Bartolomeo Camillo Emilio Golgi, nado en Corteno Golgi (Italia) o 7 de xullo de 1843 e finado en Pavia o 21 de xaneiro de 1926, foi un médico e citólogo italiano.

Infotaula de personaCamillo Golgi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1843 Editar o valor em Wikidata
Corteno Golgi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1926 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Pavia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturamonumental cemetery of Pavia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Senador do Reino de Italia
Reitor
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1926) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pavia (pt) Traducir - medicina (1860–1865)
Ugo Foscolo - Pavia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMalaria, medicina, histoloxía, anatomía, patoloxía e ciencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo celular , anatomista , político , biólogo , científico , patólogo , neurólogo , catedrático , médico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Pavia (pt) Traducir (1876–1918)
Universidade de Siena (pt) Traducir (1876–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresCesare Lombroso Editar o valor em Wikidata
AlumnosCasimiro Mondino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLina Aletti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 344dab40-1e10-4dde-9b01-6113172c666c WikiTree: Golgi-1 Find a Grave: 216983158 Editar o valor em Wikidata
O hipocampo do cerebro, por Camillo Golgi.

Traxectoria editar

Fillo dun funcionario do departamento médico, estudou medicina na Universidade de Pavia, onde se graduou en 1865. Traballou algún tempo na clínica psiquiátrica do criminólogo Cesar Lombroso, pero pronto se interesou pola histoloxía. En 1872 comezou a traballar no pavillón de incurábeis dun hospital de Abbiategrasso. Exerceu como profesor de anatomía nas Universidades de Turín e Siena e como catedrático de histoloxía na de Pavia, da que chegou a ser decano da Facultade de Medicina e reitor.

A pesar dos escasos medios con que contaba, logrou importantes resultados cos seus experimentos, entre os que destaca o método da tintura mediante nitrato de prata, que supuxo unha revolución no estudo en laboratorio dos tecidos nerviosos. Empregando este método, identificou unha clase de célula nerviosa dotada dunhas extensións (ou dendritas) mediante as cales se conectan entre si outras células nerviosas. Este descubrimento permitiu a Wilhelm von Waldeyer-Haltz formular a hipótese de que as células nerviosas son as unidades estruturais básicas do sistema nervioso, hipótese que máis tarde demostraría Santiago Ramón y Cajal, quen desenvolveu a teoría neuronal.

En 1876, tralo seu regreso á Universidade de Pavia, continuou o exame das células nerviosas, e obtivo probas da existencia dunha rede irregular de fibriñas, cavidades e gránulos, que na súa honra pasaron a denominarse aparato de Golgi e que desempeña un papel esencial en operacións celulares como a construción da membrana, o almacenamento de lípidos e proteínas ou o transporte de partículas ó longo da membrana plasmática.

Entre 1885 e 1893 dedicou as súas investigacións ó estudo do paludismo, e chegou a resultados tan importantes como a distinción entre o paludismo terciano e cuartano, en canto patoloxías provocadas por dúas especies diferentes dun mesmo protozoo parasito denominado Plasmodium, así como a identificación do acceso febril como orixinado pola liberación por parte do devandito organismo de esporas no fluxo sanguíneo.

En 1906 Golgi recibiu o Premio Nobel de Medicina conxuntamente con Santiago Ramón y Cajal (1852-1934) polos seus estudos sobre a estrutura do sistema nervioso.

Morreu en Pavia, Italia, en xaneiro de 1926.

Véxase tamén editar