Calle Mayor (filme)

filme de 1956 dirixido por Juan Antonio Bardem

Calle Mayor é un filme español de 1956 dirixido por Juan Antonio Bardem. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 30ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

Calle Mayor
Ficha técnica
Título orixinalCalle Mayor
DirectorJuan Antonio Bardem
ProdutorCesáreo González
GuiónJuan Antonio Bardem
IntérpretesBetsy Blair
José Suárez
MúsicaIsidro B. Maiztegui
Joseph Kosma
FotografíaMichel Kelber
MontaxeMargarita de Ochoa
EstudioSuevia Films
Estrea5 de decembro de 1956
Duración99 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0049043 Filmaffinity: 751438 Allocine: 49098 Allmovie: v149096 TCM: 82432 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Isabel é unha boa e sensible solteirona que vive nunha pequena vila coa súa nai viúva. Aos trinta e cinco anos, está perdendo a esperanza de casar e ter nenos.

Un grupo de aburridos amigos de mediana idade decide facer un xogo con Isabel: Juan, o máis novo e guapo deles, finxirá namorarse dela. Como Isabel está a vivir o cortexo chea de esperanza e ledicia, Juan dáse de conta demasiado tarde da crueldade da situción, mais obrigado polos compañeiros, non se atreve a dicirlle a verdade.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar