Calocedrus

xénero de plantas

Calocedrus

Calocedrus decurrens
San Jacinto Mountains, sur de California
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Cupressoideae
Xénero: Calocedrus
Kurz, 1873
Especies
Véxase o texto

Calocedrus é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende catro especies admitidas actualmente, unha propia de Norteamérica e as outras tres de Asia oriental.

Características editar

As principais características das especies deste xénero son:[1]

  • Son árbores perennifolios de gran porte, coa copa cónica, estreita, ramaxe densa, con numerosas pólas sinuosas coas ramiñas separadas en abano.
  • A follaxe está composta por follas escamentas bastante longas, decorrentes na base, de cor verde, que desprenden un olor resinoso bastante forte cando se fregan.
  • Son especies monoicas.
  • As flores masculinas son duns 3 mm de lonxitude, globulares e douradas, e as femininas, primeiramente, dunha cor verde intensa, que se transforman, despois da fecundación e maduración, en pequenos conos ovoides, estreitos e rematados en punta.
  • As piñas son pardas ao maduraren (despois dun ano, aproximadamente), liberando entón pequenas sementes aladas.
  • Os ramallos son parecidos aos das tuias e os camecíparis, dos que se diferencian polas súas escamas máis alongadas, e de dous a tres veces máis longas ca largas.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1873 polo botánico alemán Wilhelm Sulpiz Kurz nun traballo publicado en J. Bot. 11: 196, t. 133.[2][3]

Etimoloxía editar

O nome científico Calocedrus está formado pola unión dos elementos do latín científico calo- e -cedrus. O primeiro deriva do grego antigo καλός kalós, "fermoso", e o segundo do latín cedrus, tirado do grego antigo κέδρος kédros, "cedro". Literalmente: "cedros fermosos".

Sinónimo editar

  • Librocedrus decurrens Torrey [4] [5]
  • Heyderia K.Koch (homónimo ilexítimo) [6]

Especies editar

Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes catro especies:[2][7]

En Galicia editar

Destas catro especies, en Galicia a única cultivada en parques e xardíns é a C. decurrens, o cedro de California,[4] que, a pesar da súa elegancia, só se encontra no parque de Padrón (tres exemplares moi antigos), no paseo da da Ferradura de Santiago,[4] e no xardín do Pazo de Torrecedeira en Redondela, que figura no catálogo de árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar