Coordenadas: 43°21′50″N 5°51′04″O / 43.363833333333, -5.8510472222222

A Calle Uría é a principal arteria comercial da cidade de Oviedo, en Asturias. Toma o seu nome do político José Francisco Uría y Riego.

Vista da rúa dende a praza da Escandalera.
Edificios da rúa

Historia editar

A rúa foi proxectada coa intención de unir o centro urbano coa estación do Norte. Foi deseñada polo enxeñeiro Salustio González Regueral, cuxo proxecto foi aprobado polo concello o 12 de novembro de 1868. Construíuse en dous tramos, o primeiro terminouse en 1874 entre a estación e o campo de San Francisco e o segundo entre este parque e rúa Rosal terminouse en 1880. Para terminar este último tramo foi necesario derrubar en 1879, e tras unha feroz polémica, o soado Carbayón de Oviedo, situado preto da Escandalera, onde hoxe lémbrao unha placa.

En 1918, concluíndo a primeira guerra mundial, o concello considerou oportuno cambiar o nome da rúa polo de Avenida de Francia para render homenaxe ás potencias gañadoras da guerra. Con todo, todas as forzas da cidade opuxéronse a este cambio e o propio concello rectificou da súa decisión unha semana despois.

En 1957 realizouse un ensanche da vía co que se perderon innumerables edificios que foran construídos nese período.

Percorrido editar

A rúa esténdese desde Fruela ata a Estación do Norte. Ata o cruzamento coa rúa Jovellanos, linda coa praza da Escandalera, polo seu costado dereito. Na parte esquerda, a beirarrúa confúndese co Paseo dos Álamos ata a esquina coa rúa Toreno.

Entre os seus edificios destacan:

  • A Casa Blanca
  • As Casas del Cuit
  • O antigo cine Aramo

Bibliografía editar

  • José Tolivar Faes, Nombres y cosas de las calles de Oviedo. Ayuntamiento de Oviedo (ed.), Oviedo, 1992. Páxinas 636-638.
  • Barón Thaidigsmann, Javier (director) (1996). El arte en Asturias a través de sus obras. Oviedo: Prensa Asturiana. ISBN 84-87730-98-1.