final e disputaron tres eliminatorias consecutivas para determinar a súa clasificación final no campionato, mentres que os tres equipos restantes disputaron unha liguiña na que se enfrontaron de novo todos contra todos a unha única volta para determinar a súa posición final no campionato.[22]

O día 14 de xullo cada combinado nacional, con excepción da selección anfitrioa, dispuxo dunha sesión de adestramento e adaptación á pista de xogo de media hora segundo o seguinte horario:[22]

Equipo Hora Equipo Hora
Inglaterra 10:00 h Francia 15:00
Países Baixos 10:30 h Suíza 15:30 h
Andorra 11:00 h Alemaña 16:00 h
Austria 11:30 h Italia 16:30 h
Bélxica 12:00 h Portugal 17:00

Equipos editar

Nesta edición participaron un total de once equipos, a participación máis elevada dende a edición de 1994 celebrada en Funchal (Portugal), e a sexta da historia.[23] Se ben nun principio eran doce as seleccións inscritas e que tomarían parte na competición, finalmente a selección de Israel non participou ao non atopar apoio financeiro para garantir a súa presenza na cidade herculina.[24]

Por primeira vez, o Campionato de Europa serviu de clasificación para o Campionato do Mundo de 2019 que se celebrará en Barcelona dentro dos World Roller Games. Tan só os catro primeiros clasificados do Europeo se clasificarían para a cita mundialista na cidade condal.[25]

Nesta edición salientou o regreso de tres seleccións que non estiveron presentes na edición precedente disputada en Oliveira de Azeméis: Andorra, Bélxica e os Países Baixos. A selección belga regresaba a un Campionato de Europa logo da súa última participación na edición de 1996 disputada en Salsomaggiore (Italia).[26]

Os once equipos participantes foron os seguintes:

País Clasificación
mundial[27]
Participacións Última
participación
Mellores resultados
  Alemaña 49ª 2016 Subcampión (1932, 1934)
  Andorra 34ª 2006 8º posto (1992, 2006)
  Austria 19ª 2016 8º posto (2010, 2016)
  Bélxica N/A [b] 39ª 1996 Subcampión (1947)
  España 40ª 2016 Campión (1951, 1954, 1955, 1957, 1969, 1979, 1981, 1983, 1985, 2000, 2002, 2004, 2006, 2008, 2010, 2012)
  Francia 52ª 2016 Subcampión (1926, 1927, 1928, 1930, 1931)
  Inglaterra 18ª 52ª 2016 Campión (1926, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1932, 1934, 1936, 1937, 1938, 1939)
  Italia 51ª 2016 Campión (1953, 1990, 2014)
  Países Baixos 22ª 33ª 2008 3º posto (1963, 1967, 1969, 1981)
  Portugal 48ª 2016 Campión (1947, 1948, 1949, 1950, 1952, 1956, 1959, 1961, 1963, 1965, 1967, 1971, 1973, 1975, 1977, 1987, 1992, 1994, 1996, 1998, 2016 )
  Suíza 11ª 53ª 2016 Subcampión (1937, 2006)

Cadros de xogadores editar

Alemaña

O 8 de xuño de 2018 o comité alemán de hóckey a patíns fixo pública na súa páxina web unha lista de 19 preseleccionados para participar nos adestramentos da selección alemá, dirixida polo español Jordi Molet, que tiveron lugar nas localidades de Cronenberg e Iserlohn. A tardanza na elección da sede e as datas do campionato motivaron varias baixas no equipo alemán.[28] A lista inicial de 19 xogadores reduciuse finalmente a un cadro de oito xogadores e dous porteiros. A listaxe definitiva de seleccionados foi anunciada por Molet o 23 de xuño,[29] a lesión de Patrick Glowka (ERG Iserlohn), fixo que o capitán do equipo alemán no campionato fose o dianteiro do SK Germania Herringen Lucas Karschau, xogador do combinado alemán sénior dende 2011.[30] O equipo, cuxo obxectivo era estar entre os catro primeiros clasificados para disputar os World Roller Games,[28] mesturou xogadores experimentados con tres xogadores de categoría júnior, algúns dos cales, como Daniel Strieder, xa con experiencia no equipo sénior.[29] O día 11 de xullo a selección alemá partiu a terras galegas para disputar o EuroHockey 2018, e o 13 disputou un partido amigable fronte ao equipo sénior do Compañía de María.[28][31] O combinado alemán estivo integrado por dez xogadores cunha media de idade de 22,87 anos; a maioría deles xogaron na tempada 2017-18 na OK Liga, coa excepción de Mats Zilken, que esa tempada militou no Hoquei Club Alpicat da Primeira División Española, segunda categoría do hóckey a patíns español. O club máis representado foi o SK Germania Herringen, campión da Bundesliga ese ano. Os dez xogadores seleccionados por Jordi Molet foron os seguintes:[29][32]

Alemaña
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Tobias Wahlen POR 21 de xuño de 1991 27   Walsum
2 Lucas Karschau (C) DIA 21 de abril de 1993 25   Herringen
3 Liam-Gunther Hages DEF/MED 18 de xaneiro de 1990 28   Herringen
4 Nils Hilbertz DEF/MED 25 de setembro de 1993 25   Iserlohn
5 Alexander Ober DIA 11 de marzo de 2000 18   Remscheid
6 Max Thiel DEF/MED 21 de marzo de 2000 18   Cronenberg
7 Mats Zilken DEF/MED 14 de agosto de 1992 25   Alpicat
8 Robin Schultz DIA 26 de xuño de 1993 25   Herringen
9 Daniel Strieder DIA 6 de maio de 1998 20   Remscheid
10 Timo Tegethoff POR 22 de xullo de 1993 25   Herringen
Corpo técnico
Adestrador Jordi Molet
Auxiliar Juan Pablo Rodríguez
Delegado Sascha Schildberg
Masaxista Nadine Schlesinger
Encargado do material Jorge del Campo
Andorra

Andorra regresou a unha competición absoluta de seleccións dez anos despois. O seleccionador, o español Climent Muñoz Padrós, reuniu un grupo de xogadores novos que debutaron nunha alta competición de seleccións. O equipo andorrano realizou a súa preparación en distintos pavillóns de Cataluña. A selección de Andorra partiu o día 13 de xullo á cidade herculina.[33] O grupo de xogadores seleccionados por Climente Muñoz Padrós tivo como núcleo os xogadores do Andorra HC (oito dos dez convocados), e contou coa presenza do xogador do Igualada da OK Liga Gerard Miquel Solé, e de Llorenc Miquel Solé do Thiene da Serie A1 italiana. Cunha media de idade de 18,78 anos, Andorra foi a selección máis nova do campionato. Os dez xogadores de Andorra no campionato foron os seguintes:[34]

Andorra
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Carlos de Sousa POR 12 de maio de 1998 20   Andorra
2 Anton Borrell DEF/MED 16 de novembro de 1998 19   Andorra
3 Adria Antequera DEF/MED 18 de agosto de 1998 19   Andorra
4 Gerard Miquel Solé (C) DIA 8 de decembro de 1997 20   Igualada
5 Marc Pallares DIA 6 de marzo de 1998 20   Andorra
6 Oriol Antequera DEF/MED 26 de marzo de 1997 21   Andorra
7 Llorenc Miquel Solé DIA 8 de decembro de 1997 20   Thiene
8 Nil Dilme DIA 31 de xullo de 2001 16   Andorra
9 Arnau Dilme DEF/MED 2 de maio de 1998 20   Andorra
10 Roger Xicola POR 18 de xuño de 2001 17   Andorra
Corpo técnico
Adestrador Climent Muñoz
Delegado Juan Sebastián
Masaxista Oriol Bonell
Austria

O equipo austríaco dirixido polo portugués João Nuno Meireles estivo integrado por oito xogadores e dous porteiros. Todos os xogadores seleccionados formaban parte do Dornbirn (seis xogadores) e o Wolfurt (4 xogadores), campión e subcampión do campionato austríaco respectivamente. Entre os integrantes do equipo encontrábase o porteiro Elias Rohner, que cos seus 16 anos e 176 días foi o xogador máis novo desta edición do Campionato de Europa. A idade media do equipo foi de 22,37 anos.[35]

Austria
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Elias Rohner POR 19 de xaneiro de 2002 16   Wolfurt
2 Roche Brunner (C) DEF/MED 9 de setembro de 1995 23   Dornbirn
3 Aurel Zehrer DEF/MED 20 de outubro de 1995 23   Wolfurt
4 Stefan Sahler DEF/MED 19 de setembro de 1995 23   Dornbirn
5 Kilian Hagspiel DIA 7 de setembro de 1999 19   Dornbirn
6 Jonas Fässler DIA 18 de agosto de 2001 17   Dornbirn
7 Jean-Carlos Theurer DEF/MED 6 de novembro de 1992 26   Wolfurt
8 Thomas Kessler DIA 30 de marzo de 1986 32   Dornbirn
9 Sebastian Mostogl DIA 23 de xaneiro de 1999 19   Dornbirn
10 Roman Mohr POR 7 de marzo de 1984 24   Wolfurt
Corpo técnico
Adestrador João Nuno Meireles
Auxiliar Dave Brunner
Delegado Peter Lampert
Delegado Thomas Simcic
Encargado do material Dominique Kaul
Bélxica

A selección belga regresaba en 2018 a unha competición internacional de seleccións logo de 22 anos, e cun grupo de xogadores que tiveron que pagarse eles mesmos o desprazamento á Coruña.[36] O equipo que presentou Bélxica foi moi veterán, cunha idade media de 33,5 anos, un sistema de xogo anticuado, e que non puido dispoñer do seu porteiro titular, que se perdeu a cita continental por lesión.[37][38] O combinado belga, dirixido polo técnico neerlandés Tonny van den Dungen contou coa presenza de tres xogadores do SC Bison Calenberg da Bundesliga alemá, entre eles o portugués Sérgio Rita, ao que acompañaron os seus dous compatriotas Marco Migueis e Nuno Rilhas. Tamén salientou a presenza no equipo de Serge Berthels, que con 52 anos foi o xogador máis vello en disputar un Campionato de Europa de hóckey a patíns, superando o porteiro inglés Eddy Revill, que xogou o EuroHockey 2016 con 48 anos.[39] O grupo de xogadores que conformaron o equipo de Bélxica foi o seguinte:[38]

Bélxica
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Damy Mertens POR 13 de novembro de 1987 30   Bison Calenberg
2 Geert Rombouts DEF/MED 28 de marzo de 1987 31   Modern
3 Dennis Peustjens DEF/MED 12 de agosto de 1987 30   Modern
4 Nuno Rilhas DEF/MED 18 de abril de 1973 45   Walsum
5 Serge Berthels DIA 25 de setembro de 1965 52   Rolta Leuven
6 Marco Migueis DIA 28 de xullo de 1983 34   Roubaix
7 Joeri Mertens (C) DIA 6 de xuño de 1984 34   Bison Calenberg
8 Liam Machielse DIA 24 de xuño de 1996 22
9 Sérgio Rita DIA 2 de marzo de 1998 20   Bison Calenberg
10 Toony Adriaenssens POR 25 de decembro de 1995 22   Modern
Corpo técnico
Adestrador Tonny van den Dungen
Auxiliar Milan Brandt
Delegado Jofre Bosh
Delegado Dennis van Vlierberghe
Doutora Heidi Verhoeven
Masaxista Lauren de Pooter
Encargado do material Annemie Guns
España

O 28 de maio o sitio web da Real Federación Española de Patinaje fixo pública a lista dos 13 xogadores preseleccionados polo adestrador da selección española, o arxentino Alejandro Domínguez; na lista figuraban tres galegos: Eduard Lamas e César Carballeira do Hockey Club Liceo da Coruña, e Ignacio Alabart do Futbol Club Barcelona. O cadro de Domínguez comezou a preparación do campionato no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat o 4 de xuño.[40] Como parte da preparación para o campionato, o 1 de xullo o combinado español disputou un partido amigable fronte á outra gran favorita ao título continental, Portugal, que serviu como homenaxe ao expresidente das federacións española e galega Enrique García-Raposo Sánchez. O partido disputado no Pazo dos Deportes de Riazor finalizou cun empate a dous goles; este foi o primeiro e único partido de preparación do equipo español.[41] O 6 de xullo o seleccionador español fixo oficial a lista dos dez xogadores que disputarían o EuroHockey da Coruña; na convocatoria final figuraban os galegos Lamas e Alabart.[42] O martes 10 de xullo a selección española puxo punto e final á súa preparación, e ao día seguinte desprazouse á cidade herculina, onde foi presentada no salón de plenos do Palacio de María Pita o 13 de xullo nun acto no que estiveron presentes Xulio Ferreiro, alcalde da cidade, e José Manuel Sande, concelleiro de Culturas e Deportes.[43][44] O combinado español estivo integrado por dez xogadores cunha media de idade de 28,16 anos. A maioría deles xogaron na tempada 2017-18 na OK Liga e dous no Benfica e no Sporting Clube de Portugal do Campionato Portugués. Os dez xogadores seleccionados foron os seguintes:[45]

España
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Xavier Malián POR 9 de setembro de 1989 28   Liceo
2 Nil Roca DEF/MED 28 de setembro de 1997 19   Noia
3 Albert Casanovas DEF/MED 26 de abril de 1985 33   Reus
4 Ferran Font DEF/MED 12 de novembro de 1996 21   Sporting
5 Ignacio Alabart DEF/MED 9 de abril de 1996 22   Barcelona
6 Edu Lamas DEF/MED 16 de decembro de 1990 27   Liceo
7 Jordi Adroher DIA 22 de novembro de 1984 33   Benfica
8 Pau Bargalló (C) DIA 11 de xaneiro de 1994 24   Barcelona
9 Raul Marín DIA 15 de outubro de 1986 31   Reus
10 Sergi Fernández POR 25 de febreiro de 1985 33   Barcelona
Corpo técnico
Adestrador Alejandro Domínguez
Auxiliar Ricardo Ares
Auxiliar Francisco González
Delegado José Luis Huelves
Doutor Jesús Bernardo
Doutor Bernat de Pablo
Masaxista Eduardo Romero
Masaxista Eduardo Vendrell
Encargado do material Jaume Sahun
Francia

A convocatoria francesa estivo marcada pola perda do estatuto de deporte de alta competición do hóckey a patíns en Francia, o que motivou a redución do seu orzamento e tamén da comitiva que asistiu á cidade da Coruña, que estivo integrada tan só por oito xogadores, un adestrador e un fisioterapeuta. A base do equipo galo estivo formada polos xogadores que disputaron a última edición da Copa Latina en 2016.[46] O equipo presentado polo selecciónador francés Fabien Savreux presentou unha idade media de 22,79 anos. No grupo cómpre salientar a presenza dos tres irmáns Di Benedetto, todos eles en equipos da OK Liga, Carlo no subcampión de liga, o Liceo da Coruña, e os xemelgos Roberto e Bruno no campión da Copa CERS dese ano, o Lleida. Os oito xogadores convocados foron os seguintes:[47]

Francia
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Baptiste Bonneau POR 9 de outubro de 1993 24   Nantes
3 Bruno Di Benedetto DIA 8 de maio de 1997 21   Lleida
4 Remi Herman DIA 4 de outubro de 1997 20   Mérignac
6 Roberto Di Benedetto DIA 8 de maio de 1997 21   Lleida
7 Mathieu Le Roux DIA 14 de novembro de 1991 26   Saint-Omer
8 Antoine Le Berre DEF/MED 4 de marzo de 1996 22   Mérignac
9 Carlo Di Benedetto (C) DEF/MED 31 de maio de 1996 22   Liceo
10 Keven Correia POR 15 de xaneiro de 1996 22   Noisy-le-Grand
Corpo técnico
Adestrador Fabien Savreux
Masaxista Heide Ben Brahim
Encargado do material Juan Carlo Di Benedetto
Inglaterra

Inglaterra foi un dos primeiros países en presentar a lista de convocados. O cadro inglés, dirixido polo portugués José Carlos Amaral, acudiu á cidade herculina cun cadro de xogadores novo, froito da reformulación levada a cabo nos niveis inferiores.[48] O combinado inglés disputou partidos amigables na Coruña como parte da súa preparación para o Campionato de Europa contra o Compañía de María, ao que derrotou 6-5 o día 12, e contra un equipo integrado entre outros por Pablo Cancela e Jordi Bargalló ao día seguinte.[31] A idade media do equipo era de 21,94 anos, e a metade dos xogadores que o conformaron xogaban para o King's Lynn Roller Hockey Club, campión da Premier League ese ano, aínda que tamén salientou a presenza de tres xogadores que competiran esa tempada en clubs da segunda categoría do hóckey a patíns portugués. Os dez xogadores convocados foron os seguintes:[49]

Inglaterra
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Thomas Allander POR 6 de agosto de 1997 20   King's Lynn
2 Alex Mount DIA 22 de xuño de 1998 20   Sanjoanense
3 William Smith DEF/MED 8 de agosto de 1994 23   Middlesbrough
4 Jamie Griffin DIA 13 de maio de 1996 22   King's Lynn
5 Josh Taylor DEF/MED 26 de outubro de 1994 23   King's Lynn
6 Jack Tucker DEF/MED 12 de xaneiro de 1996 22   King's Lynn
7 Michael Carter DIA 23 de xullo de 1994 23   King's Lynn
8 Owen Stewart (C) DEF/MED 25 de marzo de 1991 27   Middlesbrough
9 William Rawlinson DIA 4 de abril de 1998 20   HA Cambra
10 Charlie Oakes POR 21 de novembro de 1998 19   HA Cambra
Corpo técnico
Adestrador José Carlos Amaral
Auxiliar Arthur Corr
Delegado Joseph Wheatley
Masaxista Pedro Lourenço
Presidente da federación Keith Allen
Italia

O subcampión da edición precedente, a Italia dirixida por Massimo Mariotti, comezou a súa preparación o 7 de xuño no centro federal de Camaiore cun cadro de xogadores integrado por 14 xogadores, entre os que se contaban cinco xogadores do campión italiano, o Amatori Lodi.[50][51] Finalmente Italia presentou un cadro de 10 xogadores cunha idade media de 27,51 anos.[52] Italia partiu do aeroporto de Milán o 12 de xullo e o día seguinte realizou unha sesión de adestramento previa á proba de pista do sábado 14,[53] ademais tres xogadores do combinado italiano, Alessandro Verona, Marco Pagnini e Ricardo Gnata, tiveron un encontro cos nenos do Campus de Pablo Cancela e Jordi Bargalló que se celebrou no pavillón do Compañía de María.[54] Todos os xogadores convocados por Mariotti xogaron esa tempada na Serie A1, catro deles no campión desa tempada, o Amatori Lodi, e dous do subcampión, o Hockey Club Forte dei Marmi. Os dez xogadores convocados foron os seguintes:[52]

Italia
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
2 Samuel Amato DEF/MED 25 de abril de 1984 34   Valdagno
5 Federico Ambrosio DIA 29 de setembro de 1989 28   Breganze
6 Andrea Malagoli DEF/MED 19 de maio de 1991 27   Lodi
7 Giulio Cocco DIA 11 de xuño de 1996 22   Lodi
9 Domenico Illuzzi DEF/MED 22 de febreiro de 1989 29   Lodi
10 Leonardo Barozzi (C) POR 7 de maio de 1987 31   Viareggio
14 Alessandro Verona DIA 11 de agosto de 1995 23   Lodi
15 Davide Banini DEF/MED 13 de marzo de 1995 23   Follonica
19 Marco Pagnini DIA 13 de febreiro de 1989 29   Forte dei Marmi
22 Riccardo Gnata POR 28 de outubro de 1992 25   Forte dei Marmi
Corpo técnico
Adestrador Massimo Mariotti
Auxiliar Antonio Caricato
Auxiliar Varisco Massimo
Delegada Maria Annunziaya Calcavecchia
Delegado Paolo Centomo
Delegado Catia Ferretti
Doutor Edoardo Laiolo
Masaxista Gianluca Mazzelli
Encargado do material Antonio Giovanni
Países Baixos

A selección neerlandesa realizou parte da súa preparación na localidade catalá de Palafrugell, onde realizou unha fin de semana de adestramentos entre o 29 de xuño e o 1 de xullo cos xogadores preseleccionados e catro novos xogadores españois con raíces neerlandesas.[55] O 1 de xullo, o seleccionador neerlandés Marty van den Brand anunciou a lista definitiva de xogadores que participarían no EuroHockey 2018.[56] O equipo laranxa chegou á cidade herculina o 13 de xullo, e ese mesmo día xogou pola noite un partido amigable contra un equipo da Primeira División de Galicia, un partido no que Eric Boersma se lesionou no pulso.[57] O equipo, cunha media de idade de 22,68 anos contou coa presenza do xogador da OK Liga Eric Boersma, así como o xogador do C.P. Vilanova da Primeira División española Rafael Morera Jeeninga. O club máis representado foi o SC Bison Calenberg alemán, con tres xogadores, mentres que o Valkenswaardse Roller Club (dous xogadores) e o Rolschaats Club de Lichtstad (un xogador) foron os únicos equipos neerlandeses que achegaron algún xogador ao combinado laranxa. A selección neerlandesa estivo integrada polos seguintes xogadores:[58]

Países Baixos
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
3 Eric Boersma DEF/MED 23 de decembro de 1993 24   Piera
4 Luuk Bischoff (C) DIA 11 de xaneiro de 1982 36   Valkenswaardse
5 Rico van den Dungen DEF/MED 5 de xaneiro de 1997 21   Bison Calenberg
8 Niels Janssens DEF/MED 5 de outubro de 1991 26   Valkenswaardse
9 Reginaldo Migalhas DIA 21 de abril de 1992 26   Juventude Azeitonense
12 Luc Vroomen POR 12 de febreiro de 2000 18   Lichtstad
19 Cesar Boersma DIA 3 de novembro de 1996 21   Igualada
25 Rafael Morera Jeeninga DEF/MED 21 de xullo de 2000 17   Vilanova
83 Timo Tiborghs DIA 2 de febreiro de 2000 18   Bison Calenberg
94 Joey Van den Dungen POR 29 de novembro de 1994 23   Bison Calenberg
Corpo técnico
Adestrador Marty van den Brand
Auxiliar Xinu Doncel
Delegado Eef Bal
Delegado Nico Janssens
Doutor Tino Simons
Masaxista Ton Sorensen
Presidente da federación Ben Veerman
Portugal

A selección portuguesa dirixida por Luís Sénica comezou a súa preparación para o Campionato de Europa o 19 de xuño. O equipo concentrouse en Luso, no concello de Mealhada, empregando o pavillón Municipal da Mealhada para as actividades relacionadas co hóckey a patíns. O día 4 de xuño, Sénica deu a lista dos xogadores que participarían na preselección e comezarían a traballar na preparación do campionato. Nun primeiro momento foron 12 os xogadores convocados, principalmente procedentes dos tres grandes do hóckey a patíns portugués, Benfica, Porto e Sporting, que achegaron tres xogadores cada un, dous preseleccionados xogaron no Valongo, e un no Amatori Lodi italiano. O conxunto mantivo a base dos últimos campionatos a pesar das saídas de xogadores importantes como Reinaldo Ventura, Ricardo Barreiros ou Nelson Filipe, e Sénica incorporou xogadores novatos.[59][60] O 22 de xuño fíxose pública a listaxe dos dez xogadores que representarían a Portugal na Coruña. Durante a súa preparación, o combinado luso xogou partidos amigables contra distintos equipos portugueses,[61] e o 1 de xullo o combinado portugués disputou un partido amigable fronte á outra gran favorita ao título continental, España, que serviu como homenaxe ao expresidente das federacións española e galega Enrique García-Raposo Sánchez. O partido disputado no Pazo dos Deportes de Riazor finalizou cun empate a dous goles.[41] O combinado portugués estivo integrado por dez xogadores cunha media de idade de 27,05 anos. Todos eles xogaron na tempada 2017-18 no Campionato Portugués, a maioría deles no Benfica, Porto e no Sporting Clube de Portugal, con tres xogadores cada un, mentres que o Valongo achegou un xogador, Poka. Os dez xogadores seleccionados foron os seguintes:[62]

Portugal
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Ângelo Girão POR 28 de agosto de 1989 28   Sporting
2 Poka DEF/MED 7 de maio de 1989 29   Valongo
3 Rafa Costa DIA 10 de novembro de 1991 26   Porto
4 Diogo Rafael DEF/MED 17 de novembro de 1989 28   Benfica
5 Vítor Hugo DIA 23 de outubro de 1984 33   Sporting
6 Gonçalo Alves DIA 26 de xullo de 1993 24   Porto
7 Hélder Nunes DEF/MED 23 de febreiro de 1994 24   Porto
8 Henrique Magalhães DEF/MED 22 de outubro de 1991 26   Sporting
9 João Rodrigues (C) DIA 15 de xullo de 1990 27   Benfica
43 Pedro Henriques POR 27 de setembro de 1990 27   Benfica
Adestrador Luís Sénica
Auxiliar Marina Alves
Auxiliar Nuno Ferrão
Auxiliar Roberto Rodrigues
Delegado Rui Castro
Delegado Paulo Rodrigues
Delegado Gustavo Sousa
Doutor André Pires
Masaxista Rui Barge
Encargado do material Hermínio Carrilho
Suíza

En 2018 Suíza regresou a unha competición internacional de seleccións de hóckey a patíns logo da súa ausencia no Mundial de 2017 celebrado na cidade chinesa de Nanjing. Na convocatoria helvética salientou o grupo de xogadores que destacaron no último Campionato de Europa disputado en terras lusas: Jean Pierre Vizio, Nino Wyss, Gian Rettenmund, Gael Jiménez, Raphael Rettenmund e Pascal Kissling (seleccionador-xogador en 2016), e completouse cos debutantes Guillaume Oberson, Simon Wuffli, Patrick Moor e Marcio Vanina.[63] A selección suíza dirixida polo español Alejandro Rodríguez presentou un grupo de dez xogadores cunha idade media de 26,89 anos. A maioría dos xogadores convocados, tres, xogaron no campión da LNA suíza esa tempada, o Montreux Hockey Club, e os sete restantes xogaron ese ano noutros equipos da máxima categoría do hóckey a patíns suízo. Os dez xogadores convocados foron os seguintes:[64][65]

Suíza
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
1 Jean-Pierre Vizio POR 15 de xaneiro de 1992 26   Montreux
2 Nino Wyss DEF/MED 20 de outubro de 1987 30   Diessbach
3 Simon Wuffli DEF/MED 24 de marzo de 1991 26   Vordemwald
4 Gael Jiménez DEF/MED 28 de abril de 1987 31   Montreux
5 Patrick Moor DEF/MED 3 de novembro de 1992 25   Vordemwald
6 Marzio Vanina DIA 11 de novembro de 1989 28   Uttigen
7 Pascal Kissling (C) DEF/MED 16 de agosto de 1984 33   Diessbach
8 Gian Rettenmund DIA 10 de maio de 1998 20   Thunerstern
9 Raphael Rettenmund DEF/MED 22 de setembro de 1995 22   Thunerstern
10 Guillaume Oberson POR 28 de agosto de 1996 21   Montreux
Corpo técnico
Adestrador Alejandro Rodríguez
Auxiliar David Díaz
Delegado Sacha Pascal Meir

Árbitros editar

O campionato foi arbitrado por un total de 11 árbitros de sete federacións europeas distintas: España (3 árbitros), Portugal (2), Italia (2), Inglaterra (1), Francia (1), Alemaña (1) e Suíza (1).[19] Salientar a presenza do árbitro galego Rubén Fernández na lista de árbitros seleccionados.[66] Os árbitros ían alternando encontros de países distintos ao seu e tamén mudaban a súa posición, xa que exercían de árbitros principais nuns partidos e noutros eran árbitros de mesa en apoio aos seus dous compañeiros en pista. Os árbitros participantes nesta edición foron os seguintes:[19]

  •   Óscal Valverde
  •   Iván González
  •   Rubén Fernández
  •   Xavier Bleuzen
  •   Thomas Ullrich
  •   Johannes Schneider
 
  •   Joaquim Pinto
  •   José Pinto
  •   Franco Ferrari
  •   Joseph Silecchia
  •   Bruno Sosa

Competición editar

Fase de grupos editar

Grupo A editar

No grupo A a gran favorita a facerse co liderado do grupo era Portugal. A vixente campioa europea iniciou cun contundente 11-0 fronte a Andorra a súa andaina no EuroHockey 2018, unha vitoria que comezou a fraguarse cando nin sequera se contaban 15 segundos no marcador, se ben o equipo andorrano conseguiu aguantar case cinco minutos sen encaixar un gol logo do descanso, ao que se foran con 5-0 en contra. No outro partido do grupo A disputado na primeira xornada, Suíza derrotou os seus veciños austríacos 5-1 logo de sobrepoñerse ao tanto inicial austríaco. Nesta primeira xornada descansou a selección de Francia.[67]

Na segunda xornada debutou no europeo a selección francesa, que derrotou 6-0 á andorrana, nun partido no que todos os goles do combinado galo tiveron a sinatura dos irmáns Di Benedetto. Pola súa banda, a selección lusa sumou unha nova vitoria, desta vez fronte ao combinado suízo, tendo máis problemas que a noite anterior, presentando o marcador un 2-1 ao descanso favorable aos portugueses, que con todo ampliaron a renda de goles na segunda metade, deixando o 7-1 definitivo no electrónico.[68] Nesta segunda xornada descansou a selección de Austria.

A selección portuguesa descansou na terceira xornada. Francia aproveitou para igualar cos lusos no liderado do grupo goleando a Austria (3-14) nun partido que dominou dende o principio. Pola súa banda, Suíza e Andorra protagonizaron un emocionante partido que acabou caendo do lado andorrano (2-3) a pesar de que os helvéticos inauguraran o marcador por medio de Rettenmund, na segunda parte Andorra empatou e Suíza adiantouse de novo, finalmente os andorranos conseguiron remontar e conservar a vantaxe durante oito minutos e medio.[69]

Francia e Suíza abriron a cuarta xornada no grupo A. Os galos derrotaron 5-2 aos suízos a pesar de que estes se adiantaran aos cinco minutos de penalti, grazas ao acerto dos irmáns Di Benedetto e de Antoine Le Barre. Portugal pola súa banda derrotou por un contundente 15-1 a Austria nun partido no que os lusos cesaron o seu asedio a falta de nove minutos para a conclusión do encontro.[70]

Suíza descansou a última xornada, na que Portugal e Francia disputáronse o liderado do grupo. Antes Andorra afianzou a terceira posición grazas á súa vitoria fronte a Austria, que finalizou a fase de grupos sen ningunha vitoria no seu casilleiro. No partido estelar do grupo, Francia estivo a piques de sorprender a Portugal logo de adiantarse no marcador tan só uns segundos despois de iniciarse o partido, e deixando en desvantaxe aos lusos no descanso (1-3), mais na segunda parte o equipo portugués completou a remontada a piques de entrar no último minuto de partido para poñer o 5-4 definitivo.[71]

Grupo A Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Portugal 12 4 4 0 0 38 6 +32
  Francia 9 4 3 0 1 29 10 +19
  Andorra 6 4 2 0 2 9 19 -10
  Suíza 3 4 1 0 3 10 16 -6
  Austria 0 4 0 0 4 5 40 -35
Resultados
15 de xullo de 2018
17:00
Suíza 5-1 Austria Riazor
Árbitros: Óscar Valverde (ESP), Iván González (ESP)
Jiménez (1)
Kissling (2)
Vanina (1)
Rettenmund, G. (1)
[R 1] Zehrer (1)

15 de xullo de 2018
22:00
Andorra 0-11 Portugal Riazor
Árbitros: Rubén Fernández (ESP), Thomas Ullrich (DEU)
[R 2] Costa (2)
Pinto (1)
Nunes (1)
Magalhães (1)
Rodrigues (6)

16 de xullo de 2018
14:30
Francia 6-0 Andorra Riazor
Árbitros: Iván González (ESP), Óscar Valverde (ESP)
Di Benedetto, B. (1)
Di Benedetto, R. (2)
Di Benedetto, C. (3)
[R 3]

16 de xullo de 2018
22:00
Portugal 7-1 Suíza Riazor
Árbitros: Rui Torres (POR), Rubén Fernández (ESP)
Oliveira (1)
Alves (1)
Nunes (1)
Rodrigues (4)
[R 4] Rettenmund (1)

17 de xullo de 2018
12:30
Austria 3-14 Francia Riazor
Árbitros: Joseph Silecchia (ITA), Franco Ferrari (ITA)
Brunner (1)
Hagspiel (2)
[R 5] Di Benedetto, B. (1)
Herman (2)
Di Benedetto, R. (2)
Le Roux (2)
Le Berre (4)
Di Benedetto, C. (3)

17 de xullo de 2018
17:30
Suíza 2-3 Andorra Riazor
Árbitros: Bruno Sosa (ENG), Thomas Ullrich (DEU)
Vanina (1)
Rettenmund (1)
[R 6] Miquel, G. (1)
Antequera, O. (1)
Dilme, A. (1)

18 de xullo de 2018
10:00
Francia 5-2 Suíza Riazor
Árbitros: Joaquim Pinto (POR), José Pinto (POR)
Di Benedetto, B. (1)
Herman (1)
Le Berre (2)
Di Benedetto, C. (1)
[R 7] Kissling (2)

18 de xullo de 2018
22:00
Austria 1-15 Portugal Riazor
Árbitros: Bruno Sosa (POR), Johannes Schneider (SUI)
Sahler (1) [R 8] Costa (2)
Pinto (2)
Alves (3)
Nunes (3)
Rodrigues (5)

19 de xullo de 2018
12:30
Andorra 6-0 Austria Riazor
Árbitros: Rui Torres (POR), Rubén Fernández (ESP)
Antequera, A. (1)
Miquel, G. (2)
Miquel, Ls. (1)
Dilme, N (1)
Dilme, A. (1)
[R 9]

19 de xullo de 2018
22:00
Portugal 5-4 Francia Riazor
Árbitros: Óscar Valverde (ESP), Iván González (ESP)
Rafael (1)
Alves (1)
Rodrigues (3)
[R 10] Herman (1)
Di Benedetto, R. (1)
Le Roux (1)
Di Benedetto, C. (1)

Grupo B editar

No grupo B encadráronse dúas das favoritas a alzar o título continenta, España e Italia. España realizou o seu debut na competición o 14 de xullo, logo da cerimonia de apertura, fronte a Inglaterra. A pesar de que Inglaterra se adiantou no marcador cun gol de Mount, a vixente campioa do mundo remontou o partido e conseguiu derrotar con contundencia (10-1) ao combinado inglés.[72] Nos outros dous partidos da primeira xornada do grupo B, Italia derrotaba con moita contundencia (24-0) á frouxa selección belga, e facíase co liderado do grupo, pola súa banda, Alemaña derrotaba aos Países Baixos nun partido no que os xermanos non inauguraron o marcador ata o minuto 24 da primeira metade, a falta de oito minutos para o final do encontro E. Boersma achegaba ao equipo laranxa no marcador, mais o equipo alemán acabaría anotando tres goles máis para deixar o definitivo 5-1 no electrónico.[73]

A segunda xornada do grupo B comezou co enfrontamento entre as seleccións de Bélxica e Alemaña nun partido que os xermanos encarrilaron nos tres primeiros minutos, nos que xa gañaban por dous goles a cero, e que finalizaría cun contundente 15-0. No partido que enfrontou ás seleccións de Italia e Inglaterra, os azzurri gañaban por 9 goles a 4 con máis problemas dos esperados un partido no que, como ocorrera a noite anterior, o combinado inglés resistiu durante 10 minutos (1-1).[68] As seleccións de España e os Países baixos enfrontáronse no penúltimo partido do día. A selección española superou á neerlandesa con claridade (14-2), encaixando dous goles logo de ter anotado os seus 14. No descanso o coruñés Alabart non saíu no cinco inicial ao ter algunhas molestias.[74]

Inglaterra abriu a terceira xornada de competición goleando a Bélxica, sumando deste xeito a súa primeira vitoria no campionato, pola súa banda, o equipo belga conseguiu os seus primeiros goles.[69] A selección española xogaba na terceira xornada o seu primeiro test importante contra unha renovada Alemaña, á que derrotou por sete goles a un coa baixa de Alabart, que non xogou para repoñerse das súas molestias musculares.[75] A selección italiana derrotou á neerlandesa, que aguantou o primeiro cuarto de hora de xogo (1-1), e que no descanso perdía por tres goles, con todo, a reacción italiana logo do paso polos vestiarios non deu opción ao equipo laranxa, que caeu finalmente por 4-15.[76]

A cuarta xornada no grupo B comezou co enfrontamente entre as seleccións inglesa e neerlandesa que finalizou cun axustado 6-4 favorable aos británicos, que conseguiron o pase aos cuartos de final logo de remontar unha desvantaxe de dous goles. Italia conseguiu unha nova vitoria, desta vez fronte a Alemaña, que aguantou a primeira parte, perdendo 5-3 a 12 minutos para o descanso, e 8-4 ao finalizar a primeira parte, finalmente os italianos impúñanse por 11-5, aínda que a vitoria de España fronte a Bélxica os privaba de manter o liderado do grupo.[77] A selección española precisaba gañar por 22 goles a Bélxica para ser primeira de grupo en caso dun empate contra Italia na última xornada. España, coa ausencia un día máis de Alabart, en menos dun minuto o combinado xa gañaba cun gol de Adroher, e finalmente España impúñase 22-0 e conseguía o liderado do grupo á espera do último partido fronte aos azzurri.[78]

A última xornada presentaba a incógnita das posicións finais dos equipos clasificados para os cuartos de final. O primeiro partido enfrontou a Bélxica e os Países Baixos co obxectivo de non finalizar na última posición. Os belgas conseguiron sobrepoñerse a un 2-0 en contra e igualar a contenda no minuto 21, se ben logo quedaron sen opcións e caeron 10-5 nun partido no que os belgas anotaron máis goles que nas catro xornadas anteriores. No partido pola terceira posición do grupo, que permitía evitar ao líder do grupo A, os xermanos derrotaron a Inglaterra (8-4) nun partido no que comezaron marcando os británicos, e que estaba igualado a falta de 13 minutos (4-4).[79] Como peche do grupo A, España e Italia xogábanse a primeira posición do grupo. Cunhas 2 500 persoas nas bancadas o equipo español derrotaba por dous goles a cero a Italia, nun partido no que España tivo que defender con Lamas e Roca, con Sergi Fernández baixo os paus, case os dous últimos minutos da primeira parte polas expulsións.[80]

Grupo B Pts PX PG PE PP GF GC DG
  España 15 5 5 0 0 55 4 +51
  Italia 12 5 4 0 1 59 15 +44
  Alemaña 9 5 3 0 2 34 23 +11
  Inglaterra 6 5 2 0 3 29 33 -4
  Países Baixos 3 5 1 0 4 21 45 -24
  Bélxica 0 5 0 0 5 7 85 -78
Resultados
14 de xullo de 2018
20:00
España 10-1 Inglaterra Riazor
Árbitros: Joaquim Pinto (POR), José Pinto (POR)
Roca (2)
Casanovas (1)
Font (1)
Alabart (1)
Lamas (2)
Adroher (1)
Marín (2)
[R 11] Mount (1)

15 de xullo de 2018
14:30
Alemaña 5-1 Países Baixos Riazor
Árbitros: Joseph Sillecchia (ITA), Franco Ferrari (ITA)
Hages (1)
Ober (1)
Zilken (1)
Schulz (2)
[R 12] Boersma, E. (1)

15 de xullo de 2018
19:30
Bélxica 0-24 Italia Riazor
Árbitros: Johannes Schneider (SUI), Bruno Sosa (ENG)
[R 13] Ambrosio (1)
Malagoli (5)
Cocco (5)
Verona (7)
Banini (5)
Pagnini (1)

16 de xullo de 2018
12:00
Bélxica 0-15 Alemaña Riazor
Árbitros: Joaquim Pinto (POR), José Pinto (POR)
[R 14] Karschau (1)
Hages (1)
Hilbertz (3)
Ober (1)
Thiel (4)
Zilken (4)
Strieder (1)

16 de xullo de 2018
17:00
Italia 9-4 Inglaterra Riazor
Árbitros: Rui Torres (POR), Rubén Fernández (ESP)
Ambrosio (1)
Malagoli (2)
Cocco (1)
Verona (1)
Banini (2)
Pagnini (2)
[R 15] Carter (1)
Tucker (1)
Taylor (1)
Stewart (1)

16 de xullo de 2018
19:00
Países Baixos 2-14 España Riazor
Árbitros: Thomas Ullrich (DEU), Bruno Sosa (ENG)
Boersma, C. (2) [R 16] Casanovas (1)
Font (2)
Lamas (2)
Adroher (3)
Bargalló (3)
Marín (3)

17 de xullo de 2018
10:00
Inglaterra 14-2 Bélxica Riazor
Árbitros: Rubén Fernández (ESP), Óscar Valverde (ESP)
Mount (6)
Carter (1)
Taylor (4)
Stewart (3)
[R 17] Berthels (1)
Migueis (1)

17 de xullo de 2018
20:00
España 7-1 Alemaña Riazor
Árbitros: Rui Torres (POR), Johannes Schneider (SUI)
Roca (1)
Casanovas (1)
Font (1)
Lamas (1)
Bargalló (1)
Marín (2)
[R 18] Zilken (1)

17 de xullo de 2018
22:00
Países Baixos 4-15 Italia Riazor
Árbitros: José Pinto (POR), Joaquim Pinto (POR)
Boersma, E. (1)
Migalhas (1)
Boersma, C. (2)
[R 19] Amato (1)
Malagoli (3)
Cocco (3)
Verona (3)
Banini (3)
Pagnini (2)

18 de xullo de 2018
12:30
Inglaterra 6-4 Países Baixos Riazor
Árbitros: Iván González (ESP), Óscar Valverde (ESP)
Mount (3)
Smith (1)
Taylor (1)
Stewart (1)
[R 20] Boersma, E. (2)
Migalhas (1)
Boersma, C. (1)

18 de xullo de 2018
17:30
Italia 11-5 Alemaña Riazor
Árbitros: Rui Torres (POR), Rubén Fernández (ESP)
Ambrosio (2)
Malagoli (1)
Cocco (2)
Banini (1)
Pagnini (5)
[R 21] Schulz (4)
Strieder (1)

18 de xullo de 2018
20:00
Bélxica 0-22 España Riazor
Árbitros: Joseph Silecchia (ITA), Franco Ferrari (ITA)
[R 22] Roca (3)
Font (4)
Lamas (1)
Adroher (4)
Bargalló (6)
Marín (4)

19 de xullo de 2018
10:00
Países Baixos 10-5 Bélxica Riazor
Árbitros: Thomas Ullrich (DEU), Johannes Schneider (SUI)
Boersma, E. (6)
Migalhas (1)
Jeeninga (2)
Tilborghs (1)
[R 23] Rilhas (1)
Mertens (3)
Rita (1)

19 de xullo de 2018
17:30
Alemaña 8-4 Inglaterra Riazor
Árbitros: Joseph Silecchia (ITA), Franco Ferrari (ITA)
Karschau (1)
Hages (1)
Thiel (1)
Zilken (1)
Strieder (4)
[R 24] Mount (1)
Taylor (2)
Stewart (1)

19 de xullo de 2018
20:00
España 2-0 Italia Riazor
Árbitros: Joseph Silecchia (ITA), Franco Ferrari (ITA)
Alabart (1)
Adroher (1)
[R 25]

Fase final editar

 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
20 de xullo
 
 
  Portugal 14
 
21 de xullo
 
  Inglaterra 2
 
  Portugal 4
 
20 de xullo
 
  Italia 2
 
  Italia 6
 
22 de xullo
 
  Andorra 2
 
  Portugal 3
 
20 de xullo
 
  España 6
 
  España 10
 
21 de xullo
 
  Suíza 2
 
  España 8
 
20 de xullo
 
  Francia 2 Terceiro posto
 
  Francia 5
 
22 de xullo
 
  Alemaña 2
 
  Italia 5
 
 
  Francia 2
 

Cuartos de final editar

Alemaña e Francia abriron os cuartos de final o 20 de xullo. A pesar da vantaxe inicial do equipo galo, que tan só tardou nove segundos en abrir o marcador, os alemáns recortaron a diferenza e chegaron a empatar a contenda nos inicios da segunda parte. Os franceses non acusaron o cansazo do duro partido fronte a Portugal a noite anterior, e co acerto de Carlo Di Benedetto (2 goles na segunda parte) e o seu irmán Bruno (un gol nos segundos 25 minutos) deixaron o marcador no 2-5 definitivo a prol dos franceses.[81][82]

Italia pola súa banda eliminou a Andorra e clasificouse para as semifinais logo de gañar 2-6, nun partido no que no primeiro minuto xa conseguiran bater dúas veces o gardameta andorrano (con goles aos 8 e os 54 segundos), aínda que Andorra se aproximou no marcador, finalizando a primeira parte cun axustado 1-3. Na segunda parte os italianos anotaron tres goles máis e puxeron cinco goles de vantaxe que Miquel Llorenç reduciu para deixar o partido no 2-6 definitivo.[81][82]

Suíza e España disputaron a terceira semifinal. A anfitrioa conseguiu un cómodo triunfo ante o combinado helvético por 10-2 grazas á súa efectividade e disparo exterior; aínda así o equipo español tardou cinco minutos en abrir o marcador. Logo dos tres tantos locais anotados por Font, Lamas e Bargalló, os helvéticos, dirixidos polo asturiano Alejandro Rodríguez, achegáronse no marcador. A reacción española chegou da man de Raúl Marín e Jordi Adroher, que con dous e un goles respectivamente deixaron un claro 1-6 no marcador ao final da primeira parte. Malia que o equipo suízo anotou un gol máis, a segunda parte non foi máis que un trámite. Durante o partido estiveron presentes no palco de autoridades o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco, o presidente da Real Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, e o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres.[82][83]

A selección portuguesa cumpriu co prognóstico e derrotou con contundencia a Inglaterra (2-14). O equipo inglés comezou con forza o partido e foi quen de igualar a contenda logo de que os lusos se adiantaran no marcador, Con todo, os de Luís Sénica anotaron catro goles máis e foron ao descanso cun claro 1-5 no marcador. A segunda parte non tivo moita historia e o equipo portugués aumentou a súa vantaxe.[82][83]

20 de xullo de 2018
12:30
Alemaña 2-5 Francia Riazor
Árbitros: Franco Ferrari (ITA), Óscar Valverde (ESP)
Ober (1)
Zilken (1)
[R 26] Di Benedetto, B. (1)
Le Roux (1)
Di Benedetto, C. (3)

20 de xullo de 2018
17:30
Andorra 2-6 Italia Riazor
Árbitros: Joaquim Pinto (POR), Thomas Ullrich (DEU)
Miquel, Ll. (2) [R 27] Ambrosio (1)
Illuzzi (2)
Verona (1)
Banini (1)
Pagnini (1)

20 de xullo de 2018
20:00
Suíza 2-10[c] España Riazor
Árbitros: Joseph Silecchia (POR), Joseph Silecchia (ITA)
Wuffli (1)
Moor (1)
[R 28] Casanovas (1)
Font (3)
Lamas (1)
Adroher (1)
Bargalló (1)
Marín (3)

20 de xullo de 2018
22:00
Inglaterra 2-14 Portugal Riazor
Árbitros: Rubén Fernández (ESP), Johannes Schneider (SUI)
Mount (1)
Tucker (1)
[R 29] Oliveira (3)
Costa (1)
Rafael (1)
Pinto (4)
Alves (1)
Nunes (1)
Rodrigues (3)

Semifinais editar

As seleccións de España e Francia abriron as semifinais do Campionato de Europa. A pesar do 8-2 final, a anfitrioa pasou apuros para derrotar o combinado galo. A estratexia que lle valera a España para derrotar comodamente a Suíza nos cuartos de final atopouse coa oposición na portería de Keven Correia. Casanovas mandou fóra un penalti no primeiro cuarto de hora e España non foi quen de anotar o primeiro gol ata o minuto 17 de partido, cando Adroher errou unha falta directa cuxo rexeitamento aproveitou Nil Roca. Sete minutos máis tarde, a acumulación de faltas outorgou unha directa que Carlo Di Benedetto se encargou de transformar, deixando o empate no marcador ao descanso. Na reanudación os franceses adiantáronse no marcador nada máis comezar logo dunha perda de Roca nun ataque en superioridade, obrigando a España a unha remontada. Font empatou o partido, e dous goles do coruñés Eduard Lamas impulsaron os españois cara á final. A partir dese momento a selección francesa non puido deter o potencial ofensivo español e encaixou catro goles máis.[85][86][87] Deste xeito a selección española clasificouse de novo para unha final europea, algo que non ocorría dende 2010.[d]

A segunda semifinal enfrontou os equipos de Portugal e Italia, que disputaran a final de 2016 en Oliveira de Azeméis. Como xa pasara dous anos antes, o equipo portugués fíxose coa vitoria, clasificándose para a final fronte a España. A selección portuguesa, que partía como favorita, adiantpuse no marcador da man de Diogo Rafael. Con todo, o equipo italiano respondeu da man de Alessandro Verona e Davide Banini para irse con vantaxe ao descanso. Logo do paso polos vestiarios Portugal deulle a volta ao marcador da man de João Rodrigues (minuto 30) e Gonçalo Alves, que bateu de penalti no minuto 37 a Leonardo Barozzi e deu unha certa tranquilidade ao equipo adestrado por Luís Sénica. A falta de 11 minutos para a conclusión do partido Giulio Cocco dispuxo dunha falta directa para empatar o partido, mais non a puido transformar e finalmente Rafael Costa sentenciou o choque a falta de 52 segundos para o final, levando a Portugal por segunda vez consecutiva a unha final continental.[85][87]

21 de xullo de 2018
20:00
España 8-2 Francia Riazor
Árbitros: Rui Torres (POR), Joaquim Pinto (POR)
Roca (2)
Font (1)
Alabart (1)
Lamas (2)
Bargalló (2)
[R 30] Di Benedetto, R. (1)
Di Benedetto, C. (1)

21 de xullo de 2018
22:00
Portugal 4-2 Italia Riazor
Árbitros: Óscar Valverde (ESP), Iván González (ESP)
Costa (1)
Rafael (1)
Alves (1)
Rodrigues (1)
[R 31] Verona (1)
Banini (1)

3º e 4º posto editar

Como previa á final do campionato, as seleccións de Francia e Italia disputaron o partido pola medalla de bronce, que foi parar ás mans da azzurra. No primeiro período ambos os equipos comezaron con menos ritmo que o día anterior, acusando o cansazo das semifinais, e ningún dos dous equipos foi quen de marcar antes do descanso. O equipo de Massimo Mariotti aproveitou a súa maior profundidade de banco para dar un paso máis na segunda metade. Logo de 33 minutos a cero, Domenico Illuzzi transformou un penalti e puxo en vantaxe a Italia. Alessandro Verona dispuxo dunha falta directa para ampliar a vantaxe, conseguindo o gol no segundo intento. Unha tarxeta azul sinalada a Carlo Di Benedetto deixou os galos en inferioridade, situación que aproveitou Davide Banini para poñer o 3-0 no marcador, e a pouco menos de nove minutos para a conclusión Illuzzi conseguiu o cuarto tanto italiano e sentenciou o choque. Un penalti transformado por Roberto Di Benedetto reduciu distancias, pero a continuación Verona anotou o quinto tanto italiano. Un novo pelanti transformado por Roberto Di Benedetto deixou o marcador no 2-5 definitivo.[16][88]

22 de xullo de 2018
17:00
Francia 2-5 Italia Riazor
Árbitros: José Pinto (ITA), Óscar Valverde (ITA)
Di Benedetto, R. (2) [R 32] Illuzzi (2)
Verona (2)
Banini (1)

Final editar

Como peche da competición, a final do campionato enfrontou as seleccións de España e Portugal ante unhas 2 800 persoas. O partido comezou con Portugal centrado no ataque e Sergi Fernández tivo que deter xa dous lanzamentos lusos nos primeiros 25 segundos. No minuto 3 Gonçalo Alves puxo en vantaxe o cadro luso logo dunha acción individual do dianteiro do Porto.[89][90] O combinado español continuou o seu plan de xogo rápido, defensa contundente e procura do contraataque, e no minuto 6 chegaba o primeiro tanto da man de Adroher, que logo dunha asistencia de Lamas conseguiu bater a Ângelo Girão.[91] Logo do gol, o equipo español seguiu centrado no ataque e o pau salvou o 2-1 logo dun disparo de Henrique Magalhães no minuto 7 e un penalti errado por Alves, e un minuto despois o cadro español púxose en vantaxe grazas ao tanto de Ferrán Font. Unha tarxeta azul a Font logo de encararse con Nunes supuxo a inferioridade para o equipo español e unha falta directa que o propio Nunes errou. Portugal tomou a iniciativa pero Nil Roca interceptou a bóla e Lamas culminou o contraataque que deixaba o 3-1 no marcador a tres minutos do descanso. Na reanudación o ritmo de xogo reduciuse e Alabart fixo o cuarto logo doutra contra no minuto 32, e a falta de dez minutos Nil Roca puxo o 5-1 no marcador.[89][91] Unha azul a Pau Bargalló supuxo unha falta directa que João Rodrigues se encargou de transformar. O propio Rodrigues tivo a oportunidade de achegar máis o equipo portugués, mais desta volta mandou a bóla ao pau na falta directa de que dispuxo e ao pouco Ferrán Font puxo o 6-2 no marcador nun momento no que a selección española procuraba máis manter a posesión que aumentar a conta goleadora.[89][91] Finalmente, no último minuto de partido o capitán portugués anotou o terceiro para Portugal, deixando o partido co 6-3 definitivo.[89] En declaracións posteriores ao partido, o defensa liceísta Eduard Lamas apuntou a que o marcador non reflectira o ocorrido na pista, sinalando que o 6-3 final non era xusto co xogo do equipo portugués.[92]

22 de xullo de 2018
19:30
España 6-3 Portugal Riazor
Árbitros: Joseph Silecchia (ITA), Franco Ferrari (ITA)
Font (2)
Alabart (1)
Lamas (1)
Adroher (1)
Bargalló (1)
[R 33] Alves (1)
Rodrigues (2)

5º a 8º posto editar

  Semifinais Final
             
21 de xullo de 2018
    Suíza 7  
    Alemaña 6  
 
22 de xullo de 2018
        Suíza 5
      Andorra 3
 
 
Sétimo posto
21 de xullo de 2018 22 de xullo de 2018
    Inglaterra 2     Alemaña   12
    Andorra 8       Inglaterra   6


Resultados editar

Semifinais

Inglaterra e Andorra enfrontáronse na oitava xornada de competición na semifinal de consolación para buscar a clasificación para o partido polo quinto posto. O equipo andorrano deixou encarrilado o partido cun claro 0-4 ao descanso con goles de Adrià e Oriol Antequera, e Gerard Miquel por partida dobre. Logo dun parcial de 2-4 para os do Principado, e con Inglaterra anotando nos minutos finais os seus dous goles, o partido concluíu coa vitoria andorrana por 2-8 e a súa clasificación para a loita pola quinta praza.[87][93]

No outro cruzamento enfrontáronse as seleccións de Alemaña e Suíza. Os xermanos adiantáronse axiña aos helvéticos, que a pesar do 1-3 inicial conseguiron empatar o partido ao descanso. Logo do paso polos vestiarios a segunda parte estivo marcada polas constantes alternativas e finalizou de novo con empate, desta volta a cinco goles. Na prórroga o equipo alemán adiantouse de novo, mais o equipo suízo conseguiu darlle a volta ao marcador no último minuto da primeira parte da prórroga, poñendo o 7-6 definitivo no marcador ao non ser capaz ningún dos dous equipos de marcar un gol nos seguintes cinco minutos.[87]

21 de xullo de 2018
12:30
Inglaterra 2-8 Andorra Riazor
Árbitros: Franco Ferrari (ITA), Joseph Silecchia (ITA)
Smith (2) [R 34] Antequera, A. (3)
Miquel, G. (3)
Antequera, O. (2)

21 de xullo de 2018
17:30
Suíza 5-5
2-1 (OT)
Alemaña Riazor
Árbitros: José Pinto (POR), Rubén Fernández (ESP)
[R 35] Jiménez (1)
Moor (1)
Kissling (2)
Rettenmund, G. (2)
Rettenmund, R. (1)
7º e 8º posto

No partido polo sétimo posto Inglaterra e Alemaña disputaron un partido que ao descanso parecía que ía ser igualado co 3-3 que reflectía o marcador; con todo, o equipo alemán dirixido por Jordi Molet ampliou a diferenza ata un claro 3-11 que se mantivo ata os últimos minutos, nos que o combinado inglés maquillou o resultado con tres goles. Finalmente os xermanos impuxéronse por 6 goles a 12 e conseguiron finalizar o campionato na sétima posición, se ben a clasificación final estivo por debaixo das expectativas do conxunto alemán.[16][94]

22 de xullo de 2018
12:30
Inglaterra 6-12 Alemaña Riazor
Árbitros: Rubén Fernández (ESP), Joaquim Pinto (POR)
Mount (2)
Taylor (2)
Stewart (1)
Rawlinson (1)
[R 36] Karschau (1)
Hages (3)
Ober (1)
Thiel (1)
Zilken (2)
Schulz (2)
Strieder (2)
5º e 6º posto

Andorra e Suíza protagonizaron un partido igualado e emocionante pola quinta praza. Aínda que os andorranos chegaron a situarse á fronte do marcador (2-1), os helvéticos chegaron ao descanso por diante cun 2-3 que deixaba o partido aberto na segunda metade. Logo da reanudación o partido complicouse para os andorranos co cuarto gol helvético, aínda que Borrell anotou un tanto máis para os andorranos apertando o marcador a pouco máis de sete minutos para a conclusión. Con todo, un novo tanto suízo puxo de novo dous goles de vantaxe que foron insalvables para os do Principado. Finalmente Suíza impúxose 3-5 e adxudicouse a quinta posición final.[16][95]

22 de xullo de 2018
15:00
Andorra 3-5 Suíza Riazor
Árbitros: Iván González (ESP), Rui Torres (POR)
Borrell (1)
Miquel, G. (2)
[R 37] Jiménez (4)
Moor (1)

9º a 11º posto editar

Ao mesmo tempo que comezaban os cuartos de final comezou a liguiña entre os tres peores clasificados da fase de grupos para evitar a última posición. A sétima xornada de competición comezou co partido entre as seleccións de Austria e Bélxica, as últimas clasificadas dos grupos A e B respectivamente. O combinado belga amosou a súa mellor versión contra un rival dun nivel similar, e o partido finalizou cun empate a catro goles. Ao finalizar o partido cada equipo lanzou tres faltas directas para evitar posibles empates, impoñéndose o combinado austríaco por 2-1.[82]

O día seguinte xogou de novo Bélxica, desta volta fronte aos seus veciños dos Países Baixos. O partido comezou con catro goles nos tres primeiros minutos e un 1-3 favorable aos "tulipáns", que seguiron a aumentar a súa vantaxe para irse ao vestiario cun claro 2-7 a favor. Bélxica pouco puido facer na segunda parte e o partido finalizou cun contundente 3-15 para os neerlandeses, o que deixaba definitivamente os belgas na última posición e os austríacos e neerlandeses loitando pola novena posición.[87]

O último día de competición iniciouse co partido entre os Países Baixos e Austria. Se ben a primeira parte transcorreu sen goles, a segunda iniciouse con dous goles do combinado neerlandés, ao que seguiu unha fase de constantes alternativas. Finalmente Austria impúxose por 5-4 e conseguiu a novena praza, deixando o equipo neerlandés na décima.[16]

Grupo B Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Austria 4 2 1 1 0 9 8 +1
  Países Baixos 3 2 1 0 1 18 8 +11
  Bélxica 1 2 0 1 1 7 19 -12
Resultados
20 de xullo de 2018
10:00
Austria 4-4 Bélxica Riazor
Árbitros: Iván González (ESP), José Pinto (POR)
Sahler (1)
Fassler (1)
Theurer (1)
Kessler (1)
[R 38] Rilhas (2)
Mertens (2)

21 de xullo de 2018
10:00
Bélxica 3-15 Países Baixos Riazor
Árbitros: Bruno Sosa (ENG), Johannes Schneider (SUI)
Rilhas (1)
Migueis (1)
Mertens (1)
[R 39] Boersma, E. (3)
Janssens (2)
Migalhas (1)
Boersma, C. (8)
Tilborghs (1)

22 de xullo de 2018
10:00
Países Baixos 4-5 Austria Riazor
Árbitros: Thomas Ullrich (GER), Bruno Sosa (ENG)
Boersma, E. (2)
Boersma, C. (2)
[R 40] Zehrer (1)
Hagspiel (1)
Fassler (3)

Clasificación final editar

1.   España
2.   Portugal
3.   Italia
4.   Francia
5.   Suíza
6.   Andorra
7.   Alemaña
8.   Inglaterra
9.   Austria
10.   Países Baixos
11.   Bélxia

Estatísticas editar

  • Máis goles nun partido: 24-0 no Italia fronte Bélxica o 15 de xullo.
  • Menos goles nun partido: 2-0 no España fronte Italia o 19 de xullo.
  • Máis goles dun equipo nun partido: 24 de Italia fronte a Bélxica o 15 de xullo.
  • Equipo máis goleador: España (79 goles).
  • Equipo menos goleador: Austria e Bélxica (14 goles).[e]
  • Máis goles encaixados: Bélxica (104 goles encaixados).
  • Menos goles encaixados: España (11 goles encaixados).
  • Xogador máis novo: Elias Rohner (16 anos e 176 días).
  • Xogador máis vello: Serge Berthels (52 anos e 292 días).
  • Equipo coa menor media de idade: Andorra (18,78 anos).
  • Equipo coa maior media de idade: Bélxica (33,5 anos).

Goleadores editar

O máximo goleador da competición foi o portugués João Rodrigues, o xogador do Benfica anotou 24 goles en sete encontros, incluídos seis goles no primeiro partido que a súa selección xogou contra Andorra, ademais conseguiu marcar canto menos un gol en cada partido do campionato, cunha media de 3,4 goles por partido. A continuación amósanse os dez máximos goleadores da competición, así como os goles marcados e o número de partidos disputados:[96]

Xogador Goles Partidos
  João Rodrigues 24 7
  Cesar Boersma 15 7
  Alessandro Verona 15 8
  Eric Boersma 15 7
  Pau Bargalló 14 8
  Raúl Marín 14 8
  Alex Mount 14 8
  Davide Banini 14 8
  Ferrán Font 14 8
  Carlo Di Benedetto 12 7

Porteiros editar

 
Sergi Fernández (na imaxe no Mundial de 2007), foi o mellor porteiro do campionato.

