Calvin Murphy

baloncestista estadounidense

Calvin Jerome Murphy, nado o 9 de maio de 1948 en Norwalk, Connecticut, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante os seus trece anos de carreira nos San Diego / Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Actualmente traballa no equipo de televisivo de Root Sports dos Rockets. Cunha altura de 1,75 m, Murphy é o xogador máis baixo en formar parte do Basketball Hall of Fame e en participar nun All-Star.

Calvin Murphy
Posición Base
Dorsal 23
Altura 1,75 m (5 ft 0 in)
Peso oficial 75 kg (165 lb)
Nacemento 9 de maio de 1948 (75 anos)
Connecticut Norwalk, Connecticut
Carreira
Instituto Norwalk (Connecticut)
Universidade Niagara (1967–1970)
NBA Draft 1970 / Rolda: 2 / Elección: 18
Por San Diego Rockets
Tempadas 19701983
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     17 949 (17,9 pp)
Asistencias     4 402 (4,4 pp)
Roubos     1 165 (1,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Traxectoria editar

Universidade editar

Nado en Norwalk, Connecticut, Calvin Murphy estudou na Universidade de Niágara durante tres anos, sendo elixido no primeiro equipo All-America en dúas ocasións e unha no segundo. Anotou 2.548 puntos nos 77 partidos que disputou (33,3 puntos por partido),[1] unha das mellores marcas da historia da NCAA. Curiosamente a súa mellor tempada foi a de novato, na cal fixo unha media de 38,2 puntos por encontro.

Profesional editar

A pesar desas cifras na súa etapa universitaria, e quizais por militar nunha universidade de segunda fila, non foi elixido no Draft da NBA de 1970 até a primeira posición da segunda rolda (posto 18 total), polos San Diego Rockets, equipo que ao ano seguinte se mudaría á cidade texana de Houston. Na súa primeira tempada, tras facer 15,8 puntos e 4 asistencias por partido, foi incluído no mellor quinteto de rookies. Durante as súas trece temporadas como profesional foi acumulando récords do seu momento, como o de mellor porcentaxe de tiros libres da historia da liga cando conseguiu un 95,8% (206 de 215 tiros libres). Tamén foi o máximo anotador histórico dos Rockets, até a chegada de Hakeem Olajuwon. Conseguiu chegar ás Finais da NBA en 1981, perdendo ante os Boston Celtics en 6 partidos. No total da súa traxectoria profesional, fixo unha media de 17,9 puntos e 4,4 asistencias por partido, cun 89,2% en tiros libres. En 1993 foi incluído no Basketball Hall of Fame.

Notas editar

  1. "Calvin Murphy Bio". NBA.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar