O calotipo é un método fotográfico, creado por William Fox Talbot, baseado nun papel sensibilizado con nitrato de prata e ácido gálico que tras ser exposto á luz era posteriormente revelado con ambas substancias químicas e fixado con hiposulfito. Este procedemento resulta ser moi próximo ó da fotografía de hoxe en día, xa que producía unha imaxe en negativo que podía ser posteriormente positivada tantas veces como se desexase. Para iso báñase o papel negativo en cera derretida para que se volva transparente e así tras sometelo a un foco de luz ou por contacto sobre outro papel idéntico se obtén unha imaxe en positivo.

O procedemento foi patentado no ano 1941 en Inglaterra o cal limitou sensiblemente a súa internacionalización, a diferenza doutros procedementos.

É coñecido tamén co nome de Talbotipo.

Véxase tamén editar