Ao finalizar o campionato o porteiro coa mellor porcentaxe de paradas foi o español Sergi Fernández, cun 94,4 % de paradas e tan só sete goles encaixados. Por outra banda, o porteiro máis goleado foi o belga Toony Adriaanssens, que encaixou 56 goles e realizou 108 paradas, conseguindo un 48,1 % de paradas, un dos peores rexistros do campionato, só superado polo do andorrano Roger Xicola Prats, que con dous goles encaixados e unha soa parada foi o único porteiro con máis goles encaixados que paradas realizadas do campionato:[97]

Xogador Paradas Goles encaixados Paradas %
  Sergi Fernández 124 7 0,944
  Xavier Malián 46 4 0,913
  Leonardo Barozzi 77 8 0,896
  Pedro Henriques 28 3 0,893
  Riccardo Gnata 111 14 0,874
  Keven Correia 158 22 0,861
  Guillaume Oberson 133 21 0,842
  Jean-Pierre Vizio 88 14 0,841
  Elias Rohner 49 8 0,837
  Carlos de Sousa 126 25 0,802

Tarxetas editar

Nos 40 partidos disputados no EuroHockey 2018 non se amosou o cartón vermello a ningún xogador. Si se amosaron tarxetas azuis a 42 xogadores. O xogador que máis cartóns azuis viu foi o inglés Josh Taylor, cun total de seis azuis nos oito partidos que disputou coa súa selección na Coruña, dúas delas no partido fronte a Italia da fase de grupos, e outras dúas tamén no partido polo sétimo posto disputado fronte a Alemaña. A continuación amósanse os seis xogadores máis amoestados da competición, así como o número de tarxetas azuis:[98]

Xogador Tarxetas azuis Tarxetas vermellas Partidos
  Josh Taylor 6 0 8
  Owen Stewart 4 0 8
  Raúl Marín 3 0 8
  Robin Schultz 3 0 8
  Eric Boersma 3 0 7
  Roberto Di Benedetto 3 0 7

Medios de comunicación editar

 
A RTP1 retransmitiu os partidos de Portugal, conseguindo a retransmisión da final un 22,4% de share.

A 53ª edición do Campionato de Europa masculino de hóckey a patíns contou cun limitado seguimento televisivo. Tan só en España e Portugal os partidos das súas respectivas seleccións foron retransmitidos en directo. A canle temática de Televisión Española, Teledeporte, encargouse da retransmisión en directo dos partidos da selección española, mentres que a principal canle da Rádio e Televisão de Portugal, RTP1, fixo o propio cos partidos da selección portuguesa.[19] Os partidos da selección portuguesa foron programados para as 22:00 h hora local (unha hora menos en Portugal), coincidindo co final do telexornal da RTP1, o programa máis visto normalmente na canle pública portuguesa, en horario de máxima audiencia.[99]

O resto dos partidos foron retransmitidos en directo por Internet. O Eurohockey 2018 foi o evento elixido pola CERS para estrear a súa nova televisión en online.[100] Tamén a través do sitio web da Real Federación Española de Patinaje, a través da súa plataforma FEP-TV ofreceu o resto do campionato co sinal de WS Europe Rink-Hockey, podendo visualizarse en teléfono intelixente, tablet e Smart TV.[101]

O evento tivo especial seguimento televisivo en Portugal. Os tres partidos da selección de Portugal foron o programa máis visto na RTP1, conseguindo un 6% da porcentaxe de poboación no partido de cuartos de final entre Portugal e Inglaterra, un 6,5% nas semifinais entre lusos e transalpinos, e 6,3% na final fronte a España. A final foi ademais o sétimo programa máis visto da televisión portuguesa, e tivo o mellor rexistro de share de todas as retransmisións de partidos do EuroHockey en Portugal, cun 22,4% de media. As retransmisións da fase final tamén tiveron o minuto máis visto na RTP1 nos seus respectivos días, chegando aos 900 000 espectadores na semifinal fronte a Italia.[102]

Controversias editar

 
Fernando Graça, máximo responsable do hóckey a patíns europeo.

Nesta edición do Campionato de Europa fíxose notable a diferenza de nivel entre as grandes potencias europeas e o resto dos equipos, producíndose numerosas goleadas, especialmente na fase de grupos, mais tamén na fase final como o 14-2 de Portugal a Inglaterra. O 16 de xullo, logo de dous días de competición, o portal catalán OKCAT.cat especulou cunha hipotética participación da selección catalá, e a posibilidade de que outros países se presentasen con dous equipos, co propósito de elevar o nivel.[103] O portugués Fernando Graça, presidente do World Skate Europe Rink Hockey anunciou na cidade herculina que o modelo de competición do Campionato de Europa cambiaría na edición de 2020 co obxectivo de reducir o número de partidos que finalicen con goleadas, para isto o máximo responsable do hóckey a patíns europeo sinalou:[104]

Imos crear dúas divisións distintas. Unha que vai englobar os seis primeiros deste Campionato da Europa e outra na que van participar as seis restantes seleccións. Cinco delas están aquí na Coruña, máis Israel.

Sinalou tamén que as dúas divisións que se establecerían serían dúas competicións diferentes: na que competirían os seis mellores equipos sería considerada como Campionato de Europa, mentres que a segunda división sería o campionato Challengers.[104]

O 18 de xullo produciuse unha reunión da CERS con representantes de Bélxica e os Países Baixos para falar do futuro do hóckey a patíns en ambos os países e tentar sentar unhas bases para o crecemento da modalidade.[105]

Un feito que chamou a atención foi a presenza de Serge Berthels no equipo belga, un xogador que compite na liga de veteráns. Cos seus 52 anos, Berthels foi o xogador máis vello en disputar o EuroHockey da Coruña, e o xogador de máis idade na historia do campionato. A presenza de Berthels puxo de manifesto o, segundo el mesmo, "pobre nivel" do hóckey a patíns no país, onde a modalidade podería desaparecer "en menos dunha década". Berthels explicaba a súa presenza no combinado belga:[105][106]

Eu xogo porque me encanta o hóckey a patíns. É o deporte que amo. Mais tamén porque non hai ninguén máis.

Notas editar

  1. As outras edicións celebradas en España tiveron lugar en Barcelona (1951, 1954, 1957 e 1979), Bilbao (1967), Oviedo (1987 e 2008) e Alcobendas (2014).
  2. Bélxica non figura nas clasificacións de seleccións recentes ao non ter participado en ningunha competición nos últimos anos.
  3. As estatísticas de World Skate Europe dan tres goles á selección suíza, con todo, o sitio web oficial da competición, e novas nos medios de comunicación como Mundo Deportivo sinalan dous goles para os helvéticos.[84]
  4. As edicións de 2012 e 2014 xogáronse en formato de liguiña, a última final disputada foi en 2016 entre Portugal e Italia, e previamente en 2010 entre España e Portugal.
  5. Austria xogou un partido menos que Bélxica ao estar encadrada no Grupo A, que contou con tan só cinco equipos.
Referencias
Fichas dos partidos
  1. "15-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #03 – Switzerland x Austria" (en inglés). World Skate Europe. 14 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  2. "15-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #05 – Andorra x Portugal" (en inglés). World Skate Europe. 14 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  3. "16-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #07 – France x Andorra" (en inglés). World Skate Europe. 16 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  4. "16-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #10 – Portugal x Switzerland" (en inglés). World Skate Europe. 16 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  5. "17-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #12 – Austria x France" (en inglés). World Skate Europe. 17 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  6. "17-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #13 – Switzerland x Andorra" (en inglés). World Skate Europe. 17 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  7. "18-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #16 – France x Switzerland" (en inglés). World Skate Europe. 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  8. "18-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #20 – Austria x Portugal" (en inglés). World Skate Europe. 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  9. "19-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #22 – Andorra x Austria" (en inglés). World Skate Europe. 19 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  10. "19-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #25 – Portugal x France" (en inglés). World Skate Europe. 20 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  11. "13-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #01 – Spain x England" (en inglés). World Skate Europe. 14 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  12. "15-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #02 – Germany x Netherlands" (en inglés). World Skate Europe. 14 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  13. "15-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #04 – Belgium x Italy" (en inglés). World Skate Europe. 14 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  14. "16-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #06 – Belgium x Germany" (en inglés). World Skate Europe. 16 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  15. "16-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #08 – Italy x England" (en inglés). World Skate Europe. 16 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  16. "16-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #09 – Netherlands x Spain" (en inglés). World Skate Europe. 16 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  17. "17-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #11 – England x Belgium" (en inglés). World Skate Europe. 17 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  18. "17-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #14 – Spain x Germany" (en inglés). World Skate Europe. 17 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  19. "17-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #15 – Netherlands x Italy" (en inglés). World Skate Europe. 17 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  20. "18-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #17 – England x Netherlands" (en inglés). World Skate Europe. 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  21. "18-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #18 – Italy x Germany" (en inglés). World Skate Europe. 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  22. "18-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #19 – Belgium x Spain" (en inglés). World Skate Europe. 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  23. "19-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #21 – Netherlands x Belgium" (en inglés). World Skate Europe. 19 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  24. "19-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #23 – Germany x England" (en inglés). World Skate Europe. 19 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  25. "19-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #24 – Spain x Italy" (en inglés). World Skate Europe. 19 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  26. "20-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #27 – Germany x" (en inglés). World Skate Europe. 20 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  27. "20-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #28 – Andorra x Italy" (en inglés). World Skate Europe. 20 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  28. "20-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #29 – Switzerland x Spain" (en inglés). World Skate Europe. 20 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  29. "20-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #30 – England x Portugal" (en inglés). World Skate Europe. 20 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  30. "21-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #34 – Spain x France" (en inglés). World Skate Europe. 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  31. "21-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #35 – Portugal x Italy" (en inglés). World Skate Europe. 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  32. "22-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #39 – Final 3rd-4th places" (en inglés). World Skate Europe. 22 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  33. "22-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #40 – Final 1st/2nd place" (en inglés). World Skate Europe. 22 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  34. "21-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #32 – England x Andorra" (en inglés). World Skate Europe. 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  35. "21-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #33 – Switzerland x Germany" (en inglés). World Skate Europe. 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  36. "22-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #37 – Final 7th-8th place" (en inglés). World Skate Europe. 22 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  37. "22-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #38 – Final 5th-6th place" (en inglés). World Skate Europe. 22 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  38. "20-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #26 – Austria x Belgium" (en inglés). World Skate Europe. 20 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  39. "20-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #31 – Belgium x Netherlands" (en inglés). World Skate Europe. 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  40. "22-07-2018 – PDF – EUROHOCKEY CORUNA 2018 – Match #36 – Netherlands x Austria" (en inglés). World Skate Europe. 22 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
Outras fontes
  1. "España celebrará por novena vez na súa historia un Campionato de Europa Masculino de Hóckey Patíns". Federación Galega de Patinaxe. 4 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  2. "The Riazor opens the doors to the 53rd Male Senior European Championship" (en inglés). World Skate Europe. 14 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  3. "Portugal é Campeão da Europa" (en portugués). euroazemeis2016.com. 17 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  4. Fernández, Carlos Alberto (22 de xullo de 2018). "España se corona en A Coruña campeona de Europa de hockey sobre patines". La Opinión (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Varela, María (7 de febreiro de 2018). "A Coruña opta al Europeo". La Opinión (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Corunha confirmada para o Europeu". hoqueipt.com (en portugués). 27 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  7. Simões, Bruno Filipe (2 de febreiro de 2018). "Europeu procura (novo) anfitrião". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  8. Varela, María (8 de febreiro de 2018). "La Federación Gallega confirma que el Europeo será en A Coruña". La Opinión (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  9. Simões, Bruno Filipe (5 de febreiro de 2018). "Espanha recebe Euro: resta saber onde". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  10. "La Coruña will host the 2018 Senior Male European Championship" (en inglés). CERS. 27 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  11. "Os bonos e entradas do 53 Campionato de Europa Masculino de Hóckey sobre Patíns xa están á venda en Ataquilla.com". Federación Galega de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  12. "Presentado no Concello da Coruña o 53 Campionato de Europa Masculino de Hóckey Patíns". Federación Galega de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  13. "Presentado el Campeonato de Europa de A Coruña" (en castelán). fep.es. 13 de xuño de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  14. "A Coruña, lista para un Europeo con 11 países". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "Eurohockey: resumen día 1". Federación Galega de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 "Eurohockey: resumen día 9". Federación Galega de Patinaxe. 22 de xullo de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2018. [Ligazón morta]
  17. "Fiesta total en la grada de Riazor". La Opinión (en castelán). 23 de xullo de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  18. "A Coruña, sede del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaje. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 "#okcoruna: Informations, Meetings and Media" (en inglés). World Skate Europe. 11 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  20. "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1970. p. 66. 
  21. "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  22. 22,0 22,1 22,2 "President Communication / Comunicação do Presidente" (PDF) (en portugués). CERS. 2 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  23. "53rd European Championship 2018 with 11 participating teams" (en inglés). CERS. 24 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  24. "The Male Senior European Championship presented in A Coruña" (en inglés). CERS. 16 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  25. "Hockey, 4 versiliesi nella nazionale che disputerà gli Europei". noitv.it (en inglés). 3 de xuño de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  26. "Bélgica regressa, de olhos no Mundial". hoqueipt.com (en portugués). 26 de maio de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  27. "Country teams Ranking at 10.09.2017" (PDF) (en inglés). rinkhockey.net. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  28. 28,0 28,1 28,2 "Größtes Teilnehmerfeld seit 21 Jahren" (en alemán). rollhockey.de. 8 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  29. 29,0 29,1 29,2 "Bundestrainer legt EM-Kader fest" (en alemán). rollhockey.de. 24 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  30. "Herren Nationalteam mit neuem Kapitän" (en alemán). rollhockey.de. 12 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  31. 31,0 31,1 Varela, María (13 de xullo de 2018). "Campeonato de Europa de hockey en A Coruña. Compañía de María, "sparring" para el Europeo". La Opinión (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  32. "Alemanha. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  33. Domingo, David (11 de xullo de 2018). "La selecció d'hoquei patins ultima la participació al Campionat d'Europa de la Corunya". Andorra Difusió (en catalán). Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  34. "Andorra. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  35. "Áustria. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  36. Rivas, Alberto (19 de xullo de 2018). "El 'abuelo' del Europeo: ¡Berthels, compite a sus 52 años!". Marca (en castelán). Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  37. Rivas, Alberto (18 de xullo de 2018). "España ante el hockey del siglo pasado". Marca (en castelán). Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  38. 38,0 38,1 "Bélgica. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  39. "Bélgica regressa, de olhos no Mundial" (en portugués). hoqueipt.pt. 26 de maio de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  40. "Alejandro Domínguez comunica los preseleccionados para el Campeonato de Europa" (en castelán). fep.es. 28 de maio de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  41. 41,0 41,1 "España empata en el homenaje a Enrique García-Raposo" (en castelán). fep.es. 1 de xullo de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  42. "Alejandro Domínguez anuncia la lista de convocados para el Campeonato de Europa" (en castelán). fep.es. 1 de xullo de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  43. "La Selección Española pone punto y final a su preparación para el Campeonato de Europa" (en castelán). fep.es. 10 de xullo de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  44. "Celebrada la presentación de la Selección Española en A Coruña" (en castelán). fep.es. 13 de xullo de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  45. "Espanha. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  46. "Eis os oito franceses do Corunha 2018". zerozero.pt (en portugués). 20 de xuño de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  47. "Francia. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  48. Simões, Bruno Filipe (23 de abril de 2018). "A dois meses e meio do Europeu (!), Inglaterra divulga convocados". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  49. "Inglaterra. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  50. "Itália prepara Europeu com 14 jogadores". zerozero.pt (en portugués). 23 de maio de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  51. "AZZURRI, C'È IL CALENDARIO DELL'EUROPEO DE LA CORUÑA" (en italiano). FISR.it. 2 de xuño de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  52. 52,0 52,1 "Itália. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  53. "L'ITALIA PARTE PER GLI EUROPEI DE LA CORUÑA, DOMENICA L'ESORDIO CONTRO IL BELGIO" (en italiano). FISR.it. 12 de xullo de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  54. "Italia, en Compañía de María y Alemania, en Elviña". La Opinión (en castelán). 14 de xullo de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  55. "Trainingsweekend selectie Nederland in Palafrugell" (en neerlandés). rolhockey.com. 1 de xullo de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  56. "EK selectie Nederland" (en neerlandés). rolhockey.com. 1 de xullo de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  57. "Zorgen in Nederlandse kamp" (en neerlandés). rolhockey.com. 14 de xullo de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  58. "Holanda. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  59. "Começaram os trabalhos rumo ao Euro". plurisports.com (en portugués). 20 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  60. "Convocatória para o Campeonato da Europa". plurisports.com (en portugués). 4 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  61. "Os 10 para defender o título, com Querido e Xavi de prevenção". hoqueipt.com (en portugués). 22 de xuño de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  62. "Portugal. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  63. "Já são conhecidos os 10 suíços que vão estar na Corunha". zerozero.pt (en portugués). 23 de maio de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  64. "Suíça. Hóquei." (en portugués). zerozero.pt. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  65. "Roster of Switzerland for EuroHockey Coruna 2018" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018. 
  66. "España abrirá el Campeonato de Europa de A Coruña ante Inglaterra". La Opinión (en castelán). 4 de xuño de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  67. "Portugal inicia con contundencia la defensa del título". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  68. 68,0 68,1 "España, sin freno y Francia debuta con goleada". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  69. 69,0 69,1 "España supera a una digna Alemania y Francia sigue la estela de Portugal". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  70. "España y Portugal exhiben pegada". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  71. "España y Portugal avanzarán por los lados opuestos del cuadro". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  72. "España no se apiada de Inglaterra (10-1) en su debut". Mundo Deportivo (en castelán). 14 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  73. "Italia aplasta a Bélgica y arrebata el liderato del Grupo B a España". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  74. "2-14: España supera a Holanda con lucidez". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  75. "7-1: España pasa con nota su primer test serio en el Europeo". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  76. "Pulso entre España e Italia; Francia aprovecha el descanso de Portugal". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  77. "España se jugará el liderato con Italia, Francia con Portugal". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  78. "0-22: España golea pensando en Italia". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  79. "España retiene el liderato y se medirá a Suiza en cuartos". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  80. "2-0: España ata a Italia y pasa como primera a cuartos frente a Suiza". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  81. 81,0 81,1 "España y Francia se encontrarán en semifinales". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xullo de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  82. 82,0 82,1 82,2 82,3 82,4 "Eurohockey: resumen día 7". Federación Galega de Patinaxe. 20 de xullo de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2018. [Ligazón morta]
  83. 83,0 83,1 "La Eurocopa de hockey tendrá las semifinales previstas". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xullo de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  84. "2-10: España-Francia, semifinal del Europeo de A Coruña". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  85. 85,0 85,1 "España y Portugal cumplen el pronóstico y se jugarán el Europeo". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  86. "8-2: Lamas guía a España a la final del Europeo". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  87. 87,0 87,1 87,2 87,3 87,4 "Eurohockey: resumen día 8". Federación Galega de Patinaxe. 21 de xullo de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2018. [Ligazón morta]
  88. "2-5. Italia conquista el bronce ante Francia en la final de consolación". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  89. 89,0 89,1 89,2 89,3 "6-3: España reconquista el oro europeo". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  90. "España recupera el cetro continental de hockey patines". RTVE (en castelán). 22 de xullo de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  91. 91,0 91,1 91,2 Fàbregas, Àngels (22 de xullo de 2018). "¡España, campeona de Europa!". Sport (en castelán). Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  92. "Eduard Lamas: "El marcador no es justo, Portugal es un gran equipo"". La Opinión (en castelán). 23 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  93. Domingo, David (21 de xullo de 2018). "Andorra es jugarà el cinquè lloc a l'Europeu davant Suïssa". Andorra Difusió (en catalán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  94. "Deutsches Team schießt sich den Frust von der Seele" (en alemán). rollhockey.de. 23 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  95. Domingo, David (22 de xullo de 2018). "Andorra acaba sisena a l'Europeu d'hoquei patins després de perdre contra Suïssa (3-5)". Andorra Difusió (en catalán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  96. "EURO MALE SENIOR LA CORUNA 2018 – TOP SCORER" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  97. "EURO HOCKEY 2018. Porteros" (en inglés). eurohockey2018.gal. Consultado o 16 de agosto de 2018. [Ligazón morta]
  98. "EURO MALE SENIOR LA CORUNA 2018 – BLUE AND RED CARD STANDINGS" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  99. "Europeu em horário nobre na RTP1". hoqueipt.com (en portugués). 7 de xullo de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  100. "New official media for the European Rink Hockey" (en inglés). CERS. 10 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  101. "¿Dónde puedo ver el Campeonato de Europa?" (en castelán). Real Federación Española de Patinaje. 12 de xullo de 2018. 
  102. "Três jogos da fase final foram o programa mais visto na RTP1". hoqueipt.com (en portugués). 28 de xullo de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  103. "La misèria dels Europeus" (en catalán). OKCAT.cat. 16 de xullo de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  104. 104,0 104,1 "Fernando Graça: «No Euro 2020 vamos criar duas divisões diferentes»" (en portugués). zerozero.pt. 22 de xullo de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  105. 105,0 105,1 "Serge Berthels: "No me esperaba tanta expectación conmigo"". La Opinión (en castelán). 19 de xullo de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  106. "El 'abuelo' del Europeo: ¡Berthels, compite a sus 52 años!". Marca (en castelán). 19 de xullo de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar