Unha cama elástica[1] é unha lona elástica que unida a unha estrutura metálica mediante resortes serve para o entretemento infantil. A diversión dos nenos consiste en saltar e dar viravoltas sobre ela aproveitando o impulso da súa elasticidade. A cama elástica é o aparello máis recoñecido da ximnasia en cama elástica grazas ao seu debut nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

Un mozo saltando nunha cama elástica.
Competición feminina en cama elástica no Quebec, Canadá.

Entre os riscos que implican as camas elásticas atópanse os golpes e as caídas exteriores. Para evitalos, ao seu redor colócase unha malla protectora e tanto os resortes como a estrutura protéxense con colchóns de gomaescuma.

Estes aparellos atópanse nalgúns parques públicos así como noutros recintos de lecer tales como feiras ou parques de atraccións. Con todo, tamén existen modelos de menor tamaño para situalos en xardíns particulares.

Algúns accesorios son:

  • Malla lateral
  • Escada para acceder a el
  • Funda para a súa protección

A cama elástica no circo editar

 
O risco de caídas ao exterior nunha cama elástica redúcese con mallas protectoras.

A cama elástica constitúe tamén un bo instrumento para a arte circense xa que sobre a mesma, os acróbatas poden realizar espectaculares piruetas tales como saltos con xiro, saltos mortais, saltos de extensión etc. Ademais, polas súas características, a cama elástica préstase ben a números de acrobacia cómica nos que os artistas simulan caídas, golpes, enganchadas etc.

Vantaxes de saltar nunha cama elástica[2] editar

 
Cama elástica de tamaño reducido.

Segundo a NASA (National Aeronautics and Space Administration) saltar sobre unha cama elástica é un 68% máis eficaz que correr.

  • Saltando sobre unha cama elástica quéimanse rapidamente calorías e axúdase a manter a liña.
  • Saltar sobre unha cama elástica axuda a reducir a tensión.
  • Saltar sobre unha cama elástica é unha actividade apta e beneficiosa para calquera persoa. Por iso, todo aquel que desexe mellorar a súa condición física, aínda que sufra limitacións físicas ou mentais, pode utilizar a cama elástica.
  • Saltando sobre unha cama elástica mellórase a condición mental e física.
  • Saltando sobre unha cama elástica osixénase mellor o sangue polo que os vasos sanguíneos ensánchanse e mellora a circulación. Ao mellorar a circulación conséguese unha maior sensación de benestar.
  • Ao saltar sobre unha cama elástica respírase máis osíxeno polo que se limpan os pulmóns e a pel.
  • Ao saltar sobre unha cama elástica mellórase a aliñación de cadeiras, coxas e pernas. A flexibilidade mellora, do mesmo xeito que o sentido do equilibrio e o sentido da coordinación.
  • Saltar sobre unha cama elástica reduce ao mínimo a carga sobre cadeiras, xeonllos, nocellos e pés

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cama.
  2. Bhattacharya, A.; McCutcheon, E.P.; Shvartz, E.; Greenleaf, J.E. (1980). "Body acceleration distribution and O2 uptake in humans during running and jumping" (pdf). Journal of Applied Physiology (en inglés) (American Physiological Society) 49 (5): 881–887. ISSN 8750-7587. PMID 7429911. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar